Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A reorganización sanitaria nos meses de verán é motivo de rifirrafe político e preocupación entre os profesionais que piden unha cita ao presidente da Xunta pra abordalo.

A falla xa arestora de médicos, failles temer especialmente polas urxencias, que terán que atender aos galegos e galegas pero tamén aos turistas... Os médicos recorren á Valedora do Pobo, e máis aló da nosa terra... trasladan á súa inquedanza á sociedade española dos médicos de urxencias.

Con quen non vai debater o presidente da Xunta é co resto das forzas políticas da nosa comunidade como pedía o BNG cara ás eleccións xeráis do 23 de xullo. Non debate pero sí crítica ao goberno do estado.

Convocdos cinco días de folga no sector das ambulancias. O primeiro o próximo día 6. Os sindicatos denuncian a falta de recursos e o incremento da carga de traballo.

Os socialistas amosan a súa preocupación polo anunciado peche de camas na sanidade pública este verán. O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, sinala que o que fan é axustar a oferta de medios á demanda.

A consellería de infraestructuras sostén que o procedemento de adxudicación das concesións de transporte escolar foi respectuoso coa normativa. Ethel Vázquez referíase hoxe ó fallo do Tribunal Superir que anulou a adxudicación de dous lotes, porque as UTEs adxudicatarias estaban baixo o dominio do grupo Monbús.

A Fundación Galega contra o Narcotráfico considera alarmante situación pola entrada masiva de droga en Galicia. No día internacional contra a Droga pide máis medios e reformas lexislativas dirixidas a mellora-la eficacia na incautación do patrimonio dos narcotraficantes.


O tempo. nubes no norte, pero sen chuvias, e case despexados no resto.

Foi unha demanda recorrente nos últimos catro anos en Compostela e é un dos retos do novo goberno no concello: o servizo de conciliación nos períodos de vacacións escolares. Rematado o curso, está en marcha o programa de verán e as prazas son de novo insuficientes. Os usuarios demandan ademais diversificar o modelo con máis colexios adheridos xa que todo se concentra en dúas escolas, que para algúns están lonxe das súas vivendas

Alerta en Padrón ante o posible peche da escola unitaria de Carcacía ó non cubrir o mínimo de matriculacións

Nova protesta do sector da construción convocada pola CIG en contra do novo convenio provincial

Máis de mil quilos de sardiña incautados en Malpica cadrando coa celebración do San Xoán

Betanzos afronta hoxe unha nova xornada de análise da auga para confirmar que xa non hai norovirus coa previsión de levantar as restricións ó consumo

Francisco Conde evita falar das súas aspiracións se Núñez Feijóo suma unha maioría pra formar goberno...sinala que agora o seu compromiso é traballar de forma directa co candidato do PP. En Radio Nacional si lle pediu o seu rival político, o socialista Besteiro, que aclare se vai continuar no Congreso se resulta elexido.
Sobre as eleccións, Ana Pontón pide un debate ós outros líderes autonómicos pra abordar as propostas para as eleccións xerais. de momento sen resposta positiva á súa demanda.

O tempo. Hoxe seguiremos na influencia das altas presións e con circulación do nordés. As tempeaturas baixan algún grao.
 

Máis de dez mil persoas convocadas hoxe para os exames de oposición para unha praza de Enfermería no SERGAS. Ofértanse máis de 1.500. Unha cita multitudinaria que colapsou os accesos ó recinto feiral de Silleda a primeira hora da mañá e que obrigou a atrasar o comezo das probas.

Estaremos en Silleda, e tamén en Pontevedra e Marín, nas marchas de protesta contra a presenza de ENCE na ría.

Sen esquecer tampouco a precampaña dos partidos galegos de cara ó 23 de xullo, que esta fin de semana se desenvolve xa con plena intensidade. De feito, no tempo da entrevista, hoxe o protagonista é Francisco Conde, cabeza de lista do PP ó Congreso pola provincia de Lugo.

Das estradas, un motorista de 22 anos faleceu esta pasada noite nun accidente en Nigrán

O día de San Xoán déixanos temperaturas abafantes en boa parte de Galicia. Son as horas posteriores a unha noite que volveu ser máxica, e aínda que concentrou centos de incidencias, ningunha tivo carácter grave.

Despois da celebración, moitos serán os que aproveiten a xornada para descansar. Pero non o fan así os líderes e candidatos das principais formacións políticas, inmersos de pleno nunha nova precampaña, agora xa de cara ás eleccións xerais.

Son os principais argumentos informativos nun día no que contra as dúas menos vinte imos coñecer un pouco mellor a un dos grandes das nosas letras, Álvaro Cunqueiro

Reportaxe sobre Álvaro Cunqueiro, sen dúbida un dos grandes autores das nosas letras e creador dun universo fantástico propio.
A súa casa museo, ubicada na praza da catedral de Mondoñedo, recibiu recentemente o Premio Fundación Casas Históricas e Singulares de España.
Alí viviu e escribiu Cunqueiro parte da súa obra, e dende marzo de 2019, xa rehabilitada como museo, recibe a visita de todos aqueles lectores e turistas que buscan a maxia e a memoria do autor de "Merlín e familia".
Hoxe imos mergullarnos no universo de Álvaro Cunqueiro da man da nosa compañeira Cruz Mato, e recuperamos a voz do escritor grazas ó arquivo de RTVE en Galicia.

Milleiros de persoas por toda Galicia comparten plan esta noite: a celebración de San Xoán. Unha festividade con moitas tradicións como alumar cacharelas, cear sardiñas, rituais pra deixar atrás cousas malas e outros... pra que veñan boas.

Un fogos que alumean e outros que se prohíben... a partires de mañá non se poden facer queimas agrícolas ni forestais particulares polas condicións climátolóxicas, a orde sae ao mesmo día que o borrador da reforma dos montes veciñais

Moitos galegos están a estas horas avanzando nos preparativos da Noite de San Xoán, unha das celebracións máis estendidas na comunidade. Unha festa de barrios, aldeas e praias que ten unha protagonista esencial: a sardiña... Hoxe cotízase a entre 8 e 18 euros...

Nas localidades máis populares, coma a coruña, amplos dispositivos de seguridade, e de limpeza, mentres as autoridades fan un chamado a desfrutar da festa deixando a menor pegada posible tras de nós

- O abuso dos contratos temporais por parte da administración galega chega a Europa.

O Superior de Galicia traslada ó Tribunal Europeo o caso dunha traballadora do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade con contratos desde 2008.

- Folga no sector da alimentación da provincia de Pontevedra.

Os piques informativos obrigaron o peche puntual de tendas e supermercados. Os sindicatos consideran insuficiente a suba salarial que propón a patronal.

- O BNG considera que as eleccións xerais son clave para rematar coa discrminación de Galicia.

Reactiva vellas demandas como a transferencia da AP-9, o tren de cercanías ou a condonación da débeda contraída pola construcción do porto exterior da Coruña.

- A Xunta é partidaria de limitar o uso da máscara a espazos con pacientes inmunodeprimidos.

A decisión adoptarase esta tarde no Consello interterritorial de saúde no que están representadas as comunidades autónomas

Conta atrás para a noite máis curta do ano. O San Xoán protagonista hoxe e xa desde primeira hora porque na Coruña moitos xa collen sitio no Orzán e Riazor. A cidade herculina ten un dispositivo especial de reforzo da seguridade. En Santiago, medio milleiro de cacharelas privadas autorizadas. Ferrol terá o epicentro da festa estará en Canido e Esteiro. En Camariñas preparados para a súa 'lumarea', a máis de grande de Galicia.

O letrado de medio cento de vítimas do Alvia ve clara a culpabilidade do ex xefe de Adif, Andrés Cortabitarte, en contra do criterio da fiscalía

A alcaldesa de Santiago convocará o consello municipal de mulleres despois do verán para facer políticas e orzamentos con perspectiva de xénero

Acordo no Obradoiro: Moncho Fernández renova dúas tempadas máis como adestrador do equipo santiagués.

Este mediodía, a partir das 12 e media, a Xunta levará a cabo o simulacro de inundación da presa de Cecebre, que suporá a activación de sirenas na zona.