Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Na Coruña acaba de comezar... en prácticamente o resto das grandes cidades galegas, asociacións LGTBI sairán a partires das oito ás rúas. É o seu día, o día do Orgullo de ser e sentir como fan, o día que reivindican a súa liberdade como persoas. E piden o apio de todos e todas.

Nunca a xustiza galega tivera tal atranco... uns 400 mil galegos e galegas están pendentes dun procedemento. Hoxe falaron procuradores e abogados, pra expor a situación e pra propoñer medidas que xa tiveron éxito, por exemplo, en Portugal. Logo o vemos.

A falta de persoal, de salas, e as folgas de distintos sectores nos íltimos tempos levaron ó atranco xudicial a medrar un 31% en Galicia nos últimos seis anos. Na actualidade son 400 mil os galegos que están pendentes da resolución dalgún procedemento.

Procuradores e abogados propoñen a adopción en España do modelo portugués pra desconxestiona-los xulgados que otorga aos procuradores competencias na tramitación. Un colapso que levou hoxe ós avogados a concentrarse ante ante os principais xulgados pra reclamar solucións urxentes ante a parílse da xustiza.

Nova xornada de folga no sector do metal na provincia de Pontevedra sen que, de momento, haxa prevista ningunha reunión entre patronal e sindicatos. E máis, o que hai son críticas mutuas pola fala de avances.
No Parlamento, continúa o pleno, coa sesión de control. Na primeira xornada quedou aprboada, só cos votos do PP, a lei do xogo que aumenta a distacia entre os locais de apostas e os colexios.
E, Viveiro comeza a recibir os asistentes ó Resurretion Fest que xa se situou entre os principais festivais de rock.

O tempo. O longo da xornada irase debilitando a influencia anticiclónica. As temperaturas aínda se van manter en valores semellantes ós de onte.
 

Aprobada a reforma da lei do xogo cos únicos votos do Partido Popular. A oposición considera que se perdeu unha gran oportunidade pra limitar o acceso dos menores ás máquinas de xogo.

Manuel Baltar non descarta presentar de novo a súa candidatura á presidencia do PP de Ourense. Non ocultou o seu malestar con Alfonso Rueda e aclarou que debe ser el quen anuncie se aspira ou non á reelección.

O goberno marcase coma obxectivo protexer o 30 por cento da superficie mariña de España no 2030. O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, sinalou en Vigo que o crecemento económico ten que respetar a sostibilidade ambiental.

Protesta ante os ambulatorios pra esixir a retira do plan de Sanidade pra organizar as citas ós pacientes. Persoal e usuarios denuncian que ralentiza o traballo dos profesionais e atenta contra a privacidade dos pacientes.


O tempo segue seco e solleiro. Hoxe con temperaturas algo máis altas.

Novas queixas pola falta de médicos en urxencias. O sindicato Omega pide unha reunión co presidente da Xunta pra abordar estas carencias. Mentres, Sanidade rexita as críticas polo peche de camas no verán: asegura que os medios se axustan ó descenso da demanda.
Por certo, Galicia será a referencia que tome o Ministerio de Sanidade pra implantar en toda España a xenómica como especialidade médica. Podería ser unha realidade en 2025.
E, aínda relacionado coa sanidade: os traballadores das ambulancias convocan para xullo seis xornadas de folga. Critica o exceso de carga de traballo.

As estradas deixannos un accidente mortal en Ordes. O conductor dunha furgoneta faleceu onte á tarde tras unha saída de vía.

O tempo. Seguimos baixo a influencia das altas presións. Hoxe as temperaturas van subir algo.