Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Goberno reconstruirá ó mesmo tempo os viaductos, nas dúas direccións, en Peddrafita. Así conta reducir o prazo para a execución e os transportistas agardan que só teñan que desviarse un inverno máis pola nacional sexta. O ministerio de transportes asegura que ata agora non contou cos informes favorables.
Na provincia de Pontevedra, tra-la folga de onte dos traballadores do metal, con incidentes entorno ó recinto feiral, hoxe os que paran son os do sector da alimentación. En Lugo, a folga foi desconvocada.
As estradas deixannos un accidente mortal. Un motorista faleceu no concello pontevedrés de Crecente.

O tempo. Hoxe continuaremos na influencia das altas presións. As temperaturas ascenderán e na metade sur xa rebasarán os 30 graos.

O goberno muda de criterio e declarará a vía de emerxencia para reconstruir o viaducto do Castro, na A6, nos dous sentidos. Ata o de agora estábase a facer nun so porque o Ministerio de Facenda argumentaba que non era posible declarar a emerxencia para as pontes nos dous sentidos.

Tamén hoxe escoitamos xa as respostas de avogados das vítimas do Alvia á solicitude de desimputación do ex director de seguridade de Adif.

Coñecían os riscos e as posibles consecuencias. Así defendía hoxe o letrado que defende a medio cento de víctimas do accidente do Alvia a súa acusación ós dos imputados polo sinistro. E adicou boa parte da súa itnervención a desmonta-los argumentos do fiscal pra retira-la acusación ó ex director de seguridade de ADIF. Lembra que foi quen asinou o informe de segriadde sen avaliación de riscos, e quen retirou o sistema ERTMS que podería ter evitado o sinistro

- Cambio de estratexia na reconstrucción dos viaductos da A-6 en Pedrafita.

O Gobero decide que se executen as obras nas dúas direccións ó mesmo tempo tal e como recomenda un informe técnico do Ministerio de Transportes.

- En Vigo, varios milleiros de traballadores do metal bloquearon os accesos ós recinto feiral.

Mobilización, cadrando coa terceira xornada de folga no sector ante a falta de acordo no convenio, que provocou problemas de tráfico no enterno do aeroporto.

- En Ourense, ningún dos candidatos que PP e PSOE presentaron á alcaldía da capital van figurar como portavoces municipais.

Hoxe Manuel Cabezas e Francisco Rodríguez non asistiron ó pleno da corporación. pero ambos partidos negan que vaian dimitir.

- En Celanova, entregados ás familias os restos de Abelardo Suárez e Marcelino Fernández.

Foron fusilados en 1939 no mosteiro de Celanova, que era utilizado como prisión

O fiscal do xuizo do accidente do Alvia defendeu hoxe a sua decisión de acusar únicamente ó maquinista do tren do sinistro que causou a mrote de 80 persoas. Di que o que se xulga é o que pasou aquela xornada, e que Francisco José Garzón desatendeu as súas obrigas durante a condución do convoio. Unha imprudencia grave nunha liña na que o ministerio público non ve neglixencia no deseño ou construcción. As outras partes sí manteñen esa acusación a Andrés COrtabitarte.

No xuizo do Alvia, de momento só o fiscal exculpa ó exdirector de seguridade de Adif e centra a causa do descarrilamento na conversa que mantiveron o maquinista e o interventor. Os avogados das asociacións de víctimas cuestionan a mudanza de criterio da fiscalía e culpan tanto ó maquinista como ó alto cargo de Adif.
Este xoves, nova xornada de folga no sector do metal da provincia de Pontevedra, hai previstas manifestacións en Vigo, Pontevedra e Vilagarcía, e os sindicatos xa convocaron outros tres días de folga ante a falta de acordo sobre o convenio coa patronal.
O tempo: Desde hoxe quedamos baixo influencia anticiclónica e van inr subindo as temperaturas.

Tensión na recta final do xuizo do alvia. Logo de escoitar a exposición oral do fiscal as familias acúsano de burócrata que segue ordes do estado ao esculpar o ex director de seguridade.

E cara o verán comezan os preparativos de dispositivos especiais, coma os de loita conta os incendios e os de salvagarda nas zonas de baño... a federación de socorristas, di que non haberá persoal pra cubrir tódalas praias.

El fiscal del juicio por el accidente del Alvia que causó la muerte de 80 personas y dejó heridas a otras 45, ha explicado ante el tribunal por qué ha decidido retirar la acusación contra el ex director de seguridad de Adif, Andrés Cortabitarte, en sus conclusiones provisionales. Según ha afirmado, la colocación de una baliza de frenado de seguridad es independiente al comportamiento concreto del maquinista, que es la causa directa del siniestro. La Fiscalía pedía cuatro años de cárcel tanto para Cortabitarte como para el maquinista, Francisco Garzón, para el que mantiene la acusación.  

Foto: La magistrada, Elena Fernández Currás, los abogados y fiscal en una sesión del juicio del Alvia. EFE/Xoán Rey.

Indignación da plataforma de vítimas do Alvia tras a decisión do fiscal de retirar a acusación contra o ex director de seguridade do Adif, Andrés Cortabitarte. As familias cren que hai inxerencias na decisión da fiscalía, que hai intereses estatais detrás que confrontan co relato escoitado no xuízo. Hoxe escoitaremos os argumentos do fiscal.

1. Sanitarios de Xinecoloxía do CHUS vense obrigados a atender doentes de especialidades distintas ás súas sen ter a debida formación

2. O ex concelleiro de Mobilidade Gonzalo Muíños é o novo voceiro do grupo socialista de Santiago

3. As inmobiliarias advirten do aumento de estafas no alugueiro de pisos a estudantes

4. O dianteiro Alberto Quiles deixa o Deportivo tras dúas tempadas como branquiazul

O fiscal mantén agora que o exalto cargo de Adif acusado polo accidente do Alvia non incumpriu ningunha normativa. Retira así os cargos contra Andrés Cortabitarte. Así, agora o único acusado é o maquinista que recibiu onte o apoio dos compañeiros.
As víctimas cren que o fiscal atendeu instruccións superiores. O avogado do maquinista pregúntase se o fiscal asistiu a outro xuizo. Manuel Prieto pediu a absolución do seu cliente.


E, nas estradas, lamentar a morte dunha muller en Vigo. Foi atropelada por un bus urbano do que acababa de baixarse. Ocorriu na parada situada diante do cemiterio da parroquia de Valadares

Moi boa tarde de martes, unha xornada na que sorprendeu a decisión do fiscal do caso Alvia, quen exculpa ao ex director de seguridade de ADIF e deixa como único responsable do tráxico accidente con 80 mortos e 144 feridos ao maquinista. Decisión que provocou a indignación das vítimas. Logo lles damos detalles.

Industria, limpeza, servizos sociais e moda... traballadores e traballadores protagonizaron hoxe diversas protestas por toda Galicia para pedir melloras salariais e de condicións de traballo. En Vigo, houbo cargas policiais.