Este luns está marcado no calendario das familias galegas....Toca madrugar a milleiros de estudantes: comeza o curso nas distintas etapas educativas... desde infantil á universidade. A raíña Letizia prticipará na apertura da actividade nun colexio de Oroso.
Este domingo deixanos dous accidentes mortais en Cambre e Silleda e Baiona está controlado o incendio que calcinou boa parte das instalacións da empresa Viveiros de Sabarís. Non houbo danos persoais.
O tempo.
Mantense a inestabilidade aínda que a semana comeza en baixo influencia feble das altas presións .
Bo día no que temos que falar dun problema no que Galicia está a cabeza... o suicidio. Temos as peores taxas, por enriba da media nas catro provincias con Lugo á cabeza.
Dende Ourense é noticia a acusación do alcalde Gonzalo Pérez Jácome contra o editor do periódico La Región. Di que lle deu un puñetazo.
Son algunhas das novas na xornada previa ao comezo de curso escolar no ensino obligatorio
Abrimos tempo para a entrevista...hoxe o noso convidado é o novo portavoz do grupo parlamentario popular, Alberto Pazos
Impactante o mapa de MeteoGalicia cos rexistros dos lóstregos caídos nas treboadas da tarde e noite pasadas. Case seis mil. Un deles caeu no faro da Torre de Hércules, o máis antigo en funcionamento. Apagouno media hora pero o episodio quedou niso. E hai pouco máis dunha hora que volvemos estar en alerta por estes fenómenos
Entrevista coa Actriz e escritora Paula Carballeira.
Realizada por Andrea Oca.
Recollemos hoxe as reaccións á posibilidade de converter baixos comerciais en vivendas. Unha reforma aprobada pola Xunta e que de momento conta co visto bo de arquitectos e inmobiliarias.
Polo demais, fin de semana previa ó inicio do curso escolar. Hoxe inaugurouse xa o ano universitario
Primeiras reaccións ó anuncio da xunta de modificar as normas de habitabilidade co fin de que miles de baixos baleiros pasen a ser vivendas. As sensacións son boas aínda que desde o sector inmobiliario cren que debería haber máis garantías para que os baixos se destinen a aluguer, que é o que escasea. E evitar así que pasan a usarse como segundas vivendas ou como residencias temporais para turistas especialmente en grandes cidades.
Tampouco o ven mal os comerciantes. Pensan que é unha boa solución para as rúas menos transitadas, as que acumulan máis baixos sen actividade. Eles prefiren traballar nas zonas céntricas
- Enfrontamento entre socialistas e PP na Deputación de Pontevedra.
O actual Goberno acusa de despilfarro ó anterior executivo de coalición; o PSOE sinala que o actual presidente convertiu a institución nunha sucursal da Xunta.
- Barbadás e Ourense únense pra demandar á Xunta un transporte metropolitano.
Nos próximos días os rexedores solicitaran unha reuniion de traballo co goberno autonómico á que convidaran a asistir todos os alcaldes da comarca
- Comisións Obreiras tamén se sumará ás mobilizacións no ensino se a conselleira non negocia a reducción da xornada pra o profesorado.
A tres días do comezo do curso este sindicto critica que se eliminen 54 unidades e 72 postos de traballo nas etapas de infantil e primaria.
- En Vigo, acto de apertura do curso universitario.
O reitor Manuel Reigosa reivindicou a rendabilidade do investimento que se realiza na universidade... dixo que non hai que ve-lo como un gasto
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anula o contrato de Cespa, a concesionaria de recollida de refugallos da Coruña na que se tería xestado a suposta trama corrupta do sindicato de limpeza STL.
Sobre a posible aplicación dunha taxa turística en Santiago, o presidente da Xunta lembra que o sector turístico pide máis información e que a lei que regularía esta taxa non afectaría unicamente á capital de Galicia.
Na Coruña, xa é obrigatorio limpar con auga os ouriños dos cans na vía pública. a ordenanza quedou aprobada onte no primeiro pleno da cidade.
Preocupación en Valdoviño polo aspecto e cheiro do encoro de As Forcadas que abastece á comarca de Ferrolterra. os veciños da zona queixanse de que non poden facer uso do encoro pra actividades de ocio, xa que non é apto pro baño ou pra pesca.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
A Xunta actualiza o calendario ve vacinas para os bebes e empezará a administrar a primeira dose contra o rotavirus. Acordo adoptado no consello semanal que tamén aprobou o decreto coas normas que permiten transformar os baixos comerciais en vivendas.
Primeiro foi o sindicato Anpe, agora é a CIG a que da un ultimatum a Educación pra evitar unha folga do profesorado: insta a consellría a que presente este mes unha proposta de redución de horario. Por certo, o luns, a raiña Letizia participará na inauguración do curso escolar nun colexio de Sigüeiro.
O tempo.
Hoxe con risco de treboadas pola tarde en gran parte de Galicia.
Varios asuntos de calado hoxe no Consello da Xunta. O goberno galego aprobou o decreto que flexibiliza as condicións para converter baixos comerciais en vivendas. Ademais,
remitirá á Cámara a nova lei de Calidade Alimentaria. E un anuncio: Galicia empezará o 1 de outubro a vacinar a poboación infantil fronte ó rotavirus. Seremos tamén a primeira comunidade en administrar unha vacina tetra-valente contra o meningo-coco para todos os nacidos a partir do un de xuño deste 2023.
O cerco pide que o ministerio de pesca poña a súa disposición canto antes mais cota de sardiña.
Esta especie foi incluída este ano nos mecanismos de optimización. Ata agora o sector ten que facer un desembolso económico pra poder seguir pescando.
O BNG pidelle a Feijóo que aclare ó Parlamento de Galicia o seu relevante incremento patrimonial.
Calculao en 850 mil euros en dous anos e pide que se reúna a comisión do deputado.
En Vigo, Partido POpular e BNG uníronse pra forzar a celebración dun pleno extraordinario
Queren que o goberno local explique as irregularidades no patrocinio fallido do concerto que Guns and Roses ofreceu en Balaídos o 12 de xuño.
A CIG convocará folga entre o profesorado se a Xunta non presenta este mes unha proposta de redución de horarios.
Galicia é a única comunidade na que o profesora non recuperou os horarios previos á crise do 2008, cando se lles aumentou a carga lectiva.
O tempo. As nubes de evolución que se van ir formando pode descargar algunha treobada. As temperaturas seguen altas.