Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O BNG valora positivamente que Íñigo Urkullu poña sobre a mesa o debate sobre a cuestión nacional

Considera moi necesario avanzar no autogoberno en Galicia, especialmente tras anos sen que se transfiran sequera as competencias previstas no estatuto.

Manuel Cabezas fai efectiva a súa renuncia á acta de concelleiro en Ourense

O que fora candidato á alcaldía do PP abandona o consistorio, molesto polo apoio do seu partido a Gonzalo Pérez Jácome

A unidade especializada en violencia de sxénero da comisaría de Vigo está saturada

Pasaron este ano de 21 a 11 axentes, que deben atender ata cinco casos ó día de violencia machista, agersións sexuais ou menores

3 artesás galegas participan dende hoxe na bienal de artesanía de Corea do SUl

Son Mercedes Vicente, Marta Armada e Idoia Cuesta, que será a imaxe da delegación española na mostra, como país invitado.

A poucos días do comezo do curso escolar, os alumnos de Segundo de Bacharelato poden respirar algo máis tranquilos. Nun ano especialmente difícil xa saben polo menos que a ABAU de 2024 será moi similar á de anos anteriores. En Galicia estaban nesta situación 12 mil estudantes.

Hoxe tamén falamos da dimisión como concelleiro do candidato do PP en Ourense. Manuel Cabezas deixa a corporación tras desmarcarse do pacto do seu partido con Jácome.

Ademais, Augas de Galicia abre expediente sancionador á xestora da mina de San Finx, na localidade coruñesa de Lousame.

E repasamos os acordos do Consello da Xunta. Entre outras cousas, redúcese o prazo mínimo para un enterramento. Pasará de 24 a 12 horas.
 

A nova ABAU non se implantará este curso. O goberno informou hoxe ás comunidades desta decisión, que coincide coas posturas expresadas previamente polo goberno galego. Consideraba que era demasiado tarde pra muda-las programacións e preparacións do alumnado. Nesta ocasión tamén o ven do mesmo xeito os sindicatos,. Chegados a este punto é mellor que non se implante, din dende a CIG; que iso sí, lamenta que os novos exames non se puxeran en marcha hai meses.

O baixo nivel de precipitacións dos últimos meses obriga ós concellos máis afectados a estudar alternativas pra garanti-lo suministro. Así o está a facer xa o concello da Coruña, que se abastece do encoro en peor situación da conca Galicia Costa, o de Cecebre.
Na confederacion Miño-Sil, en cambio, de momento, só vixilancia.

É un dos argumentos informativos deste último día de agosto, no que tamén falamos do aborto e do recurso que presentará Comisións Obreiras ante a Valedora do Pobo pola decisión da Xunta de derivar máis casos a clínicas privadas.

O baixo nivel de precipitacións dos últimos meses obriga ós concellos máis afectados a estudar alternativas pra garanti-lo suministro. Así o está a facer xa o concello da Coruña, que se abastece do encoro en peor situación da conca Galicia Costa, o de Cecebre. Prepáranse pra tomar auga do lago artificial da antiga mina de Meirama se a situación fose extrema, pero non agardan ter que aplicalo

Na confederacion Miño-Sil, por outra banda, só vixilancia, porque ainda que os encoros están por baixo da media histórica aínda non se dan as condicións pra declarar prealertas.

Os concellos dan a voz de alarma. Aseguran que están afogados economicamente e piden máis apoio da Xunta, sobre todo para garantir a viabilidade do servizo de axuda no fogar e as escolas infantís. O goberno galego non pensa, polo momento, nun incremento das subvencións.

Polo demais, primeira moción de censura neste mandato nun concello galego. Foi no Irixo, na provincia de Ourense, e acabou con máis de tres décadas de goberno do Partido Popular.
 

Os centros educativos galegos terán uns 2 mil alumnos menos este curso

A consellería sostén que iso permite baixa-las ratios mantendo o número de profesores, pero os sindicatos aseguran que seguen os mesmos alumnos por aula porque cada vez hai menos ensinantes

O PSOE de Lugo denuncia que hai 33 mil persoas de 14 concellos en risco de desatención médica

Reclaman mecanismos pra cubri-las xubilacións dos médicos do Sergas de atención primaria

As mariscadoras da contorna de Sanxenxo recibirán atención específica ós problemas de solo pelviano

Vense agravados pola súa actividade laboral. Unha matrona promove un programa específico pra axudalas a previlos e resolvelos

O Irixo culmina con éxito a primeira moción de censura dende o 28M

A independente Susana Iglesias asume a alcaldía da vila que alternará co candidato do PSOE. Derroca ó rexedor do PP, partido que levaba na alcaldía máis de 30 anos

No tempo, xornada de ceos nubrados e chuvias ocasionais