A campaña de vacinación conxunta fronte a covid e a gripe comezará o 25 de setembro e rematará o 31 de decembro. A poboación diana son os maiores de 60 anos, colectivos de isco e persoal sanitario. Empezará nas residencias de maiores.
O xuíz Vázquez Taín recorrerá a sanción que lle impuxo o Consello Xeral do Poder Xudicial. O organo de goberno suspendeo na súa actividade profesional durante 10 días por compatibilizar, sen autorización, a súa actividade como maxistrado coa xestión dunha productora audiovisual.
O Concello de Pontevedra recorre en amparo ante o Constitucional contra as resolucións do Supremo que avalan a permanencia de ENCE en Lourizán. O alcalde xa adiantou que se non se admite a trámite, recorrerán ó Tribunal de Xustiza europeo.
O tren galego cumpre hoxe 150 anos. Aquel primeiro trazado unía dous concellos que agora non existen, Conxe, hoxe intgegrado en Santiago, e Carril, que pertencia a Vilagarcía.
O tempo. regresa a inestabilidade.... con risco de treboadas no interior. Situación que se vai manter tamén na fin de semana.
A concentración convocada polo colectivo 'Xustiza para Unai' esixiu este xove na Coruña que se asuman responsabilidades pola morte deste traballador de Repsol
Apoio unánime do Parlamento a unha proposta do BNG para reclamar a Sanidade que se cubran os déficits de persoal en Oncoloxía Pediátrica do CHUS
O BNG de NOia volveu reclamar á Xunta un estudo rigoroso antes de autorizar a reapertura da explotación na mina de San Finx, en Lousame
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
- Escuchar ahora
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio Nacional y Radio 5
Noticias de Lugo en Rtve
- Noticias de Lugo- Novas de Lugo en Radio 5
Noticias de Lugo en Radio 5 de Rtve
Seguramente Santiago non será hoxe e mañá das mellores cidades para moverse. Delegacións de 60 países participan nunha reunión de ministros de Economía da Unión europa ampliada a latinoamérica e o caribe.
Reunión económica de alto nivel pero non esquecemos os problemas máis concretos. Como os que afectan ós bombeiros dos parques comarcais e que semella que entran en vías de solución... alomenos está encarrilada a negociación.
E saiban que en dez días comeza a vacinación contra a gripe e, de novo, a Covid. Como outros nos Sanidade empezará polas residencias de maiores.
O tempo.
Perdemos a influencia anticiclónica e pola tarde hai aviso amarelo nas provincias de Lugo e Ourense por chuvascos tormentosos.
Saúdos, moi boa tarde. A nova campaña de vacinación da covid e da gripe arrancará en Galicia o luns 25, nas residencias.
Ademáis, o concello de Santiago está a piques de recibir ás autoridades asistentes á reunión do Ecofin...unha cita na que xa non se manifestarán os bombeiros comarcais
A Garda Civil intercepta preto de 20 mil kilos de uva foránea que se pretendía introducir en Valdeorras.
A uva, que quedou inmobilizada, procedía de Medina del Campo.
Os traballadores das empresas auxiliares de ENCE denuncian recortes e despedimentos.
Lamentan que a pasteira non poña en marcha un plan de investimentos ante o precario estado de mantemento da factoría.
Tras tres meses de mobilizacións, Xunta e Deputacións reúnense cos bombeiros dos paques comarcais.
O encontro, que se celebra no Consello Galego de Relacións Laborais, trata e desbloquea-lo conflito que mantén en folga a uns 500 traballadores.
Concentración de veciños de Catoira en Pontevedra para protestar contra á instalación dunha de pirotecnia
Entregaron un milleiro de sinaturas na subdelegación do goberno para que rectifique tras dar luz ver ao proxecto.
O tempo, ceo limpo, aínda que pola tarde medrarán nubes de evolución, e temperturas en ascenso.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Hoxe comeza na Coruña o xuízo pola morte dun traballador da refinaría en marzo de 2022. Este xoves comparecen representantes de Repsol.
Tamén esta mañá protesta das organizacións veciñais de Compostela pola vía pra bicis e peóns entre O Milladoiro e San Caetano. Aseguran que destrúe patrimonio do bosque do Banquete de Conxo e das Brañas de Sar.
A cooperativa Lenda Educativa concreta coa Xunta a posta en marcha dun centro de Educación Especial na Costa da Morte, tralo peche de ASPABER.
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira e Carlos Cerecedo.
Non hai un censo aproximado de xabaríns...pero polo incremento de avisos por danos na agricultura ou accidentes de tráfico, é evidente que o número é moi alto. Por iso, a Xunta declara a emerxencia cinexética na maior parte do territorio... Inclúe ás sete grandes cidades. A excepcionaliade entra en vigor xa este sábado.
En relación cos últimos alixos de droga: hoxe prestarán declaración os detidos... os tripulantes do pesqueiro apresado fronte á costa galega farano por vía telemática porque o caso lévao a Audiencia Nacional.
E, unha xuiza de Santiago arquiva unha nova peza da Pokemon e faino tamén con críticas á instrucción da maxistrada Pilar de Lara que foi a que abriu a investigacion.
O tempo.
Mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia, con ventos do nordés... van subir as temperaturas máximas... a cambio as mínimas algo máis baixas.
A xunta decreta a partir deste sábado emerxencia Cinexética pola presenza continuada de xabarils nas urbes da nosa comunidade. Unha medida excepcional que permitirá fexibilizar os requisitos pra caza do animal xa que se podera capturar pezas sen límite dambos sexos . A finalidade é controlar a poboación.