Demite o Valedor do Pobo,Beningno López,tralas súas polémicas declaracións sobre a lei de Dependencia e sobre os axustes do goberno. Varios deputados da oposición crean o espazo parlamentario en defensa dos animais. Pilar Rojo inaugura na biblioteca da cámara a exposición "A arquitectura do Parlamento. De facultade de Veterinaria a sede da cámara lexislativa"
Hoxe é o día internacional dos museos e os de Galicia súmanse á celebración cunha xornada festiva e divulgativa. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social, para os máis desfavorecidos, e faina compatible co cobro por traballos menores. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro, que estaban en paro, montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio, sobre todo a persoas maiores e dependentes. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12
Ceos con intervalos nubrados e chuvias dispersas e ocasionais, máis probables durante a mañá no norte e pola tarde no interior, particularmente na provincia de Ourense. Ventos frouxos de compoñente oeste. As temperaturas descenderán lixeiramente. 18/05/12
Día internacional dos museos. // O museo do humor de Fene. // O Goberno galego aumenta a dotación da renda de inserción social. // Tres mulleres da comarca do Ribeiro montan unha cooperativa para ofrecer comida caseira a domicilio. // Fixámonos na faceta de ensaísta de Valentín Paz Andrade. 18/05/12
O presidente da Xunta di que o Consello de Política Fiscal e Financiera avalou as políticas económicas de Galicia,que,segundo Feijóo,serviron de modelo a outras comunidades.Os socialistas advirten de que en Galicia xa houbo recortes e de que continuarán.O BNG entende que Feijóo fracasou ó negárselle un tratamento diferenciado a esta comunidade. O Consello da Xunta aprobou o proxeto de lei de Inclusión Social co que se pretende axudar ás persoas máis castigadas pola crise.O executivo decidiu, ademais, a posta en marcha dunha comisión para estuda-lo mapa municipal de Galicia
Homenaxe institucional a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Milleiros de persoas asisten en Santiago a tradicional manifestación do 17 de maio para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto para cumprir co déficit marcado polo goberno do un e medio por cento. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. É o xoves da Ascensión, que aquí e festivo local. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. Onte ganoulle tres a un en Riazor ao Las Palmas. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn Monroe. 17/05/12
Homenaxe a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas. // Manifestación en Santiago para reivindicar o dereito a vivir coa lingua propia. // A Xunta recortará este ano 26 millóns de euros de gasto. // En Santiago hai hoxe festa por partida dobre. // O Deportivo vai disparado cara Primeira. // O neto dun emigrante galego foi o derradeiro amante de Marilyn. 17/05/12
Ceos moi nubrados nas bisbarras atlánticas, con algunha chuvia débil e ocasional. No resto, intervalos anubrados con momentos de apertura de grandes claros. Vento do Sueste moderado, con intervalos fortes pola tarde na área de Ortegal-Bares. Temperaturas mínimas en moderado ascenso e as máximas entre un moderado e notable descenso, agás no Norte de Lugo, onde ascenderán. 17/05/12
A Real Academia galega rende homenaxe a Valentín Paz Andrade no día das letras galegas. Milleiros de persoas pediron en Santiago que rematen os ataques das institucións contra o galego. A Conselleira de Facendanon dubida de que o plan de axuste da Xunta vai ser aprobado polo Goberno.
Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital intelixente, sostible e centrado na atención ao paciente. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12
Intervalos de nubes de tipo medio e alto, alternando con momentos de sol. Vento de compoñente Leste, moderado con intervalos fortes no extremo Norte e máis frouxos na metade Sur. Temperaturas en ascenso, entre moderado e notable, con sensación térmica de calor en toda a comunidade, agás no Norte de Lugo, onde será máis suave. 16/05/12
Dimite por sorpresa o Valedor do Pobo, Benigno López. // Sorpresa en Moaña pola decisión de Novagalicia Banco de pechar, ata novo aviso, as tres oficinas que ten no centro da vila. // O Presidente da Xunta presenta en Ourense o seu modelo de hospital. // A universidade de Santiago homenaxea a Valentín Paz Andrade. // Cero a tres definitivo no Guadalajara-Celta. // Complétase a restauración ambiental da antiga explotación de lignito das Pontes. 16/05/12
Os clientes de NGB de Moaña non poden facer xestións no seu municipio. As tres oficinas están pechadas polas protestas dos afectados polas participacións preferentes. A pesar do embargo dos bens, Jorge Dorribo, está rehabilitando un muiño en Bergondo. Inaugurado o maior lago artificial de España nas Pontes.
- El Valedor do Pobo, Benigno López, no explica los motivos
- Había gran presión política de la oposición por sus posicionamientos
- Justificaba los recortes y dudaba de la viabilidad de la ley de dependencia
A Xunta convoca a concellos, institucións e empresas para que se comprometan a tomar medidas que promovan hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. O Partido desoe as peticións de dimisión por parte da oposición polas declaracións nas que o Valedor suxeriu a suspensión da lei de dependencia. // En Redondela investigan as causas do accidente dun camión das obras do AVE, no que morreu o condutor, un mozo andaluz de 37 anos. // Un cento de traballadores descargan estes días no porto de Marín boa parte da lura que capturan os barcos galegos no caladoiro das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12
A Xunta chama a tomar medidas para promover hábitos saudables. // Benigno López seguirá sendo Valedor do Pobo. // Accidente dun camión das obras do AVE en Redondela. Morreu o condutor. // Descarga en Marín de lura das Malvinas. // Valentín Paz Andrade, xornalista. 15/05/12
Ceos despexados, agás nas bisbarras cantábricas, onde haberá nubes de estancamento. Ventos do nordés, moderados no litoral e máis frouxos no interior tendendo en xeral a aumentar de intensidade pola tarde. As temperaturas sufrirán un novo descenso, entre lixeiro e moderado. 15/05/12
O alcalde de Vigo e a voceira do PSdGa en A Coruña sairon na defensa dos tres aeroportos galegos logo de que a ministra de Fomento supeditase ós beneficios a súa continuidade. O candidato do BNG á Xunta quere coñece-la opinión das direccións locais do PP. Os sindicatos piden o pronunciamento do Tribunal Superior Galego sobre os recurtes impostos ós empregados públicos.Dous sindicalistas vigueses enfróntanse a catro anos de prisión polos incidentes na folga do metal do 2009.A filla de Jorge Dorribo declara en Lugo que non viu irregularidades nos negocios de seu pai. Preséntase o libro "Valentín Paz Andrade,xornalista para un país", centrado na faceta xornalística do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas
Xunta, Ministerio de Fomento e varias ducias de concellos galegos comprométense a investir 44 millóns de euros en rehabilitación de vivendas e espazos públicos. // Ser muller, sufrir unha discapacidade e vivir no rural pode ser motivo dunha tripla discriminación á que están expostas milleiros de persoas en Galicia. // Tamén en Galicia, milleiros de persoas celebran na rúa o primeiro aniversario do movemento 15-M, aquí sen incidentes. // 72 adegas das cinco denominacións de orixe de Galicia abren as súas instalacións ao público e ofrecen degustacións gratuítas de viño. // O Celta regresa aos postos de ascenso directo. O Deportivo goleou con facilidade ao Numancia. (14/05/12)
Intervalos de nubes durante a mañá, con néboas no interior e brumas costeiras nas Rías Baixas. Pola tarde predominarán os ceos pouco anubrados ou despexados. Temperaturas en lixeiro descenso. Ventos moderados do noroeste no litoral norte e frouxos no resto. Brisas nas Rías Baixas. (14/05/12)