Ceos anubrados con chuvias dispersas, pouco probables pola tarde. Pola noite, precipitacións que entrarán polo Oeste e o Sueste de Galicia. Vento do Sur e Sueste frouxo, con intervalos de moderado no litoral. Temperaturas sen cambios significativos. 17/12/12
O Colexio de Procuradores de Galicia alerta da complexidade que terá paga-las taxas xudiciais que hoxe entran en vigor. En Ferrol, aluvión de demandas polo amianto para evitar a suba das taxas. Esta tarde comisión executiva do PSdeG-PSOE.
Falamos con José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. Abordamos a proposta da FEGAMP para limitar os soldos dos alcaldes, a fusión dos concellos, a situación dos paradores e o naval, entre outros moitos temas.
A débeda pública segue medrando. A galega é de 7.622 millóns de euros, o 13.3% do Produto interior bruto autonómico. Pese a que aumenta, faino menos ca o conxunto das comunidades. Un dato que dixo o presidente da Xunta respalda a súa política de control do gasto. // Cúmprense 20 anos da plantación no Monte Castrove de Poio de 500 sequoias para conmemorar daquela o 500 aniversario do descubrimento de América. Foi un día de moita choiva, coma o de hoxe, o que axudou a que as plantas enraizasen. Vai camiño de se converter no bosque destas arbores xigantes máis extenso fóra dos Estados Unidos. // Comeza o Concurso de Saltos Internacional cinco estrelas de Casas Novas, unha das citas hípicas máis importantes do noso país, que chega á súa vixésima quinta edición. No recinto de Arteixo competirán ata o domingo case 170 cabalos e xinetes e amazonas da elite mundial da hípica. (14/12/12)
Pasou o peor. O temporal das últimas deixou en Galicia unhas duascentas incidencias menores. // O presidente da Xunta asegura que Galicia é a comunidade autónoma na que menos medrou a débeda durante o último ano. // Pensionistas das catro provincias concentráronse esta mañá diante das sedes da Seguridade Social para protestar contra a non actualización das pensións. // Hoxe cúmprense 20 anos da plantación no Monte Castrove de Poio de 500 sequoias para conmemorar entón o 500 aniversario do descubrimento de América. // Arranca esta tarde o Concurso de Saltos Internacional cinco estrelas de Casas Novas, unha das citas hípicas máis importantes do noso país. // 70 nacementos que representan a tradición católica de África e Latinoamérica pódese visitar este Nadal no Bispado de Ourense. (14/12/12)
Chuvias xeneralizadas e de forte intensidade durante a madrugada e primeiras horas da mañá. A medida que avance a xornada tenden a perder intensidade e fanse máis intermitentes. Vento do Sueste, forte durante toda a xornada, pero en particular durante a madrugada, con momentos moi fortes no litoral e zonas altas do interior. Temperaturas en ascenso entre lixeiro e moderado. (14/12/12)
O temporal das últimas deixou en Galicia unhas duascentas incidencias menores. // O presidente da Xunta asegura que Galicia é a comunidade autónoma na que menos medrou a débeda. // Pensionistas das catro provincias concentráronse para protestar contra a non actualización das pensións. // Hoxe cúmprense 20 anos da plantación no Monte Castrove de Poio de 500 sequoias. // Arranca esta tarde o Concurso de Saltos Internacional cinco estrelas de Casas Novas. // Beléns do mundo en Ourense. (14/12/12)
O temporal deixa árbores, postes e contedores caídos. Tamén cortes de luz e anegamentos. Satisfacción da Xunta pola decisión do Tribunal Superior de considerar legal o canon eólico. Protestas dos pensionistas e no sector das ambulancias.
Nicky estase a aproximar e con ela tamén a chuvia que non deixa de caer. Temporal no que hoxe o peor está na costa da Coruña onde a alerta é amarela. As ondas no mar superaron os cinco metros e en terra en Cedeira rexistraron refachos máximos de ata 108 km por hora. // Laboratorios Nupel, unha das empresas do principal imputado na Operación Campéon, Jorge Dorribo a poxa por sete millóns de euros. Só pagaron un, polas naves e varios vehículos de luxo. // A empresa AZKAR, con orixe en Lugo, pasa a ser de propiedade alemá. O grupo DACHER, que era socio minoritario da empresa de transporte, vai comprar en xaneiro todas as accións da compañía. A dirección actual seguirá á fronte da compañía e non se prevé ningunha redución de persoal. Mesmo podería aumentar empregos. 13/12/12
Imparable o segundo gol do Celta. Bustos deixou ao porteiro laiándose no céspede ao encaixar o 2 a 0 en Balaídos. Noite máxica para o celtismo necesitado de alegrías no seu ascenso. // Saían á poxa por case sete millóns de euros e adxudicáronse por menos dun. Son bens dos laboratorios farmacéuticos Nupel, de Jorge Dorribo. // A empresa AZKAR, con orixe en Lugo, pasa a ser de propiedade alemá. O grupo DACHER, que era socio minoritario da empresa de transporte, vai comprar en xaneiro todas as accións da compañía. // Novas normas para escolarizar aos nenos no colexios públicos. Contará máis ter irmáns no mesmo centro. // O inspector naval que enviou a capitanía marítima ao Prestige, a tentar poñelo en funcionamento tras o accidente, acusa á tripulación do petroleiro de sabotar a máquina para que o buque embarrancara. 13/12/12
Noite máxica para o celtismo necesitado de alegrías no seu ascenso. // Poxa do bens dos laboratorios Nupel, de Jorge Dorribo. // A empresa AZKAR, con orixe en Lugo, pasa a ser de propiedade alemá. // Novas normas para escolarizar aos nenos no colexios públicos. Contará máis ter irmáns no mesmo centro. // O inspector naval que enviou a capitanía marítima ao Prestige acusa á tripulación do petroleiro de sabotar a máquina. 13/12/12
Ceos anubrados con chuvias, durante a mañá na metade Oeste e pola tarde máis xeneralizadas, alcanzando intensidade moderada en Pontevedra e Sur da Coruña. Vento do Sueste, forte no litoral e zonas altas do interior e moderado no resto. Durante a noite e madrugada do venres, ventos moi fortes en toda a comunidade. Temperaturas en ascenso, entre lixeiro e moderado, particularmente no caso dos valores mínimos. 13/12/12
Xuízo do Prestige. O ex inspector naval Serafín Díaz acusa ó capitán Manguras e ó xefe de máquinas de sabotea-lo barco pra embarrancalo. Os prezos baixaron unha décima en novembro. Reanúdanse no Supremo as declaracións de testemuñas en relación coa implicación do ex ministro José Blanco no caso Campeón.
Sen incidentes está transcorrendo esta primeira xornada de folga das ambulancias en Galicia. Os servizos mínimos son do cen por cen nas urxencias. Os traballadores piden a continuidade da negociación do convenio galego e rexeitan o estatal. // Ás doce desta noite volverán circular con normalidade os autobuses urbanos de Vigo. A empresa concesionaria, Vitrasa, e os representantes dos traballadores chegaron a un principio de acordo na negociación do seu convenio que apraza, mentres seguen os contactos, a folga indefinida. // Xuíces, fiscais, avogados, procuradores e funcionarios únense para protestar contra a Lei de Taxas xudiciais. Unha imaxe que se repetiu diante dos xulgados de toda España. Piden que o goberno de marcha atrás na reforma e negocie as novas medidas cos profesionais da xustiza. 12/12/12
O Madrid trouxo a Vigo a todas as súas figuras para enfrontarse en oitavos da Copa a un Celta ao que semella terlle respecto. Balaídos vai vivir o primeiro cheo desde o ascenso. // Sen incidentes está transcorrendo esta primeira xornada de folga das ambulancias en Galicia. Os servizos mínimos son do cen por cen nas urxencias. // As doce desta noite volverán circular con normalidade os autobuses urbanos de Vigo. A empresa concesionaria, Vitrasa, e os representantes dos traballadores chegaron a un principio de acordo. // Xuíces, fiscais, avogados, procuradores e funcionarios uníronse hoxe para protestar contra a Lei de Taxas xudiciais. // A Xunta distingue a seis mancomunidades ou agrupacións de concellos de Galicia por compartir servizos como os de protección civil, recollida do lixo ou de aforro enerxético. 12/12/12
O Madrid trouxo a Vigo a todas as súas figuras para enfrontarse en oitavos da Copa ao Celta. // Sen incidentes está transcorrendo esta primeira xornada de folga das ambulancias en Galicia. // As doce desta noite volverán circular con normalidade os autobuses urbanos de Vigo. // Os profesionais da xustiza uníronse hoxe para protestar contra a Lei de Taxas xudiciais. // A Xunta distingue a seis mancomunidades ou agrupacións de concellos de Galicia por compartir servizos. 12/12/12
Incremento progresivo de nubes, con chuvias que irán entrando polo Oeste a partir do mediodía e que cara á noite chegarán ás zonas altas de Lugo e Ourense, onde serán de neve por enriba dos 1.200 metros. Vento frouxo de compoñente Sur, con intervalos moderados no litoral atlántico, tendendo a incrementarse nas últimas horas da xornada, cando se rexistrarán momentos fortes no Oeste de A Coruña. Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado, mentres que as máximas seguen sen cambios. Xeadas no interior, pero menos importantes que en xornadas anteriores. 12/12/12
A primeira xornada da folga de ambulancias transcorreu sen incidentes, agás por algúns vehículos coas rodas picadas en Vigo e Pontevedra. En Vigo a partir das doce desta noite volverán funcionar con normalidade os autobuses urbanos. Protestas de avogados, xuíces e fiscais diante dos xulgados galegos. Salvamento Marítimo recupera o corpo dunha percebeira que caera ó mar entre Baiona e Oia.
Volve o xuízo do Prestige. Esta mañá retomouse a vista coa declaración do que era xefe de coordinación de Salvamento Marítimo en fisterra en 2002. José Pose dixo que ter afastado o petroleiro da costa dificultou os labores de rescate. // España tentará no consello de Pesca da Unión Europea frear a proposta da Comisión de reducir en torno o 30% os topes máximos de capturas. // Unha concelleira socialista de Cedeira que usa cadeira de rodas reclama ocupar o lugar que lle corresponde no Salón de Plenos municipal. // Empregados municipais de Pontevedra comparten a súa 'extra' cos necesitados. // Todo preparado en Vigo para a cita de Copa de mañá contra o Real Madrid. // Os doces dos conventos, nunha feira en Vigo. 11/12/12