Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Reunión da Mesa da función Pública, onde está previsto acordar posibles rebaixas dos soldos dos funcionarios para o ano que ven. O ex ministro de Fomento José Blanco reclama en Lugo que se sobresea o seu caso no Supremo, que estuda a súa imputación na Operación Campeón. Os afectados polas preferentes inician un encerro no concello de Gondomar. O gaiteiro Carlos Núñez fará a sintonía da "Vuelta Ciclista a España".

A flota galega poderá manter, o ano que vén uns topes e capturas similares aos deste segundo o acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas. // A Xunta queda coa fábrica conserveira de Alfageme e a marca Miau despois de ser o único postor. // O Deportivo xogará esta noite contra o Español, nun encontro entre os dous últimos clasificados da Liga. (20/12/12)

A flota galega poderá manter, o ano que vén uns topes e capturas similares aos deste segundo o acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas. O acordo é considerado coma moderadamente satisfactorio polos armadores galegos .// A Xunta queda coa fábrica conserveira de Alfageme e a marca Miau despois de ser o único postor . // O Consello acordou reducir as catro entidades que xestionan o solo empresarial nas respectivas provincias a un só. // Continúa a instrucción da Operación Pokemon. Esta mañá prestaron declaracións a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca dominguez do Partido Popular e un funcionario deste concello. // Histórica victoria do Blusens Mombus Obradoiro na sua visita a Barcelona, no pavillon azulgrana, 8 puntos por riba. (20/12/12)

A flota galega poderá manter, o ano que vén uns topes e capturas similares aos deste segundo o acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas. // A Xunta queda coa fábrica conserveira de Alfageme e a marca Miau despois de ser o único postor. // Continúa a instrucción da Operación Pokemon. Prestaron declaracións a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca dominguez do Partido Popular e un funcionario deste concello. (20/12/12)

Os armadores mostran a súa satisfacción polo acordo dos ministros de Pesca da Unión Europea que mantén as cotas de pescada nos caladoiros do Norte. A Xunta adxudícase as naves de Alfageme e a marca Miau. O presidente da Xunta di que os funcionarios cobrarán ó ano que ven mais que éste, mentres os traballadores fanse eco de noticias sobre a diminución dos seus salarios pra ó ano que ven. A empresa Paradores propón os sindicatos non pechar os establecementos de Ferrol e Verín.

As protestas dun grupo de afectados polas participacións preferentes provoca a suspensión do Pleno do Parlamento. // Os veciños levaban catorce anos denunciando un aterramento ilegal e finalmente o muro veu abaixo levando consigo un autobús e catro coches. Ocorreu en Vigo, esta madrugada, e non houbo feridos. Era a zona de aparcamento dunha empresa de transportes que a Xunta ordenou derrubar en 2003. // Premio europeo a Pontevedra por promover a mobilidade sostible. Foi por este plano, ao que lle chaman Metrominuto. Recolle 21 puntos na cidade e o tempo que un peón pode tardar en desprazarse entre eles. Unha iniciativa única en Europa que lle valeu ao concello o galardón Intermodes, que na última edición distinguiu á vila olímpica de Londres. 19/12/12

Os veciños levaban catorce anos denunciando un aterramento ilegal e finalmente o muro veu abaixo levando consigo un autobús e catro coches. Ocorreu en Vigo, esta madrugada. // Os orzamentos de Galicia para 2013 vanse aprobar o dia 27 deste mes, segundo manifestou o presidente da xunta na sesión de control parlamentaria polos grupos da oposición. // Premio europeo a Pontevedra por promover a mobilidade sostible. Foi por este plano, ao que lle chaman Metrominuto. Recolle 21 puntos na cidade e o tempo que un peón pode tardar en desprazarse entre eles. // En Galicia hai unhas 4.000 familias con adolescentes que teñen problemas co abuso de internet. O Valedor do Pobo presentou hoxe unha enquisa que serve para detectar o uso patolóxico da rede. // O Deportivo, abocado a acudir a Lei Concursal antes de fin de ano. 19/12/12

Cae un muro levando consigo un autobús e catro coches. Ocorreu en Vigo, esta madrugada. // Os orzamentos de Galicia para 2013 vanse aprobar o dia 27 deste mes. // Premio europeo a Pontevedra por promover a mobilidade sostible. // O Valedor do Pobo presenta unha enquisa que serve para detectar o uso patolóxico da rede. // O Deportivo, abocado a acudir a Lei Concursal antes de fin de ano. 19/12/12

Ceos nubrados, sobre todo na franxa atlántica, onde haberá chuvias. Pola noite, as precipitacións cruzarán a comunidade de Oeste a Leste con intensidade puntualmente moderada e con posibilidade de tormentas. Vento do Sur, forte, con momentos moi fortes no litoral e nas zonas altas, e moderado, con momentos fortes, no resto, especialmente cara á noite. Temperaturas sen cambios. 19/12/12

O pleno do parlamento foi suspendido durante uns minutos, debido á protesta dun grupo de afectados polas participacions preferentes, contra a quita do 40 por cento nos seus aforros. O presidente da Xunta anuncia que o día 27 quedarán aprobados os orzamentos do ano que ven. Os estudiantes obrigan a suspender a sesión do claustro da Universidade de Santiago en protesta contra os recortes. Comenza en Pontevedra o congreso dedicado a Valentín Paz Andrade.

Os representantes dos traballadores e a dirección de Paradores de Turismo van negociar alternativas ao peche definitivo dos establecementos de Verín e Ferrol, uns dos sete que a empresa anunciou que ía clausurar. Debaten a posibilidade de pechalos só por temporadas. O ERE plantexado en Paradores afecta a case a metade dos seus empregados en Galicia. // O grupo PSA-Citroen de Vigo anuncia unha mellora nos seus contratos a 337 traballadores da factoría de Vigo. // Un informe do Real Automóbil Club sitúa en Galicia dous dos tres tramos de maior risco para a seguridade do tráfico das estradas españolas. Estes puntos negros son o acceso ao aeroporto de Santiago e a estrada nacional entre A Pontenova e Meira, en Lugo. (18/12/12)

Novacaixagalicia ten un burato de 3.091 millóns de euros, segundo un informe de expertos independentes que deu a coñecer o FROB. Aínda así, os titulares de participacións preferentes que poidan demostrar que non coñecían o produto recuperarán a totalidade do seu investimento, segundo o ministro de Economía. // Cos votos dos deputados do Partido Popular, o Parlamento rexeitou a toma en consideración dunha iniciativa lexislativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública. // Un informe do Real Automóbil Club sitúa en Galicia dous dos tres tramos de maior risco para a seguridade do tráfico das estradas españolas. // O grupo PSA-Citroen de Vigo anuncia unha mellora nas súas condicións contractuais a 337 traballadores da factoría de Vigo. // Luns sen fortuna para o fútbol galego de primeira. (18/12/12)

Novacaixagalicia ten un burato de 3.091 millóns de euros, segundo o FROB. // O Partido Popular rexeita a toma en consideración dunha iniciativa lexislativa popular para a defensa da sanidade pública. // En Galicia están dous dos tres tramos de maior risco para a seguridade do tráfico das estradas españolas. // O grupo PSA-Citroen de Vigo anuncia unha mellora nas súas condicións contractuais a 337 traballadores. // Luns sen fortuna para o fútbol galego de primeira. (18/12/12)

Ceo moi nubrado ou cuberto con precipitacións, localmente persistentes e moderadas en Pontevedra e no Sueste de A Coruña, que caerán de modo máis disperso ao avanzar a tarde. Vento do Sur e Sueste aumentando de intensidade durante a xornada, de moderado a forte no litoral e nas zonas altas e de frouxo a moderado no resto. Temperaturas en lixeiro ascenso. (18/12/12)

O pleno do Parlamento galego aprobou a creación da comisión de investigación da fusión de Caixa Galicia e Caixanova. O presidente dos empresarios galegos considera que Novagalicia Banco non ten un valor tan baixo como o anunciado polo FROB. No xuízo do Prestige, o comandante dun dos helicópteros de Salvamento declara que a tripulación lle manifestou que o petroleiro tiña unha vía de auga varios días antes do accidente. Dimite o deán da Catedral de Santiago.

Volve a vieira fresca de Galicia. A campaña arrancou esta mañá na Ría de Arousa, xusto a tempo para o Nadal, tras remitir o episodio de toxina amnésica que impedía capturala. Todos os barcos conseguiron os topes. En menos de dúas horas apañaron uns tres mil quilos de vieira, que chegará ao consumidor eviscerada e etiquetada, a partir de mañá. // Unha ducia de sociedades científicas de Galicia únense para defender a eficacia das vacinas. Médicos e científicos insisten na necesidade de protexer a poboación mediante as campañas de vacinación, contra crenzas que poñen en dúbida a súa utilidade, que se están a difundir nos últimos anos. // Un ourensán gaña no Gordo da Primitiva 10 millóns seiscentos mil euros. O único acertante do premio de primeira categoría, do que non se coñece a identidade, xogou un boleto automático de dúas apostas que lle custou tres euros. 17/12/12

Sinaturas contra as taxas xudiciais, que se comezan a cobrar hoxe. A partir de agora vai custar entre 100 e 1.200 euros acudir á xustiza, en función do tipo de demanda e de cantas veces se recorra a sentenza. // Un ourensán gaña no Gordo da Primitiva 10 millóns seiscentos mil euros. O único acertante do premio de primeira categoría, do que non se coñece a identidade. // Unha ducia de sociedades científicas de Galicia engádese a un documento para defender a eficacia das vacinas. Médicos e científicos insisten na necesidade de protexer a poboación mediante as campañas de vacinación. // Deportivo e Celta teñen cita de Liga esta tarde, o Depor en Riazor fronte ao Valladolid, e o Celta en Balaídos contra o Betis. Os dous están necesitados de puntos. // A partir de mañá volveremos atopar nos mercados vieira fresca de Galicia. A campaña comezou esta mañá na Ría de Arousa, xusto a tempo para o Nadal. 17/12/12

Sinaturas contra as taxas xudiciais, que se comezan a cobrar hoxe. // Un ourensán gaña no Gordo da Primitiva 10 millóns seiscentos mil euros. // Unha ducia de sociedades científicas de Galicia engádese a un documento para defender a eficacia das vacinas. // Deportivo e Celta teñen cita de Liga esta tarde. // A partir de mañá volveremos atopar nos mercados vieira fresca de Galicia. 17/12/12