Volve o xuízo do Prestige. // España tentará no consello de Pesca da Unión Europea frear a proposta da Comisión de reducir os topes de capturas. // Unha concelleira que usa cadeira de rodas reclama ocupar o lugar que lle corresponde no Salón de Plenos. // Empregados municipais de Pontevedra comparten a súa 'extra'. // Todo preparado en Vigo para a cita co Real Madrid. // Os doces dos conventos, en Vigo. 11/12/12
Ceos pouco nubrados con nubes de tipo alto, agás no Oeste da Coruña, onde se verán algunhas nubes baixas procedentes do Atlántico e néboas matinais no interior. Vento moi frouxo de compoñente Leste. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas no interior. 11/12/12
O alcalde de Santiago, Ángel Currás, confirma a imputación da edil Rebeca Domínguez, do PP, na Operación Pokemon. O Tribunal Supremo levanta o segredo de sumario sobre a investigación ó ex ministro José Blanco na Operación Campeón. No xuízo do Prestige, o xefe do Centro de Salvamento de Fisterra, José Pose, considera un erro alonxar o barco da costa.
- Descarta que Martinsa sufriera daños por comprar unos terrenos en México
- El suelo se adquirió por 118 millones de euros y ahora su valor es de 101
Desde hoxe ata a véspera de Noiteboa, a Dirección Xeral deTráfico ten en marcha campaña especial de controis de alcol e drogas. Trata con ela de concienciar aos condutores de que non deben beber nin consumir sustancias psicoactivas se se poñen ao volante, tampouco nestas datas. // Cada galego vai gastar de media 485 euros en compras para este Nadal, case un cinco por cento menos que o ano pasado. Galicia, segundo un estudo da Federación de Usuarios e Consumidores, é a cuarta comunidade na que menos se gastará nestas festas. Aquí o descenso no gasto de Nadal é constante desde hai seis anos. // Os médicos colexiados piden un pacto entre os partidos políticos para protexer a sanidade pública. Entregáronlle ao presidente da Xunta un documento no que ofrecen corresponsabilidade e coparticipación da clase médica se se logra un compromiso entre os partidos maioritarios. 10/12/12
Cada galego vai gastar de media 485 euros en compras para este Nadal, case un cinco por cento menos que o ano pasado. Galicia, segundo un estudo da Federación de Usuarios e Consumidores, é a cuarta comunidade na que menos se gastará nestas festas. // Os reitores das universidades públicas advirten que o funcionamento do sistema público universitario no noso país está en perigo a causa dos recortes orzamentarios. // A baixada de nivel do encoro de Lindoso, en Portugal, deixa á vista a antiga vila de Aceredo, no concello ourensán de Lobios, que levaba vinte anos debaixo das augas. // O Deportivo sae vapuleado da súa visita ó Vicente Calderón. O Celta tamén perdeu, neste caso en Bilbao, pero dando outra imaxe. // Dalí: Cen gravados sobre a Divina Comedia na Fundación Novacaixagalicia de Lugo. 10/12/12
Cada galego vai gastar de media 485 euros en compras para este Nadal. // Os reitores das universidades públicas advirten que o sistema público universitario está en perigo a causa dos recortes. // A baixada de nivel do encoro de Lindoso, en Portugal, deixa á vista a antiga vila de Aceredo, no concello ourensán de Lobios. // O Deportivo sae goleado da súa visita ó Vicente Calderón. O Celta tamén perdeu, neste caso en Bilbao. // Dalí: Cen gravados sobre a Divina Comedia. 10/12/12
Os sindicatos non acoden á reunión cos directivos de Novagalicia Banco para aborda-la reducción de emprego que suporá a reestructuración da entidade. Esixen negociar directamente co FROB.
Continúan os peches dos afectados polas preferentes en Cangas e Gondomar.
Os reitores galegos súmanse ó comunicado das universidades españolas contra os recortes.
Tralas eleccións autonómicas e o comezo da nova lexislatura, en RNE-Galicia retomamos este espazo adicado a repasar a actividade na Cámara galega.
Falamos co coordinador da Dirección Xeral de Tráfico en Galicia sobre a sinistralidade na rede viaria galega. No que levamos de ano son 113 as vítimas mortais nas nosas estradas. O obxectivo a medio prazo é baixar das 100.
Vecinos de Aceredo, en Lobios, Ourense, han recuperado estos días imágenes de su memoria. Una repentina bajada del caudal en la presa de Lindoso ha dejado al descubierto el pueblo que quedó sepultado hace 20 años.
Clara, otra niña, ha revolucionado la vida de Froxán, una aldea de Lugo. Tiene 15 días y es el primer bebé que nace en Froxán desde hace 30 años. Este pueblo ha ido vaciándose hasta quedarse sólo con 20 habitantes, los otros tres niños que viven allí han llegado de Barcelona. Clara, dicen los vecinos, les hace soñar con el futuro porque es hija auténtica de Froxán.
Acordo firme entre o sector lácteo e a Xunta para que, a partir de xaneiro, o que as industrias lle pagan aos gandeiros galegos polo leite cubra, polo menos, os custos de produción. As distribuidoras tamén se comprometen a non usar o leite como un reclamo a baixo prezo. // Comeza para os comerciantes a campaña de Nadal, un período no que ingresan entre o 20 e o 30% da súa facturación anual. Pero este ano non son optimistas. Aseguran que a maioría dos clientes limítanse ao agasallo útil e imprescindible, e que apenas se están facendo contratos para traballar durante a campaña. // Imos coñecer tamén a Clara, o primeiro bebé que nace na aldea de Froxán, en Folgoso do Courel, desde hai tres décadas. 07/12/12
Os sindicatos lácteos pídenlle ao presidente da Xunta un compromiso para lograr que as industrias deixen de pagarlle aos gandeiros galegos, polo leite, menos do que custa producilo. // Comeza para os comerciantes a campaña de Nadal, unhas semanas nas que ingresan entre o 20 e o 30 % da facturación anual. Este ano non son optimistas. // Primeira xornada de folga nos Paradores de toda España para frear o ERE presentado pola empresa. En Galicia suporía o despedimento de 85 traballadores e o peche dos establecementos de Verín e Ferrol. // O Alcalde de Pontevedra di non temer o recurso contra a paga de produtividade que o concello lles aboou aos seus funcionarios. // Volve a Liga. O Celta xoga este domingo en San Mamés e o Deportivo viaxa a Madrid para enfrontarse ao Atlético. // Folgoso do Courel: O primeiro nacemento na aldea de Froxán desde hai trinta anos. 07/12/12
Os sindicatos lácteos pídenlle ao presidente da Xunta un compromiso para subir o prezo do leite. // Comeza para os comerciantes a campaña de Nadal. // Primeira xornada de folga nos Paradores de toda España. // O Alcalde de Pontevedra di non temer o recurso contra a paga de produtividade que o concello lles aboou aos funcionarios. // Volve a Liga. // Folgoso do Courel: O primeiro nacemento desde hai trinta anos. 07/12/12
Ceos moi anubrados e con precipitacións débiles, que pola tarde estarán máis localizadas na metade norte. Temperaturas sen cambios significativos, con lixeiros ascensos das mínimas. Ventos frouxos de compoñente sur; pola tarde irán cambiando a nordés, moderados no litoral norte e frouxos no resto. 07/12/12
Os sindicatos agrarios reúnense co presidente da Xunta para lograr un prezo mínimo pro leite. Folga nos paradores de turismo galegos. A conselleira de Facenda asegura que as áreas sociais estarán blindadas nos vindeiros orzamentos.
Un morto e catro feridos nun accidente de madrugada en Ourense. Os clientes do Parador de Santiago temen unha rebaixa da calidade co despedimento de traballadores. Os colectivos contra os desafiuzamentos satisfeitos coas medidas da Xunta sobre realoxos.
La Guardia Civil de Pontevedra investiga el asalto a la vivienda de un narcotraficante gallego al que rociaron con líquido inflamable y prendieron fuego. La víctima cumplió condena en el marco de la operación Nécora. Las hipótesis apuntan a un robo o un ajuste de cuentas entre narcotraficantes.
O Goberno galego anuncia un plan para realoxar ás vítimas das execucións hipotecarias. Se a renda das familias e de menos de 532 euros mensuais poderán ter un alugueiro social gratuíto. Neste primeiro consello da Xunta ordinario da lexislatura tamén se decidiu reducir o número de directores xerais da administración autonómica. // A Deputación de Ourense anuncia o despedimento de 32 traballadores indefinidos para aforrar máis dun millón de euros en gastos de persoal. Manuel Baltar xustifica os despedimentos pola diminución dos ingresos da institución e pola necesidade de reducir o gasto público. // Fronte común das autoridades locais para evitar o peche dos paradores de Ferrol e Verín. Os traballadores buscan unha negociación para que non sexan definitivas as baixas contempladas no ERE presentado, que afecta a máis de douscentos empregados en Galicia. 05/12/12