Intervalos anubrados, aínda con precipitacións dispersas e ocasionais no terzo Norte, máis frecuentes pola noite. Cota de neve por enriba dos 600-800 metros. Ventos frouxos do Norte, con intervalos moderados no litoral. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso. Xeadas xeneralizadas no interior. 26/02/13
Ultima sesión no Parlamento galego para aprobar os orzamentos deste ano. A pesar das diferenzas, podería chegarse a un acordo sobre o dique flotante para Ferrol.
Ás aforas da cámara, confluiron varias protestas contra os recortes como a da plataforma en defensa do ensino público e da Universidade.
Seguen as reaccions á demisión de Xosé Luis Méndez Ferrín como presidente da Real Academia Galega, tras ser acusado de "nepotismo" pola contratación dunha filla e o seu marido.
Os pais dun colexio de Ferrol denuncian a un profesor ó que acusan de obrigar ós nenos a darlle masaxes nos pés.
Aurelia Rey, a octoxenaria da Coruña que ía ser desafiuzada, poderá seguir na casa na que está de aluguer desde hai 34 anos, mentres lle buscan outra vivenda. Esta madrugada, a anciá e a propietaria do piso chegaron a un acordo co que queda suspendido o desafiuzamento. // Vigo retiralle a medalla de ouro da cidade a Julio Fernández Gayoso, o ex--presidente de Caixanova. O pleno do concello votou a favor esta moción do BNG argumentando que era indigno que unha persoa que levou a ruína a milleiros de traballadores na cidade tivese tal distinción. // Ultimos trámites no Parlamento galego para aprobar os orzamentos deste ano, que son de case oito mil cincocentos millóns de euros. Os partidos da oposición critican que o grupo popular só teña aceptado sete das máis de mil enmendas que presentaron. 25/02/13
En A Coruña, la mujer de 85 años que iba a ser desahuciada, no abandonará su vivienda por la fuerza. Se irá voluntariamente cuando encuentre otro piso que pueda pagar.
Aurelia Rey, a octoxenaria da Coruña que ía ser desafiuzada, poderá seguir na casa na que está de aluguer desde hai 34 anos, mentres lle buscan outra vivenda. Esta madrugada, a anciá e a propietaria do piso chegaron a un acordo co que queda suspendido o desafiuzamento. // No Parlamento galego volven hoxe e mañá a debatir as contas autonómicas previstas para este ano. // Vigo retíralle a medalla da cidade ao ex-presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, cos votos do BNG e do PP, e a abstención do grupo socialista. // Os alcaldes da comarca de Ferrol reúnense esta tarde para analizar a situación e o futuro de Navantia. Onte milleiros de persoas manifestáronse nesta cidade para pedir carga de traballo para os estaleiros. // A victoria do Celta ante o Granada no debut de Abel Resino coloca ó cadro vigués a dous puntos da zona de permanencia. // Tempo de xeadas. 25/02/13
Aurelia Rey, a octoxenaria da Coruña que ía ser desafiuzada, poderá seguir na casa. // No Parlamento galego volven hoxe e mañá a debatir as contas autonómicas. // Vigo retíralle a medalla da cidade ao ex-presidente de Caixanova. // Os alcaldes da comarca de Ferrol reúnense esta tarde para analizar o futuro de Navantia. // Vitoria do Celta ante o Granada no debut de Abel Resino. // Tempo de xeadas. 25/02/13
Ceos pouco anubrados ou despexados no oeste e con intervalos anubrados no resto. Posibilidade de chuvascos no litoral norte e nordés, que serán de neve a partir dos 600 metros pola maña, e dos 700 metros pola tarde. Temperaturas mínimas sen cambios, con xeadas especialmente intensas nas zonas altas. Máximas sen cambios ou en lixeiro ascenso. Ventos do norte, frouxos pola mañá e aumentando moderados pola tarde no litoral. 25/02/13
No Parlamento comenzou o debate para a aprobación final dos orzamentos, con 29 enmendas do PP aprobadas en comisión e outras 7 do Psoe. Hai mais de mil enmendas da oposición que se queixa de que apenas se modificarán os orzamentos, que ascenden a 8.479 millons; un sete por cento menos que os de 2012. No ámbito xudicial, o xefe de recursos humanos da Deputación de Ourense declara como testemuña e contradí a Xosé Luis Baltar. Asegura que o avisou das irregularidades na contratación de 104 traballadores, feito polo que está imputado o ex presidente.
Comenza a costeira da xarda, coa metade da flota amarrada a porto en protesta polas escasas cotas e as excesivas inspeccions. Os barcos de Lugo sí sairon faenar.
Paralizado o desafiuzamento da anciá de 85 anos na Coruña tras chegar a un acordo privado cos propietarios da vivenda.
- Una sentencia dictaminó el desahucio por el retraso en el pago de dos meses
- Ahora se negociará con las administraciones un nuevo alojamiento
- Stop Desahucios logró paralizar dos veces el desalojo la semana pasada
Falamos co bispo de Ourense, Leonardo Lemos, sobre a renuncia do Papa, o Códice Calixtino e o escrito do suposto autor do roubo no que falaba de sexo na Catedral. Conversamos tamén sobre a corrupción, a crise, o paro...
Repasamos a actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
O presidente da Xunta e os conselleiros declaran en conxunto un patrimonio de 1,6 millóns de euros. Quen máis di ter é Feijóo, dono de bens por valor de 577.000 euros, un 12 por cento máis que hai dous anos. Agárdase que tamén hoxe se fagan públicas as rendas dos membros do Goberno galego. // Segue o amarre da flota do litoral en Galicia, en protesta pola escaseza de cota e o exceso de burocracia no sector pesqueiro. Este paro non se está notando nos mercados porque hai outras flotas que continúan traballando e fornecendo de peixe ás lonxas. // Zumes e batidos naturais, para previr o uso e abuso do alcol. A Unidade de drogodependencias de Vilagarcía organiza obradoiros de bebidas saudables para concienciar aos escolares sobre os riscos do alcol. Están dirixidos aos alumnos de 10 anos, porque a media do inicio do consumo, está nos 13. (22/02/13)
Intervalos nubrados e chuvascos, ocasionalmente fortes, de carácter tormentoso e con sarabia, que serán de neve por enriba dos 1.200 metros. Pola noite, a borrasca desprazarase cara ao Leste, o que favorecerá a entrada de aire moi frío do Norte que fará que a cota de neve descenda ata os 500 metros, aínda que as precipitacións serán escasas e moi localizadas no Norte e Leste da comunidade. O vento irá cambiando de dirección co paso da borrasca, sendo do Sueste a primeira hora e virando a Nordés á noite, cando soprarán moderados, con momentos fortes no litoral. Temperaturas en descenso entre lixeiro e moderado. (22/02/13)
Alerta no mar, no litoral das provincias da Coruña e Pontevedra, como anticipo a un cambio de tempo que nos vai deixar unha fin de semana moi fría. // O presidente da Xunta e os conselleiros declaran en conxunto un patrimonio de 1,6 millóns de euros. Quen máis di ter é Feijóo, dono de bens por valor de 577.000 euros. // Segundo día de amarre da flota do litoral en Galicia. Os principais motivos da protesta son a escaseza de cota e o exceso de burocracia. // Zumes e batidos naturais, para previr o uso e abuso do alcol. A Unidade de drogodependencias de Vilagarcía organiza obradoiros de bebidas saudables, para concienciar aos escolares sobre os riscos do alcol. // Xornada de estreas nos equipos galegos de Primeira. // Toda a oferta turística galega móstrase esta fin de semana na Feira Internacional de Galicia, en Silleda. (22/02/13)
Un cambio de tempo nos vai deixar unha fin de semana moi fría. // O presidente da Xunta e os conselleiros declaran en conxunto un patrimonio de 1,6 millóns de euros. // Segundo día de amarre da flota do litoral en Galicia. // Obradoiros para concienciar aos escolares sobre os riscos do alcol. // Xornada de estreas nos equipos galegos de Primeira. // Toda a oferta turística galega, en Silleda. (22/02/13)
O Doga publica hoxe os bens do presidente da Xunta e dos conselleiros. Núñez Feijoo é o que ten mais patrimonio, case un 12 por cento mais que hai dous anos. Continúa o amarre da frota do litoral contra as restriccions do sector. Remodelación do goberno no concello de Santiago, trala demisión do edil Albino Vázquez imputado na operación Manga. Afectados polas preferentes obrigan a suspender o pleno no concello de Oia. Os concelleiros do PP ameazan con abandonar o equipo de goberno. No Parlamento, 25 deputados da oposición crean unha fronte antitaurina.
A flota pesqueira do litoral de Galicia permanece amarrada en protesta pola difícil situación que, din os patróns e os armadores, está atravesando o sector. Quéixanse da escaseza de cotas de pesca que a Unión Europea lle asigna á flota española no caladoiro do Cantábrico e critican a excesiva burocracia na pesca. // A Xunta convoca unha oferta de emprego de 222 prazas en educación. 22 para inspectores e o resto para mestres. O goberno galego tamén valorou hoxe a rebaixa do absentismo laboral entre os seus empregados públicos que permitiu aforrar 26 millóns de euros só durante o ano pasado. // Un artista que nos deixa. O coruñes Jorge Peteiro será enterrado esta tarde. Quédanos unha abandosa obra na que destacan as súas singulares paisaxes, sempre cheas de cor e rebosantes de optimismo. Un estilo fácilmente recoñecible que foi a súa seña de identidade. 21/02/13
A flota pesqueira do litoral de Galicia permanece amarrada en protesta pola difícil situación que, din os patróns e os armadores, está atravesando o sector. // O presidente do Goberno comprométese a denunciar o acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania se se mantén nos termos nos que está hoxe. // Rajoy tamén anunciou no debate do estado da nación a reforma do IVE para os autónomos, que evitará que teñan que pagar o imposto mentres non cobren a factura correspondente. // O goberno galego felicita aos empregados públicos por reducir as ausencias no posto de traballo, que supuxo un aforro de 26 millóns euros durante o ano pasado. // Rouban 14 becerros nunha granxa de Xinzo de Limia, en Ourense, valorados en 14.000 euros. // Lembraremos a obra de Jorge Peteiro, un artista que nos acaba de deixar. 21/02/13
Protesta da flota pesqueira do litoral de Galicia. // Rajoy di que denunciará o acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania se non se cambia. // Rajoy tamén anunciou a reforma do IVE para os autónomos. // O goberno galego felicita aos empregados públicos por reducir as ausencias no posto de traballo. // Rouban 14 becerros nunha granxa de Xinzo de Limia. // Jorge Peteiro. 21/02/13
Intervalos nubrados e chuvascos, máis probables no Sur e no Oeste. Pola tarde, nubes en aumento e precipitacións xeneralizadas, de máis intensidade na metade Oeste, onde poden ter carácter tormentoso. Ventos moderados de compoñente Sur. Temperaturas mínimas en ascenso entre lixeiro e moderado e máximas sen cambios significativos. 21/02/13