Falamos co director xeral de Novagalicia Banco. Entre outras cousas, Juan Díaz Arnau admite que nalgúns casos puideron non informar correctamente das preferentes.
Repasamos a actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
- Xavier Vence ha sido elegido por un 95,82% de los votos de la asamblea
- Vence defiende que el BNG es un partido "soberanista", no "autonomista"
El soberanismo como camino para salir de la crisis económica es la hoja de ruta del BNG, y este es el mensaje que ha trasladado su nuevo portavoz nacional, Xavier Vence, elegido por un 95,82% en una Asamblea Nacional en la que han resonado dos gritos: "Galiza ceibe, poder popular", "independencia".
Sendos mensajes, muy aplaudidos en el compostelano Palacio de Congresos, han sido comunes este domingo en los representantes de la mayoría de las delegaciones invitadas, entre las que se encontraban Amaiur, ERC y el PNV.
A débeda publica de Galicia é de 8.228 millóns de euros. O que supon o 14,6 por cento do Producto Interior Bruto. Segun datos do Banco de España // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos. 15/03/13
Os xogadores do Deportivo e do Celta xa están na Coruña, cada equipo concentrado no seu hotel. Un partido, que tén a tensión de poder supor a salvación para calquera dos dous, o Dépor derradeiro e o Celta penúltimo // Máis de 30 mil siareiros estarán nas bancadas de Riazor para presenciar encontro e desenlace // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos, co fin de que o Goberno autónomo poida ofrecer vivendas sociais aos afectados, en casos de especial vulnerabilidade. A Xunta vai estudar o fallo do Tribunal superior de xustiza de Galicia que invalida os concertos educativos cos 5 colexios que separan os alumnos por sexos antes de decidir se o recorren ou non // Os Paradores de Tui, Verín e Vilalba figuran entre os 11 de toda España que reabren hoxe, logo do periodo de peche por vacacións que se prolongaba dende o pasado 21 de xaneiro. 15/03/13
Os xogadores do Deportivo e do Celta xa están na Coruña, cada equipo concentrado no seu hotel. Faltan poucas horas para que en Riazor se despute un partido, que ademáis do derbi galego, tén a tensión de poder supor a salvación para calquera dos dous // Xunta e Consello Xeral do Poder Xudicial ultiman a aplicación do convenio polo que os xuíces quedarán habilitados para paralizar provisionalmente os desafiuzamentos, co fin de que o Goberno autónomo poida ofrecer vivendas sociais aos afectados, en casos de especial vulnerabilidade. 15/03/13
A Choiva deunos un descanso pero para a fin de semana agárdase que volven as precipitacións. As temperatuas, eso si, van subindo, sobre todo as mínimas. 15/03/13
A Xunta vai estudar a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anula o concerto cos cinco colexios da comunidade que segregan por razón de sexo. O sindicato STEG que promoveu o recurso, amosou a súa satisfacción. Os colexios consideran que a medida non terá repercusión alomenos o vindeiro curso. Representantes dos bancos acreedores de Pescanova reúnense en Madrid para decidir cómo se renegocia a débeda da compañía galega.
O un de abril, entrará en vigor en Galicia un sistema que detectará casos vulnerables en situacions de desafiuzamento. A Xunta dará axudas ou cederá pisos a estas persoas. O ex toxicómano vigués David Reboredo, en prisión por un delito menor, pendente do posible indulto polo Consello de Ministros.
O papa Francisco será invitado polo arcebispo de santiago e mais polo presidente da Xunta para que visite Compostela // O Consello de Administración de Pescanova está reunido para analizar a situación financeira e ver como refinanciar a elevada débeda, calculada en 2.500 millons de euros // A xunta non vai recorrer as sentenzas que anulan parte do decreto do galego no ensino non universitario. 14/03/13
O novo papa Francisco vai ser invitado a visitar Santiago, por ser desta cidade un dos berces da cristiandade e meta de peregrinación. O arcebispo compostelán, Julian Barrio transmitiulle os parabens pola sua elecion // O Consello de Administración de Pescanova analiza a situación financieira da empresa e deseña a estratexia para refinanciar a débeda. // A Xunta non vai recorrer as sentenzas do Tribunal Superior que anulan parte do decreto do galego no ensino non universitario. Alberto Nuñez Feijoo di que as acatará como una forma de oferta de pacto á oposicion sobre a lingua // O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín fixo finalmente efectiva a súa demisión coma Presidente da Real Academia Galega. Fíxoo ante un plenario que lamentou a súa marcha e rexeitou a súa renuncia como membro numerario, unha vacante que non se cubrirá. 14/03/13
O goberno galego acata as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que anulaban parte do decreto do plurilingüísmo e non acudirá ó Supremo.
Consello extraordinario de Pescanova, en Redondela, tras presentar preconcurso de acreedores.
Constitúense no Parlamento dúas comisions: a que investigará a fusión das caixas e as indemnizacions que recibiron os ex directivos e a que estudará medidas contra a corrupción.
Manifestación en Ferrol de 3.000 traballadores de Navantia reclamando carga de traballo e o dique flotante, e encerro indefinido dos traballadores de Santa Bárbara na Coruña contra o anunciado peche e despido dos empregados.
O novo papa Francisco I vai ser invitado a visitar Santiago, por ser desta cidade un dos berces da cristiandade e meta de peregrinación // O Consello de Administración de Pescanova analiza a situación financieira da empresa e deseña a estratexia para refinanciar a débeda./A Xunta non vai recorrer as sentenzas do Tribunal Superior que anulan parte do decreto do galego no ensino non universitario // O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín fixo finalmente efectiva a súa demisión coma Presidente da Real Academia Galega. 14/03/13
Lixeira melloría no tempo nun día no que se recuperan as temperaturas despois das neves que tinguiron de branco boa parte do norte da comunidade. 14/03/13
A partir do próximo curso as familias coas rendas mais altas deberán pagar nos comedores escolares. Entre 1 euro e catro euros e medio, segundo o nivel de ingresos // Inditex gañou un 22% máis en 2012, grazas sobre todo á expansión do mercado asiático. Os beneficios da textil galega sumaron máis de 2.300 millóns de euros o ano pasado. 13/03/13
Nas provincias da Coruña e Lugo foi a zona máis afectada polas nevaradas que tinguiron de branco a paisaxe // A Consellería de Educación di que máis da mitade dos usuarios actuáis dos comedores escolares seguirán beneficiándose deste servizo debalde. As familias coas rendas mais altas teñan pagar en función dos seus ingresos // Inditex obtivo en 2012, un beneficio de 2.300 millóns, cun aumento de ventas do 16%. As ganacias da multinacional de Arteixo subiron un 22% con respecto o ano anterior // Psoe e Bng pidenlle a Nuñez Feijoo que actue nos casos de corrupcion que implican ao Partido Popular. O presidente da Xunta di que asumirá as suas responsabilidades e, para aumentar a transparencia, proponlles reformar o regulamento do parlamento para publicar por lei o patrimonio e os bens de todos os deputados // O deputado Carlos Aymerich renuncia ao seu escano no parlamento deixa a sua acta de deputado do BNG en discrepancia coa actual liña politica do Bloque. 13/03/13
O norte da comunidade, nas provincias da Coruña e Lugo foi a zona máis afectada polas nevaradas que tinguiron de branco a paisaxe // A Consellería de Educación di que máis da mitade dos usuarios actuáis dos comedores escolares seguirán beneficiándose deste servizo debalde, unha vez que, a partir do próximo curso, as familias coas rendas mais altas teñan pagar en función dos seus ingresos // Inditex obtivo, o ano pasado, un beneficio de 2.300 millóns, cun aumento de ventas do 16 por cento. //o deputado Carlos Aymerich renuncia ao seu escano no parlamento deixa a sua acta de deputado do BNG en discrepancia coa actual liña politica do Bloque. 13/03/13
Ainda van seguir baixando as temperaturas, á vez que persiste o risco de precipitacións. Onde caian seguirán sendo de neve por riba de cotas duns 300 metros. 13/03/13
As nevadas obrigaron a usar cadeas en numerosos puntos da comunidade, especialmente na provincia de Lugo, a mais afectada, ainda que tamén na Coruña. Mais de 4 mil alumnos non puideron ir a clase.
O presidente da Xunta propón no Parlamento reformar o regulamento para obrigar a que os deputados publiquen a súa renda e patrimonio. O deputado do BNG Carlos Aymerich confirma que renunciará ó seu escano no Parlamento galego, en disconformidade coa dirección da formación. Inditex gañou un 22 por cento mais ó ano pasado. Atraco nunha sucursal bancaria na Merca, Ourense.
A cotización de Pescanova, suspendida na Bolsa de Madrid, mentres a Comisión Nacional do Mercado de Valores investiga os movementos recentes de compra e venda de accións, por se se produciu abuso de mercado. A multinacional admite que hai diferencias significativas entre a contabilidade e a débeda que se coñecía // A Xunta manterá o decreto de plurilinguismo no Ensino, pese os pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza. Díxoo o Conselleiro de Educación nunha sesión na que os grupos da oposiciòn o acusaron de practicar recortes neste eido. 12/03/13