Día moi desapacible en toda Galicia polo vento e a chuvia. De feito a axencia estatal de meteoroloxía ten activada a alerta laranxa por refachos de vento que poden superar os 95km por hora en Lugo, Ourense e Pontevedra. As chuvias serán máis intensas canto máis o sur da comunidad. 07/03/13
A fiscalía abriu unha investigación pola morte da anciá de 81 anos no servizo de Urxencias do Hospital de Vigo, tras permanecer tres horas á espera de ser atendida. A dirección do hospital e a conselleira de Sanidade negan desatención e ningunha relación coa situación do servizo.
A xuiza de Lugo Estela San José finaliza a investigación do Caso Campeón sobre subvencions irregulares. Hai 50 imputados.
Pasa a disposición xudicial o pediatra de Lalín detido por abusos sexuais a unha menor. Manifestación dos traballadores da fábrica de armas da Coruña para pedir a mediación do goberno e evitar o peche e o despido dos 170 empregados. En augas de Ferrol, un equipo de investigadores atopa dous canons do que poderían ser os primeiros restos localizados do buque mais importante da Armada Invencible, afundido no século XVI.
A ampla comunidade de inmigrantes venezolanos que viven en Galicia están hoxe máis pendentes ca nunca do seu país, logo da morte do presidente, Hugo Chávez // Unha muller de 81 anos morreu mentres agardaba a ser atendida no servizo de urxencias do hospital xeral de Vigo. Fontes sanitarias informan de que se abriu unha investigación interna // A garda civil incáutause de 70 quilos de haxix de grande pureza. A droga que podería acadar un valor de 300 mil euros foi intervida a 5 individuos que foron detidos na peaxe da autoestrada en Fene. 06/03/13
A ampla comunidade de inmigrantes venezolanos que viven en Galicia están hoxe máis pendentes ca nunca do seu país, logo da morte do presidente, Hugo Chávez.
No Consulado de Venezuela en Vigo, a bandeira ondea cun crespón negro // Pescanova recupera a sua cotizacion na Bolsa, revalorizandose ata un 30% respecto das fortes caidas dos dous ultimos dias. A multinacional galega acumulara este luns unha baixada do 50% despois de presentar un preconcurso de acreedores, por falta de liquidez // Un erro na súa tramitación e a aplicación da Lei antitransfuguismo frea a moción contra o alcalde nacionalista de Vimianzo, promovida por concelleiros tránsfugas do PSdeG-PSOE, o PP e independentes. Os promotores recorrerán aos tribunais para tratar de seguir adiante con ela. A expulsión do partido de dous concelleiros socialistas motivou o fracaso da moción. 06/03/13
A ampla comunidade de inmigrantes venezolanos que viven en Galicia están hoxe máis pendentes ca nunca do seu país, logo da morte do presidente, Hugo Chávez.
Pescanova recupera a sua cotizacion na Bolsa, revalorizandose ata un 30% respecto das fortes caidas dos dous ultimos dias // Un erro na súa tramitación e a aplicación da Lei antitransfuguismo frea a moción contra o alcalde nacionalista de Vimianzo, promovida por concelleiros tránsfugas do PSdeG-PSOE, o PP e independentes. 06/03/13
Hoxe sí, a chuvia é protagonista e vén para quedar. Así que os paraugas acompañarannos toda a semana. 06/03/13
Axentes do SVA rexistran novamente ó concello de Santiago para descargar información do departamento de informática, a petición do xulgado de Lugo que instrúe o caso da Operación Pokemon.
Folga na fábrica de armas da Coruña contra o peche e o despedimento dos traballadores. 1.500 empregados das seis factorías de General Dynamics manifestáronse en Madrid. Mellora o comportamento de Pescanova na bolsa, cunha suba das accions do 30 por cento. Numerosos actos e exposicions organizados en Galicia para conmemorar o 150 aniversario de "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro.
A agrupación de cooperativas Alimentos Lácteos parou o envasado de leite na súa factoría de Outeiro de Rei e anunciou un ERE de suspensión temporal de emprego que podería durar varios meses. // A caída do prezo das accións de Pescanova moderouse ao longo da sesión da bolsa de Madrid, logo de que tivera que paralizarse de novo a cotización por mor da avalancha de ordes de venda. O descenso situouse finalmente darredor do 25 por cento. // O TECHNOSPACE, o novo modelo de Citroen que se vai fabricar na planta de Vigo , presentado hoxe á prensa no Salón Internacional de Xenebra,. Nél destaca a reducción das emisións de CO2, que non superarán os 98 gramos por quilómetro, na versión máis eficiente. (05/03/13)
" Cando me decatei xa estaban mortos" dixo esta mañá, no xuízo, Javier Estrada, o home acusado de ter matado a dous nenos de 10 anos, fillos da súa compañeira, coa que vivía. // Pouco máis aclarou o autor confeso do crime, no inicio da vista oral que hoxe comezou. // A empresa de base cooperativa Alimentos Lácteos empezou a negociar unha regulación de emprego cos seus 81 traballadores. (05/03/13)
Pouca choiva de momento nos está a traer a borrasca que sen embargo sí fixo subir os termómetros. O vento sur fará que as máximas hoxe cheguen os 20 graos en Ourense. (05/03/13)
" Cando me decatei xa estaban mortos" dixo esta mañá, no xuízo, Javier Estrada, o home acusado de ter matado a dous nenos de 10 anos, fillos da súa compañeira, coa que vivía. Pouco máis aclarou o autor confeso do crime, no inicio da vista oral que hoxe comezou. A caída do prezo das accións de Pescanova moderouse ao longo da sesión da bolsa de Madrid, logo de que tivera que paralizarse de novo a cotización por mor da avalancha de ordes de venda. O descenso situouse finalmente darredor do 25 por cento. /A empresa de base cooperativa Alimentos Lácteos empezou a negociar unha regulación de emprego cos seus 81 traballadores. / Unha decisión que se coñece despois de que a factoría que tén na localidade lucense de Outeiro de Rei deixase de envasar leite dende o inicio da semana.Busca un plan de financiamento que lle permita a viabilidade, ante a falta de liquidez. / O Celta mereceu máis na súa visita a Sevilla onde se xogaba saír dos postos de descenso. (05/03/13)
O conselleiro de Industria está esperanzado en que os directivos de Pescanova poidan atopar unha saída á crise, e mesmo non descarta a colaboración do goberno galego.
Os traballadores de Navantia aproban un novo calendario de movilizacions e consideran que non vai servir para nada a proposta da dirección e da Sepi de presionar a Bruxelas para levantar o veto á construcción do dique flotante.
A dirección de Alimentos Lácteos, en preconcurso de acreedores. Ós traballadores aplicaráselles un ERE e xa non se recolle o leite. Comenza na Coruña o xuizo contra o autor confeso da morte de dous hirmans xemelgos de dez anos. O home, compañeiro sentimental da nai, enfróntase a unha petición de pena de 50 anos de cárcere. A nai tamén está acusada por maltrato e omisión de socorro.
- Conde Roa sigue pendiente de juicio por un presunto delito de fraude fiscal
- El excaldalde renunció a su cargo en abril de 2012, antes de dejar el PP
O Ex-alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa entraba esta mañá no Xulgado de Lugo para prestar declaración diante da xuíza Pilar de Lara imputado en relación coa denominada "Operación Manga"
O estaleiro vigués Barreras vai comezar a construir o flotel para Pemex antes de que remate abril.
2.033 persoas máis están no paro en Galicia, logo de coñecérense os datos do mes de febreiro. (04/03/13)
Logo dunha fin de semana de ambiente primaveral, xa empezamos a notar o cambio de tempo. Ao longo do día irán entrando nubes que deixarán chuvias, sobre todo, no sur da comunidade. (04/03/13)
Barreras vai iniciar a construcción do flotel para Pemex antes do remate de abril.
O presidente do estaleiro vigués dixo que xa está concluído o proxecto técnico .
No mes de febreiro rexistrouse en Galicia un aumento do paro do cero coma sete por cento. Son dous mil novos desempregados .
Declarou no xulgado o ex alcalde popular de Santiago, Gerardo Conde Roa. Está imputado na Operación Manga que Investiga presuntas irregularides na concesión de servizos municipais. (04/03/13)
O Ex-alcalde de Santiago, Xerardo Conde Roa entraba esta mañá no Xulgado de Lugo para prestar declaración diante da xuíza Pilar de Lara imputado en relación coa denominada "Operación Manga" , relacionada con presuntas fraudes nas concesións e contratos municipais.
A citación de Conde Roa chega menos dun ano despois de que tivera que deixar a alcaldía de Santiago, procesado por un delicto de fraude fiscal
O estaleiro vigués Barreras vai comezar a construir o flotel para Pemex antes de que remate abril. O presidente da factoría confirmou que xa teñen rematado o proxecto técnico.
2.033 persoas máis están no paro en Galicia, logo de coñecérense os datos do mes de febreiro.
O desemprego aumentou, nese mes, na nosa comunidade, un 0.7%. Unha suba menor que a da media de España onde o aumento foi do 1.2%. (04/03/13)
Declara o ex alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, no marco da segunda fase da Operación Pokemon, que investiga as presuntas irregularidades na concesión de contratos públicos. Os tres grupos da oposición no Parlamento piden conxuntamente explicacions ó presidente da Xunta sobre o impacto da corrupción en Galicia.
Pescanova retrasa a súa volta a cotizar na bolsa debido á avalancha de ordes de venda das súas accions. Os empresarios galegos piden apoio prá compañía. O estaleiro vigués de Barreras comenzará a construir o barco de Pemex antes de que acabe abril. O paro sube en Galicia en dúas mil 33 persoas en febreiro. O total de parados chega ós 292.800.
Facemos un repaso pola actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
Falamos con Xosé Manuel Sánchez Aguión, secretario xeral de CCOO en Galicia. Abordamos a aprobación dos novos orzamentos para 2013, a conflictividade social, o problema do paro, a corrupción...