Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Pescanova en preconcurso de acreedores. Na Bolsa de Madrid a súa cotización estivo suspendida toda a mañá. A multinacional galega ten problemas de liquidez para facer fronte ós seus pagos // E outra empresa galega con presencia multinacional, a cervexeira, Estrella Galicia acaba de inaugurar unha ampliaciós da súa fábrica do polígono da Grela da Coruña. (01/03/13)

A multinacional viguesa pescanova acaba de presentar a solicitude de preconcurso de acreedores. A medida anunciada pola empresa estivera precedida pola suspensión de cotización das súas accións na bolsa de Madrid // Estrella Galicia inaugura unha ampliacion da sua fábrica no poligono coruñes da Grela, que lle permitirá dobrar a sua produccion ata os 250 millons de litros de cervexa. Inviste 10 millons de euros // Novagalicia Banco ten unha lista con 131 oficinas que van desaparecer, delas 49 están en Galicia. Ourense é a provincia con máis peches anunciados 18 // 600 brigadistas fixos discontinuos incorpóranse dende hoxe ao servizo de prevención de incendios. Traballarán ata novembro e sumararanse aos 800 efectivos fixos. 01/03/13

A multinacional viguesa pescanova acaba de presentar a solicitude de preconcurso de acreedores. Estrella Galicia inaugura unha ampliacion da sua fábrica da Coruña que lle permitirá dobrar a sua produccion ata os 250 millons de litros de cervexa // 600 brigadistas fixos discontinuos incorpóranse dende hoxe ao servizo de prevención de incendios. 01/03/13

As intensas xeadas voveron a ser as protagonistas das horas nocturna. As baixas temperaturas e o ambiente anticiclónico mantiveron, un día máis as baixas temperaturas, que van ir subindo, tanto no interior coma na costa. 01/03/13

Pescanova presenta preconcurso de acreedores. Ten suspendida a cotización en bolsa. Oposición ó peche de sucursais de Novagalicia Banco no rural galego. O ano pasado cada día 30 mulleres perderon o seu emprego en Galicia, segundo a CIG.

O PIB, a riqueza de Galicia contraeuse durante o ano pasado o 1,2, dúas décimas menos que a do conxunto da economía española. E outro dato. A nosa comunidade rematou 2012 cun déficit do 1,19 por cento, cumprindo o obxectivo marcado polo Goberno, que era do un e medio. // Toxinas mariñas, como as que provocan as mareas vermellas, para tratar o alzheimer o algún tipo de cancro. É o resultado dunha investigación europea, na que participa a Universidade de Santiago e a Asociación de fabricantes de conservas, na que xa están interesadas as multinacionais farmacéuticas. // En liberdade con cargos o profesor de Ferrol denunciado por amordazar a unha nena e pedirlles aos alumnos que lle masaxearan os pés. Esta mañá foi detido e posto a disposición do xulgado nº 3 da cidade a raíz das denuncias presentadas na policía polos pais dos cativos de terceiro de primaria do colexio Isaac Peral de Ferrol. 28/02/13

Unhas 200.000 persoas en Galicia son vítimas de enfermidades raras. Moitas doenzas diferentes, pouco coñecidas, e que afectan cada unha a unha pequena parte da poboación. // O PIB, a riqueza de Galicia contraeuse durante o ano pasado o 1,2, dúas décimas menos que a do conxunto da economía española. // Toxinas mariñas, como as que provocan as mareas vermellas, para tratar o alzheimer o algún tipo de cancro. É o resultado dunha investigación europea. // Bieito dezaseis deixa esta tarde o seu Pontificado e pasa a ser Papa emérito. Nos lembramos á sua breve estancia en Galicia en novembro de 2010. // Primeira aparición pública de Xosé Luís Méndez Ferrín, o Presidente da Real Academia Galega, logo de presentar o pasado luns a súa demisión. 28/02/13

Unhas 200.000 persoas en Galicia son vítimas de enfermidades raras. // O PIB, a riqueza de Galicia contraeuse durante o ano pasado o 1,2. // Toxinas mariñas, como as que provocan as mareas vermellas, para tratar o alzheimer o algún tipo de cancro. // Lembramos a estancia de Bieito XVI en Galicia en 2010. // Primeira aparición pública de Xosé Luís Méndez Ferrín logo de presentar a súa demisión. 28/02/13

Ceos pouco nubrados ou alternando nubes e claros, sen descartar algunha precipitación débil e illada en puntos do Norte de Lugo. Cota de neve nos 700-800 metros. Ventos do Nordés, moderados no litoral e entre frouxos e moderados no interior. Temperaturas sen cambios importantes. 28/02/13

Galicia está entre as once autonomías que cumpren o déficit, cun 1' 19 por cento, por baixo do punto e medio estipulado como máximo. Núñez Feijoo destaca a solvencia das contas da comunidade. O producto interior bruto de Galicia caeu o 1' 2 por cento o ano pasado, dúas décimas por baixo da media estatal.

Destacados intelectuais e académicos pídenlle a Xosé Luis Méndez Ferrín que reconsidere a súa decisión de deixar a presidencia da Real Academia Galega. Esta tarde, reunión da comisión executiva do Ps de G-Psoe. O presidente do partido e alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, amósase a prol dunha candidatura conxunta entre o responsable do Psoe lugués Xosé Ramón Gómez Besteiro e o ex ministro de Fomento José Blanco. Por certo que no caso Campeón, o xuiz da tres días á Unidade Central de Delincuencia Económica pra investigar as obras na casa e as contas de Blanco.

Os ministros de Pesca da Unión Europea acordan acabar progresivamente cos descartes, con excepcións do sete por cento. Para o sector o acordo ten cousas positivas, pero non resolve o problema. Só a flota do Gran Sol terá que traer a terra once mil toneladas anuais de peixe que non quería pescar. // É un negocio en expansión en tempos de crise, pero non todo reloce. Unha campaña de control do Instituto Galego de Consumo detectou irregularidades no 83 por cento dos establecementos de compra venda de ouro inspeccionados, que na maior parte foron correxidas posteriormente. // A Consellería de Educación aparta temporalmente do servizo e investiga a un profesor dun colexio de Ferrol, ao que denunciaron varios pais por comportamentos estraños nas aulas. Din que o profesor lles contaba historias violentas aos alumnos e lles pedía que lle fixeran masaxes nos pés. 27/02/13

Os ministros de Pesca da Unión Europea acordan acabar progresivamente cos descartes, con excepcións do sete por cento. // A Consellería de Educación aparta temporalmente do servizo e investiga a un profesor dun colexio de Ferrol, ao que denunciaron varios pais por comportamentos estraños nas aulas. // A Confederación de Empresarios de Galicia pídelle ao Ministerio de Fomento que o AVE chegue a Ourense polo trazado previsto polo goberno socialista. // Unha campaña de control do Insituto Galego de Consumo detectou irregularidades no 83 por cento dos establecementos de compra venda de ouro inspeccionados. // A camelia, protagonista dunha ruta turística na que estes días se especializa un grupo de guías galegos.Un percorrido por 12 xardins nos que loce esta flor. 27/02/13

Os ministros de Pesca da Unión Europea acordan acabar progresivamente cos descartes. // A Consellería de Educación aparta temporalmente do servizo e investiga a un profesor denunciado por varios pais. // A CEG pide a Fomento que o AVE chegue a Ourense polo trazado previsto. // Irregularidades no 83 por cento dos establecementos de compra venda de ouro inspeccionados. // A ruta da camelia. 27/02/13

Alternancia de nubes e claros con algunha precipitación illada, máis probable nas provincias de Ourense e Lugo. Cota de neve entre os 500 e os 700 metros. Ventos do Nordés, fortes no litoral e nas zonas altas e moderados no resto, con sensación térmica de frío máis intensa que nas xornadas anteriores. Temperaturas sen cambios significativos ou en ascenso lixeiro. 27/02/13

O presidente da Xunta comprometeuse a extirpar calquera comportamento corrupto nas institucions. A oposiciçon acusao de ser complice de presuntas actuacions irregulares de membros do seu partido.

Os armadores reciben como un xarro de auga fria o acordo da Union Europea de reducir os descartes na pesca. Inspeccion de Educacion abre un expediente disciplinario o profesor do colexio de Ferrol, acusado polos pais de comportamentos abusivos. Vai ser sustituido de inmediato.

Novacaixagalicia e a Xunta recorren a resolución do FROB que deixou en cero a participación dos investidores privados e a da caixa no banco. Tamén hoxe o Fondo de reestruturación bancaria abriu o proceso para poxar o Banco gallego, que o FROB valora en menos 150 millóns de euros. // Sorpresa na cultura galega e nos propios académicos pola decisión de Xosé Luis Méndez Ferrín de renunciar á presidencia e tamén como membro numerario da Real Academia Galega. Un sector dos académicos denuncia manobras desde dentro e fóra da institución contra el. // Cada ano preséntanse en Galicia unhas 2.000 denuncias por violencia de xénero. Para tentar reducir esa cifra a Universidade de Santiago e a Fiscalía colaborarán nun estudo sobre as súas causas e incidencia a partir da análise dos expedientes xudiciais dos últimos oito anos. 26/02/13

Sorpresa na cultura galega e nos propios académicos pola decisión de Xosé Luis Méndez Ferrín de renunciar á presidencia e tamén como membro numerario da Real Academia Galega. // Continúa na Audiencia da Coruña o xuízo contra os donos dun xeriátrico de Serra de Outes acusados de estafar de xeito continuado a anciáns que tiñan na súa residencia. // A Universidade e a Xustiza únense para investigar a fondo a violencia de xénero en Galicia. A Fiscalía porá a disposición dos investigadores os expedientes deste tipo de violencia dos últimos oito anos. // Buscan aumentar o número de doazóns de órganos nos servizos de urxencias. // Un popular portal de viaxes de internet di que é un dos mellores areais do mundo, e o máis valorado de España polos seus visitantes. É a praia das Catedrais, en Ribadeo, na mariña de Lugo. // Rosendo Cid: "Mentres tanto, a lóxica do obxecto". 26/02/13

Sorpresa na cultura galega pola renuncia de Xosé Luis Méndez Ferrín. // Xuízo contra os donos dun xeriátrico de Serra de Outes. // A Universidade e a Xustiza únense para investigar a fondo a violencia de xénero en Galicia. // Buscan aumentar o número de doazóns de órganos nos servizos de urxencias. // A praia das Catedrais. // Rosendo Cid: "Mentres tanto, a lóxica do obxecto". 26/02/13