Denuncias xudiciais de preferentistas por internet e en xulgados especiais // Intermediarán cos bancos para compensar con inmobles aos preferentistas // Economía galega: mellora transitoria // Luis Enrique: ¿o Barça non me chamou¿ // Os Bolechas ¿fan¿ o Camiño. 23/07/13
O mércores as temperaturas subirán durante o día. 23/07/13
Antonio Fontenla, presidente dos empresarios galegos, renuncia a presentarse de novo ás elecións para o cargo // Un grupo empresarial peruano merca a fábrica de Tablicia, en Nadela, e pensa darllle de novo ocupación ao cento de traballadores que levan un ano sen actividade // O Celta, pendente de se Luis Enrique vai adestar o Barcelona. 22/07/13
Antonio Fontenla non se volverá presentar á reeleción á presidencia dos empresarios galegos, logo de 3 mandatos consecutivos á fronte. Anunciouno hoxe nunha comparecencia na que acusou ao candidato José Manuel Fdz. Alvariño de presentarse para defender intereses particulares // Os máis de cen exempregados de Tablicia, en Nadela (Lugo), ata agora en proceso de liquidación, ven con esperanza aos compradores, os peruano de Representacions Martín, que teñen previsto retomar a fabricación de taboleiros de aglomerado na factoría, despois dun ano sen actividade // Na reunión sobre as bonificacións fiscais ou tax leaseá construcción de barcos , os representantes do sector naval pídenlle ao Goberno axilidade para definir qué cantidade de bonificacións deben devolverse e en qué prazos // Luis Enrique non fai de momento declaración, pero os seus xogadores din que non ven nel ningún sinal que lles indique que vaia marchar. 22/07/13
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, non se presenta á reeleción // Un grupo empresarial peruano merca a fábrica de Tablicia en Nadela, Lugo, nunha poxa xudicial // Renuión esta tarde do Ministerio de Industria con empresarios, sindicatos e comunidades autónomas para buscar unha resposta conxunta á resolución de Bruxelas, que obriga a devolver as axudas fiscais aos estaleiros desde 2007 // Escolares fillos e netos de emigrantes percorren a vía da prata desde Ourense e Santiago // O Celta, pendente da sorte do seu adestrador, Luis Enrique, que soa coma substituto de Tito Vilanova no Barça. O Real Madrid xogará o próximo Teresa Herrera, un Madrid, que virá de balde a Coruña. 22/07/13
Mañá martes teremos un día moi parecido ao de hoxe. As temperaturas máximas baixarán algo. 22/07/13
- Detectan transferencia de ozono del norte de Portugal hacia Galicia
- El ozono contamina el aire por emisiones locales y transfronterizas
- Los investigadores instan a Portugal y España a reducir este tipo de polución
- Las primarias de los socialistas gallegos se celebrarán el 7 de septiembre
- Suenan dos nombres: Manuel Vázquez y José Ramón Gómez Besteiro
O secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, non vai ser candidato nas primarias para elexir ao novo titular do cargo. Unha decisión que acaba de facer pública tras varios meses sen despexar a incógnita que el mesmo abrira a raiz da notable perda de votos da formación nas eleccións autonómicas do pasado outono, cando dixera que lle ía devolver o protagonismo á militancia.
Hoxe remata o primeiro prazo para que se matriculen os 12 mil alumnos galegos que aspiran a praza nalgunha das 141 titulacións que ofrecen as nosas universidades.A máis demandada é medicina, para a que a nota requerida é de máis de doce puntos sobre un máximo posible de 14. Outras coma odontoloxía e fisioterapia requiren tamén máis de 11 puntos.
O Celta comeza hoxe unha concentración de nove días en Melgaço, na outra beira do Miño, para completar a integración no equipo das últimas fichaxes e aprender as novas tácticas coas que Luis Enrique quere reforzar o xogo ofensivo do conxunto celeste. Os futbolistas aseguran que é moi bo o ambiente no vestiario, e tamén agradecen a cercanía da afección. (19/07/13)
A previsión anuncia un lixeiro refrescamento para as próximas datas e o domingo mesmo haberá alternancia entre nubes e claros. (19/07/13)
O secretario Xeral dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, non vai ser candidato nas primarias para elexir ao novo titular do cargo.
Hoxe remata o primeiro prazo para que se matriculen os 12 mil alumnos galegos que aspiran a praza nalgunha das 141 titulacións que ofrecen as nosas universidades.
O Celta comeza hoxe unha concentración de nove días en Melgaço, na outra beira do Miño, para completar a integración no equipo das últimas fichaxes. (19/07/13)
- Lo ha confirmado este viernes tras meses sin despejar esta incógnita
- Dice que busca cumplir su compromiso de renovación del partido
Os estaleiros privados con actividade voltaron hoxe ao traballo con normalidade, logo de coñecida xa a decisiòn da Comisión Europea sobre a devoluciòn das axudas fiscais.Namentres Os sindicatos do sector instan ao Goberno a resolver este mesmo mes os requerimentos de Bruxelas sobre a devolución para que se poidan concretar con seguridade xurídica os contratos que están negociando os estaleiros.
Os servizos xurídicos do goberno español estudan xa a presentación dun recurso contra a resolución europea sobre o tax lease. Anunciouno o Ministro de Industria que tamén lle pediu á Uniòn Europea apoio para un sector vital para a nosa economía e defendeu que actuou sempre conforme ao principio de seguridade xurídica
Pesar na clase politica polo falecemento de Anxo Guerreiro, aos 67 anos de idade, logo de pasar uns ultimos anos enfermo. Geluco, como tamen se lle coñecia,é unha figura historica da politica galega. Como representante do partido comunista participou na comisión que redactou o Estatuto de Autonomía de Galicia e foi deputado no Parlamento galego en dúas lexislatura. (18/07/13)
A calor continua hoxe con temperaturas máximas que na coruña ou Vigo rondarán os 25 graos. Mentres no interior superarán os trinta graos coma en Lugo e Ourense onde poden acadar os 37graos. (18/07/13)
Os estaleiros privados con actividade voltaron hoxe ao traballo con normalidade, logo de coñecida xa a decisiòn da Comisión Europea sobre a devoluciòn das axudas fiscais.
Os servizos xurídicos do goberno español estudan xa a presentación dun recurso contra a resolución europea sobre o tax lease.
Pesar na clase politica polo falecemento de Anxo Guerreiro, aos 67 anos de idade. (18/07/13)