Reunión hoxe en Vigo do Presidente da Xunta coa patronal afectada pola ameaza de devolución das axudas fiscal á construcción de Barcos. Núñez Feijóo pídelle ao presidente do Goberno Mariano Rajoy que se entreviste co da Comisión europea Durao Barroso, antes do próximo día 17, cando se vai tomar a decisión definitiva // Presentado en Vigo un exemplar único da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. A peza, de gran valor, inclúe unha fotografía da escritora non coñecida ata agora, ou un autógrafo cós primeiros versos da obra // Ortigueira está xa tomada por milleiros de mozos. Ata o vindeiro domingo disfrutarán da 29 edición deste festival no que van actuar bandas procedentes de media ducia de países. Esta noite farano grupos galegos e irlandeses e mañá os míticos Gwendall, da Bretaña. 12/07/13
Reunión hoxe en Vigo do Presidente da Xunta coa patronal afectada pola ameaza de devolución das axudas fiscal á construcción de Barcos. Núñez Feijóo pídelle ao presidente do Goberno Mariano Rajoy que se entreviste co da Comisión europea Durao Barroso, antes do próximo día 17, cando se vai tomar a decisión definitiva // Presentado en Vigo un exemplar único da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. A peza, de gran valor, inclúe unha fotografía da escritora non coñecida ata agora, ou un autógrafo cós primeiros versos da obra. É dos poucos textos manuscritos que se conservan de Rosalía, pois mandou queimar os seus documentos antes de morrer // Santiago acollerá o ano que ven o primeiro congreso mundial de peregrinacions, organizado pola Organizacion mundial do turismo, dependente da ONU. Ata Compostela chegarán expertos das distintas rotas de peregrinacion que hai no mundo. 12/07/13
Núñez Feijóo pídelle ao presidente do Goberno Mariano Rajoy que se entreviste con Durao Barroso, antes do próximo día 17, cando se vai tomar a decisión definitiva sobre o ¿tax lease¿ // Presentado en Vigo un exemplar único da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. Santiago acollerá o ano que ven o primeiro congreso mundial de peregrinacions. 12/07/13
E este venres o máis chamativo da previsión do tempo é a alerta amarela en toda Galicia salvo na costa por treboadas. Tronadas que irán aparecendo o avanzar a tarde. Onte polo sur de Galicia detectáronse case 700 raios. 12/07/13
- Deberá indemnizar a sus dos hijos con 125.000 euros
- Y a los padres de la víctima con 30.000 euros
- El 016 es el número de atención a las víctimas, no deja rastro en la factura
Decepción na delegación española tras entrevistarse en Bruxelas co Comisario da Competencia, Joaquín Almunia. O mandatario europeo insistíu en que o tax lease español dende o 2005 debe ser devolto, ainda que non polos estaleiros nen os armadores, pero sí polos inversores financeiros // Últimas horas de prazo para que os clientes de NovagaliciaBanco con participaciòns preferentes ou subordinadas llas vendan ao Fondo de Garantía de Depósitos e recuperen así unha parte do capital. Abre esta tarde algo máis de 130 oficinas, repartidas por toda Galicia para que os afectados poidan realizar as súas peticións. 11/07/13
Decepción na delegación española tras entrevistarse en Bruxelas co Comisario da Competencia, Joaquín Almunia. O mandatario europeo insistíu en que o tax lease español dende o 2005 debe ser devolto, ainda que non polos estaleiros nen os armadores, pero sí polos inversores financeiros // Pescanova ten un burato patrimonial superior aos 920 millons de euros. E unha débeda de case 3300 millons que a dirección puido tentar agochar con prácticas contables irregulares. Son conclusións do infome forense realizado pola auditora que investiga as contas da compañía que hoxe lle foi presentado ao Consello de Administración // O Consello da Xunta aprobou un plan de apoio á inspección de traballo para aumentar nun 20% a vixiancia da economía sumerxida. Perseguirá o traballo non declarado. Tamén acordou presentarse coma acusación particular nos casos de violencia de xénero cando haxa vítimas mortais. Foi nunha reunión encabezada polo Vicepresidente Alfonso Rueda, ao atoparse Núñez Feijóo de viaxe en Bruxelas. 11/07/13
Decepción na delegación española tras entrevistarse en Bruxelas co Comisario da Competencia, Joaquín Almunia // Pescanova ten un burato patrimonial superior aos 920 millons de euros // O Consello da Xunta aprobou un plan de apoio á inspección de traballo para aumentar nun 20% a vixiancia da economía sumerxida. Perseguirá o traballo non declarado. 11/07/13
Seguimos co tempo calcado ao de onte con sol, algunahas néboas polo litoral. En alerta amarela continua o val do miño en ourense onde de novo poderían chegar os 38 graos hoxe. 11/07/13
Quedou visto para sentenza o xuizo pola catástrofe do Prestige que se estivo desenvolvendo na Coruña, nun recinto especial para a ocasión. Nove meses de vistas con máis de dúas mil partes personadas, medio cent de abogados e nas que declararon dous centos de testemuñas e peritos // Segue a presión do sector naval para que Bruxelas mude o informe que obrigaría a devolver o tax lease. Os sindicatos dín que, dentro dun ano, poderían estar traballando seis mil persoas dentro dos estaleiros en troques dos oitocentos actuais, se a resolución é favorable // Presentouse no porto pontevedrés de Vilanova de Arousa o punto de saída da Volta Ciclista a España, que partirá das Rias Baixas o 24 de agosto. 10/07/13
Quedou visto para sentenza o xuizo pola catástrofe do Prestige que se estivo desenvolvendo na Coruña, nun recinto especial para a ocasión. 9 meses de vistas con máis de dúas mil partes personadas, medio cent de abogados e nas que declararon dous centos de testemuñas e peritos. A sentenza que se agarda para o outono, terá que dilucidar quen se fará cargo dos danos que provocou a maior marea negra na historia do noso país // Segue a presión do sector naval para que Bruxelas mude o informe que obrigaría a devolver o tax lease. Os sindicatos dín que, dentro dun ano, poderían estar traballando 6000 persoas dentro dos estaleiros en troques dos oitocentos actuais, se a resolución é favorable // A Xunta paraliza o proxecto de explotación da mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, onde pretende levala a cabo a empresa canadiana EdgeWater. A administración galega non da por bó o proxecto dos promotores mentres non cumpra os requerimentos técnicos e económicos. 10/07/13
Quedou visto para sentenza o xuizo pola catástrofe do Prestige que se estivo desenvolvendo na Coruña // Segue a presión do sector naval para que Bruxelas mude o informe que obrigaría a devolver o tax lease // A Xunta paraliza o proxecto de explotación da mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto, no municipio coruñés de Cabana de Bergantiños. 10/07/13
- El juicio ha quedado visto para sentencia
- "Es obvio que hay más responsables políticos y no políticos", añade
- Los acusados han agradecido el "impecable" desarrollo del juicio
- El juicio se ha desarrollado en 89 sesiones a lo largo de 8 meses
Parece que teremos un pequeno respiro fronte a vaga de calor, a retirada da masa de aire cálido deixa paso ao aire marítimo. Pero segue a ainda vai seguer o bon tempo. 10/07/13
A calor destes últimos días empeza a darnos unha tregua. A pasada noite xa comezou a entrar aire marítimo que refrescou o ambiente, sobre todo nas zonas costeiras de toda a comunidade. A Xunta levantou a alerta por vaga de calor e as comarcas do interior, onde os termómetros ainda están altos, pola noite, tamén vai refrescar // A documentacion incautada aos 4 galegos detidos na operación contra a pedofilía e pornografia infantil en internet descubre os plans que tentaban levar a cabo contra menores. O delegado do goberno Samuel Juarez di que as detencions permitiron evitar as "barbaridades" que proxectaban. Podería haber mais arrestos // O xuízo polo accidente do Prestige chega ao seu remate. Hoxe desenvólvese no recinto de ExpoCoruña a penúltima xornada da vista na que o avogado da empresa propietaria do petroleiro tratou de argumentar que o estado pretendeu presentarse coma vítima do sinistro. 09/07/13
A calor destes últimos días empeza a darnos unha tregua. A pasada noite xa comezou a entrar aire marítimo que refrescou o ambiente, sobre todo nas zonas costeiras de toda a comunidade. A Xunta levantou a alerta por vaga de calor e as comarcas do interior, onde os termómetros ainda están altos, pola noite, tamén vai refrescar // A documentación incautada aos 4 galegos detidos na operación contra a pedofilía e pornografia infantil en internet descubre os plans que tentaban levar a cabo contra menores. O delegado do goberno Samuel Juarez di que as detencions permitiron evitar as "barbaridades" que proxectaban // O xuízo polo accidente do Prestige chega ao seu remate. Hoxe desenvólvese no recinto de ExpoCoruña a penúltima xornada da vista na que o avogado da empresa propietaria do petroleiro tratou de argumentar que o estado pretendeu presentarse coma vítima do sinistro. Para mañá está prevista a intervención final da defensa do Ex-Director Xeral da Maríña Mercante, José Luis López Sors. 09/07/13