Hoxe estamos baixo a influencia dunha profunda borrasca cunha fronte fría que pasa sobre Galicia e deixará precipitacións intermitentes ata media tarde. O vento segue soprando forte no litoral e nas zonas altas do interior, sobre todo agora nas horas centrais do día. 12/02/14
Levantado o segredo sobre a totalidade do sumario da operación Pokemon que investiga unha presunta trama de corrupción que afecta a varios concellos galegos // As partes poderán agora coñecer os motivos para as imputacións, entre as que figuran as dos alcaldes de Santiago e Lugo e varios concelleiros de diversas localidades // Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas crecidas. Case todos superan o 90% da súa capacidade, logo das intensas precipitacións dos últimos días. O temor è que as chuvias previstas para o remate da semana poidan ocasionar problemas en zonas coma a ourensá de Ribadavia // Nas próximas horas prestarán declaración ante o xuiz as dúas mulleres e o home arrestados en relación coa morte dun ancián en Poio, en Pontevedra. As presuntas asasinas son as súas coidadoras. A policía sospeita que mataron a Secundino Prego, de 84 anos, para cobrar a súa herdanza. 11/02/14
- Investiga una supuesta trama de sobornos de empresas a políticos
- La jueza, Pilar de Lara, levanta sobre los 120 tomos que componen la causa
Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas precipitacións. Case todos superan o 90% da súa capacidade, logo das intensas precipitacións dos últimos días. O temor è que as chuvias previstas para o remate da semana poidan ocasionar problemas en zonas coma a ourensá de Ribadavia // Chuvia e ventos de ata 133 kilómetros por hora que provocaron o desprendemento dun cartel informativo na Avenida Alfonso Molina, o principal acceso á cidade da Coruña. O incidente obrigou a cortar dous carrís ao tráfico durante varias horas, provocando grandes retencións // O parlamento inicia a tramitación lexislativa para reducir de 75 a 61 os escanos da cámara autonómica. A iniciativa, aprobada só cos votos do PP, contou co rexeitamento unánime da oposición. 11/02/14
Os encoros galegos alivian auga, á espera de novas precipitacións // A choiva e ventos de ata 133 kilómetros por hora que provocaron unha ringleira de desperfectos na Coruña // O parlamento inicia a tramitación lexislativa para reducir de 75 a 61 os escanos da cámara autonómica. 11/02/14
Unha fronte fría atravesa Galicia. Deixou chuvias xeneralizadas e persistentes. Co avance do día os ceos quedarán anubrados. A cota de neve subiu aos 1.200 metros. 11/02/14
Unha enorme lagoa volve ocupar a paisaxe da Limia, en Ourense. O instituto de Xinzo suspendeu hoxe as clases, logo de que a súa planta baixa quedase anegada, igual que outros edificios da localidade // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, onde uns 4.300 alumnos quedaron sen clase ao non poderen chegar aos centros escolares // Comezou na audiencia provincial de Ourense o xuizo polo asasinato dun conductor de autobus en Verin en setembro de 2011. Están acusados un sicario, ao que terian contratado a muller da vitima, a sua filla e o mozo desta. 10/02/14
Unha enorme lagoa volve ocupar a paisaxe da Limia, en Ourense. É un dos efectos que se poden apreciar ainda hoxe, das intensas choivas da fin de semana. O instituto de Xinzo suspendeu hoxe as clases, logo de que a súa planta baixa quedase anegada, igual que outros edificios da localidade // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense, onde uns 4.300 alumnos quedaron sen clase ao non poderen chegar aos centros escolares // Promocionar a marca Galicia como destino unificado. É o obxectivo do plan turístico coa que a Xunta quere que a comunidade gañe un 5,7% máis de visitantes nos próximos tres anos // O celta recibe esta noite ao Athletic de Bilbao. En segunda, o Deportivo cédelle o liderado ao Eibar tras perder pola mínima ante o Murcia. E o Lugo prolonga a súa serie de bo resultados cunha vitoria no Anxo Carro fronte ao Zaragoza. 10/02/14
Seguen os anegamentos de zonas próximas aos ríos e en Xinzo obrigaron a pechar un instituto // A cota de neve chegou a baixar hoxe ata aos 400 metros, sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense // Promocionar a marca Galicia como destino unificado. É o obxectivo do plan turístico presentado pola Xunta. 10/02/14
Arranca outra semana de borrascas e chuvias.Nas próximas horas chegará outra fronte dende o Atlántico, o que vai provocar un aumento da intensidade do vento e novas precipitaciòns. 10/02/14
Una parte de la costa norte ha estado y seguirá en alerta máxima durante las próximas horas por el fuerte oleaje. En San Sebastián se han cortado algunas calles como medida de protección.
Nuevo temporal tiene en alerta roja a gran parte del Cantábrico, desde Cantabria y Asturias, donde se esperan olas de más de 10 metros, a Lugo y A Coruña.
A construción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso, co corte simbólico de chapa que se levou a cabo nas instalacións de Barreras en Vigo. Tamén en Ferrol se lle deu saída á construcción do que se vai facer en Navantia // Nunhas horas estaremos de cheo baixo os efectos dun novo temporal. A borrasca Ruth está a chegar cando aínda se reparan estragos das últimas cicloxéneses que nos barreron esta semana // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás. 07/02/14
Parece el mar pero es el Miño a su paso por Ourense. Desde que comenzó el año, el caudal de los ríos gallegos es un 60 por ciento más alto de lo habitual.
A construcción en estaleiros galegos de dous hoteis flotantes para a petroleira mexicana PEMEX deu hoxe o seu primeiro paso, co corte simbólico de chapa que se levou a cabo nas instalacións de Barreras en Vigo. Tamén en Ferrol se lle deu saída á construcción do que se vai facer en Navantia // Nunhas horas estaremos de cheo baixo os efectos dun novo temporal. A borrasca Ruth está a chegar cando aínda se reparan estragos das últimas cicloxeneses que nos barreron esta semana // Empeza a remitir a incidencia da gripe en Galicia. Os expertos consideran que xa se está superando o pico máximo rexistrado estes días atrás. A enfermidade mantén ingresados hoxe a 144 pacientes na nosa comunidade // Pescadores do cerco de toda Galicia maniféstanse en Santiago para pedir que se anulen os criterios de reparto para a captura da xarda. Queren que se faga un reparto lineal por tripulante, e non en base ao tamaño dos buques. 07/02/14