Programa especial emitido dende Lalín (Pontevedra) para toda España co gallo do 20 aniversario de Radio 5 Todo Noticias.
Apartado das súas funcións no Goberno Municipal o concelleiro da localidade pontevedresa de Nigrán que levaba o departamento de Vías e Obras que foi o único cargo Público detido na operaciòn "Patos" contra unha presunta trama de corrupción // O expresidente do Banco Pastor Jose Maria Arias Mosquera e o ex conselleiro delegado Jorge Gost terán que declarar mañá nun xulgado da Coruña para responder á querela interposta por un pequeno accionista que os acusa de ter falseado as contas da entidade nos exercicios 2008,2009 e 2010 mediante unha trama financeira con sociedades das que o banco pastor era propietario // Comezaron as obras para reparar os desperfectos causados polos temporais e evitar, que se veñen outros novos, causen danos. Nas praias coruñesas de Riazor e O Orzán as máquinas preparan un valo de area da mesma altura que o paseo marítimo que evite que as ondas e a area invadan a zona peonil e mesmo a calzada. 24/02/14
Comezaron as obras para reparar os danos causados polos temporais. Nas praias coruñesas de Riazor e O Orzán as máquinas preparan un valo de area da mesma altura que o paseo marítimo que evite que as ondas e a area invadan a zona peonil e mesmo a calzada, tal como sucedeu varias veces este inverno // Apartado das súas funcións no Goberno Municipal o concelleiro da localidade pontevedresa de Nigrán que levaba o departamento de Vías e Obras que foi o único cargo Público detido na operaciòn "Patos" contra unha presunta trama de corrupción // Anova, a formación que lidera Xosé Manuel Beiras, irá ás próximas eleccións europeas integrada nas listas de Esquerda Unida. A decisión foi adoptada por votación entre os militantes, na que a opción gañadora logrou once votos máis que a outra, que apostaba por unha coalición con outras forzas nacionalistas. 24/02/14
Comezaron as obras para reparar os danos causados polos temporais. // Apartado das súas funcións no Goberno Municipal o concelleiro da localidade pontevedresa de Nigrán que levaba o departamento de Vías e Obras // Anova, a formación que lidera Xosé Manuel Beiras, irá ás próximas eleccións europeas integrada nas listas de Esquerda Unida. 24/02/14
Estamos hoxe nunha situación de transición, agardando unha nova fronte que chegará na vindeira noite. Ainda así en moitas zonas non nos libramos de algúns orballos ocasionais. 24/02/14
- Declaración de Aragón, Asturias, Extremadura, Galicia y las dos Castillas
- El coste de los servicios públicos se encarece por estas variables
- Los deterioros han afectado a unos 100 municipios costeros
- Lo ha asegurado el ministro del Interior en una rueda de prensa
- Se concederán deducciones fiscales a los que sufrieron daños personales
A operación Patos contra a corrupción iniciouse hai máis dun ano a raíz da denuncia dunha empresa competidora contra Cespa e Eiriña, as principais firmas implicadas. O Delegado do Goberno propuxo hoxe medidas para medir a eficiencia da administración de xustiza, co fin de mellorala // 131 persoas seguen ingresadas en Hospitais galegos afectados de gripe. 31 delas na UCI.Dende hai un mes 23 persoas perderon a vida a causa deste andazo que aínda nos vai seguir afectando outras tres semanas, segundo os cálculos do Servizo Galego de Saúde // Desde mañá e ata o próximo 21 de marzo xa se pode facer a solicitude de praza nas escolas infantís a Galiña Azul do próximo curso para menores de tres anos. As listas provisionais de admitidos publicaranse o 2 de maio e as definitivas o 27 dese mesmo mes. 21/02/14
O tempo vainos dar unha tregua durante esta fin de semana. Será a primeira de bo tempo tras dous meses seguidos de borrascas. Soben as temperaturas e sobre todo na tarde de mañá locirá o sol en practicamente toda Galicia // O Delegado do goberno en Galicia propón medir a eficiencia da Xustiza para mellorala. Samuel Juárez cre que sería de interese público saber que xuíces conseguen instruír e xulgar máis casos ou cantos dos imputados resultan finalmente condenados // A mulleres cobran de media un 23 por cento menos que os homes en Galicia. Ademais, a diferenza de retribución entre sexos, lonxe de desaparecer, ten aumentado coa reforma laboral. Así o recolle un informe de UGT, ante o día pola igualdade salarial entre homes e mulleres. 21/02/14
O tempo vainos dar unha tregua durante esta fin de semana // Delegado do goberno en Galicia propón medir a eficiencia da Xustiza para mellorala // A mulleres cobran de media un 23 por cento menos que os homes en Galicia. 21/02/14
De cara á fin de semana vai seguir progresando a melloría que notamos nas últimas horas, sobre todo na tarde de mañá sábado. 21/02/14
A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros destinado aos 95.000 mozos galegos menores de 30 anos que están no paro. O plan fai especial fincapé nos 30 mil mozos con menor formacion // Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa, a lomce, e contra os recortes na educación. Nalgunhas das concentracións, coma na de Santiago, algúns manifestantes romperon cristais e lanzaron ovos e pintura en caixeiros bancarios e escaparates de comercios // O Partido Popular abriulle un expediente informativo ao concelleiro de obras de Nigrán en Pontevedra, o único cargo público detido na operación "Patos" contra unha presunta rede de corrupción en contratos municipais. 20/02/14
Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa, a lomce, e contra os recortes na educación // O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde,convocou con urxencia este mediodía ao seu grupo de goberno para avaliar a situación, tras o rexistro efectuado na casa consistorial e a imputación do concelleiro de Obras // A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros destinado aos 95.000 mozos galegos menores de 35 anos que están no paro. O plan fai especial fincapé nos 45.000 mozos con menos ou ningunha formacion // O consello tamen aprobou a ultima actuacion prevista para construir a depuradora da ria de vigo, para que estea en funcionamento o ano que vén. 20/02/14
Unha nova borrasca acaba coa tregua que nos dera o mal tempo. Unha fronte fría cruzou a comunidade nas primeiras horas da mañá deixando choivas xeneralizadas. 20/02/14
Estudantes de secundaria e da universidade maniféstanse hoxe nunha vintena de localidades galegas contra a lei de mellora da calidade educativa // O alcalde de Nigrán, o popular Alberto Valverde, analizou co seu goberno a imputación do concelleiro de Obras // A Xunta aproba un plan de emprego xuvenil dotado con 100 millons de euros. 20/02/14