- Los detenidos son un concejal de Nigrán (Pontevedra) y cuatro empresarios
- La causa permanece bajo secreto en espera de los informes que se hagan
A Xuiza que instrue o sumario da operación Patos, sobre presuntas adxudicacións irregulares de contratos públicos, deixou en libertade con cargos aos cinco detidos. Entre eles o concelleiro de Nigrán José Alvarez Valverde, único político implicado polo de agora // Inauguradas unhas novas instalacións do Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia, o CTAG, no Porriño. Custaron uns dez millóns de euros e servirán para aumentar a capacidade de investigación do centro en electrónica e e sistemas intelixentes de transporte. Mellora tamén a súa capacidade para facer ensaios e validacións de novos proxectos e productos para o sector do automóbil. 19/02/14
Empezaron a prestar declaración no xulgado de Vigo os cinco detidos na chamada operación "patos" contra unha presunta trama de corrupción na concesión de obras e servizos nos concellos galegos // Primeiro día sen alertas meteorolóxicas, logo da sucesión de profundas borrascas que nos vén afectando dende antes do nadal. Nestes case dous meses os avisos acadaron en oito ocasións o nivel vermello, case sempre polo vento e a forte oleaxe, pero tamén houbo situacións problemáticas por intensas choivas e por nevaradas // A Audiencia Provincial de Ourense condena aos catro xulgados polo crime do chofer asasinado en Verín. A muller e a filla da víctima recibiron penas de 20 anos de cárcere cada unha. O sicario portugués ao que contrataron para a agresión foi condenado a 22 anos de prisión e o ex-noivo da filla acusado de ter participado na trama, a 16 anos. 19/02/14
Empezaron a prestar declaración no xulgado de Vigo os cinco detidos na chamada operación "Patos" // Primeiro día sen alertas meteorolóxicas, logo da sucesión de profundas borrascas que nos vén afectando dende antes do nadal // A Audiencia Provincial de Ourense condena aos catro xulgados polo crime do chofer asasinado en Verín. 19/02/14
Día de descanso, en canto a alertas, hoxe pero mañá e pasado chegará un novo empeoramento que deixará choivas e tempo inestable. Pero o que máis se vai notar, parece que será o frío. Unha baixada das temperaturas que traerá neve a cotas de ata 600 metros. 19/02/14
A lo menos cinco persoas detidas, unha delas un concelleiro de Nigrán, en Pontevedra, nunha nova operación contra unha presunta trama de corrupción na adxudicaciòn de obras e servizos municipais // Nos estaleiros galegos trabállase xa na construcción dos dous floteis contatados pola petroleira mexicana Pemex. Hoxe comeza a correr o prazo de 30 meses para poñelos nos campos de petroleo do Golfo de México, logo de que a noite pasada se asinara, no pais norteamericano, o contrato definitivo para iniciar os traballos en Barreras de Vigo e Navantia, de Ferrol // Segue no hospital estable o mariñeiro que sobreviviu o naufraxio do naseiro Nuevo Sara. Un sinistro ocorrido na Marola, á entrada das rías de Ares e o Burgo, na Coruña. Seu irmán o outro tripulante do pesqueiro morría onte o ír a pique a súa embarcación por causas que aínda se descoñecen. 18/02/14
Nova operación policial contra unha presunta trama de corrupción política en concellos. Hai 5 detidos, entre eles un concelleiro do consistorio pontevedrés de Nigrán. Trátase dunha operación dirixida polo xulgado número sete de Vigo, declarada secreta, e que investiga irregularidades na contratación de obras municipais coma campos de futbol, saneamentos ou xardinería // Segue no hospital estable o mariñeiro que sobreviviu o naufraxio do naseiro Nuevo Sara. Seu irmán o outro tripulante do pesqueiro morría onte o írse a pique a súa embarcación por causas que aínda se descoñecen // Nos estaleiros galegos trabállase xa na construcción dos dous floteis contatados pola petroleira mexicana Pemex. Hoxe comeza a correr o prazo de 30 meses para poñelos nos campos de petroleo do Golfo de México, logo de que a noite pasada se asinara, no pais norteamericano, o contrato definitivo para iniciar os traballos en Barreras de Vigo e Navantia, de Ferrol. 18/02/14
Nova operación policial contra unha presunta trama de corrupción política en concellos // Segue no hospital estable o mariñeiro que sobreviviu o naufraxio do naseiro Nuevo Sara // Nos estaleiros galegos trabállase xa na construcción dos dous floteis contatados pola petroleira mexicana Pemex. 18/02/14
Esta tarde aumentará a nubosidade pero non se agardan precipitacións importantes, as que caian serán febles e ocasionais. 18/02/14
- Hay registros en varios locales y entre los detenidos está un concejal
- Se han requisado contratos a empresas de mantenimiento de jardines
El presidente de una de las asociaciones de víctimas del accidente de Santiago ha viajado en bicicleta desde Sevilla para darle una carta al juez instructor. En ella le pide que se depuren todas las responsabilidades. El presidente de Adif ha insistido en que la empresa pública respeta la actuación de la Justicia.
O Presidente dunha das asociacións de vítimas do accidente do tren alvia en Angrois visitou hoxe ao xuiz que leva o caso para pedir que se faga xustiza. Calificou de "ventá de esperanza" o auto recente do maxistrado que acusa ao administrador ferroviario de arriscar as vidas dos viaxeiros polo sistema de control que usaba // Os axentes de vixilancia aduaneira voltaron hoxe ao Concello de Lugo para facérense con información relativa a operación Pokemon. Vendex, a empresa acusada de encabezar a presunta trama de corrupción municipal, desmentiu hoxe, nun comunicado, ter entregado cantidades ou prometido favores a cambio da concesiòn de servizos nos concellos investigados // As abondosas chuvias deste inverno provocaron a morte de case o setenta por cento da ameixa e a totalidade do berberecho na ría de Pontevedra. A mortandade dos bivalvos polo aporte de auga doce ás rías é habitual no inverno, pero este ano as mariscadoras quéixanse de que é moi superior porque choveu máis. 17/02/14
As vítimas do accidente de tren de Santiago amósanse satisfeitas de que o xuiz abrise unha porta para que se esclarezan as responsabilidades máis alá do maquinista. O presidente dunha das asociacións de vítimas do sinistro volveu hoxe a Angrois, tras percorrer en bicicleta o milleiro de kilómetros que separa Sevilla, onde reside, de Compostela // El alcalde de Lugo considerase víctima dun linchamento inmoral pola súa imputación na Operación Pokemon. Tras analizar o sumario sobre o que se levantou o segredo, asegurou esta mañá que non hai ningunha proba que o incrimine // As abondosas chuvias deste inverno provocaron a morte de case o setenta por cento da ameixa e a totalidade do berberecho na ría de Pontevedra. A mortandade dos bivalvos polo aporte de auga doce ás rías é habitual no inverno, pero este ano as mariscadoras quéixanse de que é moi superior porque choveu máis. 17/02/14
As vítimas do accidente de tren de Santiago amósanse satisfeitas de que o xuiz abrise unha porta a posibles novas imputacións // O alcalde de Lugo considerase víctima dun linchamento inmoral pola súa imputación na Operación Pokemon // As abondosas chuvias deste inverno provocaron a morte de ameixa e berberecho. 17/02/14
Logo dunha fin de semana na que, tras moita espera, puidemos ver o sol, volve o mal tempo. Durante esta xornada temos alerta amarela por ondas que en todo o litoral atlántico van acadar ó final do día os 6 metros de altura. 17/02/14