Os transportistas galegos estudan como recuperar o céntimo sanitario, que veñen reclamando xudicialmente desde 2008 // Inaugurada a primeira fase do Porto Seco de Monforte // Unha muller venezolana iniciou unha folga de fame diante do consulado, en Vigo e asegura que foi agredida. 28/02/14
Despois dunha mañá de chuvascos, a tarde daranos unha pequena tregua. Á noite volven as choivas. 28/02/14
Galicia recibirá quince millóns de euros do goberno central para reparar os estragos causados polos temporais deste inverno. Deles, sete millóns irán para actuacións de urxencia na costa coma as que se están a acometer na praia de Cesantes en Redondela, e que contan cun orzamento de 45 mil euros // O Consello da Xunta decidiu ampliar a atención por teléfono a todos os profesionais de atención primaria. Ademais de cos médicos poderase solicitar esta modalidade con enfermeiras, matronas e traballadores sociais // O Presidente da Xunta considera que non vai ter repercusións na recadación da Comunidade Galega a sentenza do Tribunal de xustiza da Unión Europea que considera ilegal o céntimo sanitario que estivo implantado en trece comunidades autónomas ata xaneiro de 2013, entre elas Galicia. 27/02/14
Galicia recibirá quince millóns de euros do goberno central para reparar os estragos causados polos temporais deste inverno. Deles, sete millóns irán para actuacións de urxencia na costa coma as que se están a acometer na praia de Cesantes en Redondela, e que contan cun orzamento de 45 mil euros // O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera ilegal o céntimo sanitario que estivo implantado en 13 comunidades autónomas ata xaneiro de 2013, entre elas Galicia. Un imposto co que a comunidade autónoma recadaba 2.4 céntimos por litro de gasolina e 1.2 polo gasóleo. España podería ter que devolver 13 mil millóns de euros, cobrados entre 2002 e 2011 // O Consello da Xunta decidiu ampliar a atención por teléfono a todos os profesionais de atención primaria. Ademais de cos médicos poderase solicitar esta modalidade con enfermeiras, matronas e traballadores sociais. Dende que se puxeron en marcha este tipo de consultas, hai dous meses, os médicos atenderon por teléfono 116 mil consultas. 27/02/14
Galicia recibirá quince millóns de euros do goberno central para reparar os estragos causados polos temporais deste inverno // O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera ilegal o céntimo sanitario // O Consello da Xunta decidiu ampliar a atención por teléfono a todos os profesionais de atención primaria. 27/02/14
Xa o notarían, hoxe vai máis calor, con máximas de 15 ou 16 graos en tódalas cidades galegas. 27/02/14
Concentracións de repulsa hoxe pola morte de María Luisa Jiménez, asasinada a coiteladas o pasado domingo presuntamente polo seu home. En Poio, en Vilaboa ou en Lugo, onde vivira a muller, e tamén en Santiago, sucedéronse os minutos de silencio por este novo crime da violencia de xénero // Prestou declaración no xulgado o psiquiatra que atendera a Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, que apareceu morta ás aforas de Santiago // Foi denunciado pola nai da pequena por considerar que a perxudicara con unhas declaracións aos medios de comunicación nas que afirmaba que presentaba un perfil esquizoide // As zonas de montaña de Lugo e Ourense volveron aparecer hoxe cubertas por un manto de neve. Arestora xa non é necesario circular con cadeas por Pedrafita do Cebreiro, en Lugo, pero segue a ser recomendable facelo con precaución en varios puntos. 26/02/14
Concentracións de repulsa hoxe pola morte de María Luisa Jiménez, asasinada a coiteladas o pasado domingo presuntamente polo seu home. En Poio, en Vilaboa ou en Lugo, onde vivira a muller, e tamén en Santiago, sucedéronse os minutos de silencio por este novo crime da violencia de xénero // O psiquiatra de Rosario Porto, imputado por revelación de segredo profesional, asegura ante o xuiz que falou sobre a súa paciente nos medios de comunicación porque se sentiu presionado por eles e porque un socio o deixara na ruina // Mariano Rajoy comprometeuse, no debate sobre o Estado da Nación a seguir realizando esforzos para que se saiba toda a verdade respecto ao accidente de tren de Santiago do pasado verán. 26/02/14
Concentracións de repulsa hoxe pola morte de María Luisa Jiménez, asasinada a coiteladas o pasado domingo presuntamente polo seu home // Declarou no xulgado o psiquiatra de Rosario Porto, imputado por revelación de segredo profesional // Mariano Rajoy comprometeuse, no debate sobre o Estado da Nación a seguir realizando esforzos para que se saiba toda a verdade respecto ao accidente de tren de Santiago do pasado verán. 26/02/14
A medida que avance a xornada os chuvascos tenderán a desaparecer e pola tarde os ceos quedarán parcialmente anubrados, con máis nubes canto máis ao oeste. 26/02/14
- La mujer de 37 años desapareció el pasado domingo en Vilaboa
- Su marido ha ingresado en prisión tras confesar el crimen
- El 016 es el teléfono gratuito de atención a víctimas, no deja rastro en la factura
- El ex consejero delegado del Pastor prestará declaración el 28 de marzo
- Ambos están imputados por delitos de fraude y estafa
Localizado o corpo da muller de 37 anos que faltaba dende que o seu marido a fora buscar a Pontevedra para levala a Lugo, onde vivían. O seu corpo foi atopado ao carón da estrada de Santiago a Curtis, na localidade coruñesa do Marquiño, perto da PonteCarreira // Prestou declaración no xulgado o expresidente do Banco Pastor, José María Arias, acusado por un pequeno accionista da entidade de varios delictos, entre eles administración fraudulenta, estafa e falsidade documental // Os sete procesados na Operación Abuelo, a maior redada en Galicia contra a pesca con explosivos, non irán ao cárcere grazas a un pacto coa Fiscalía. No xuizo,hoxe, en Pontevedra, todos recoñceron os feitos. Seis deles aceptaron unha condena, xa firme, de dous anos de prisión e dous de inhabilitación para pescar. 25/02/14
En Galicia, hace unos minutos la guardia civil ha localizado el cadáver de la mujer de 37 años desaparecida desde el pasado domingo. Horas antes Manuel Midón el juez ya había ordenado el ingreso en prisión de su marido.
Os familiares de María Luisa Jiménez Jiménez, a muller de 37 anos, desaparecida dende o pasado domingo, agardan nas portas do cuartel da Garda Civil, na localidade coruñesa de Curtis, por novidades sobre as labores de busca. O seu marido ingresou no cárcere, acusado da desaparición // O expresidente do Banco Pastor, José María Arias continúa declarando nun xulgado da Coruña, a raíz da denuncia imposta por un pequeno accionista da entidade. Está imputado por varios delictos, entre eles administración fraudulenta, estafa e falsidade documental // Os sete procesados na Operación Abuelo, a maior redada en Galicia contra a pesca con explosivos, non irán ao cárcere grazas a un pacto coa Fiscalía. No xuizo,hoxe, en Pontevedra, todos recoñceron os feitos. Seis deles aceptaron unha condena, xa firme, de dous anos de prisión e dous de inhabilitación para pescar. 25/02/14
Localizado o corpo da muller de 37 anos que faltaba dende que o seu marido a fora buscar a Pontevedra para levala a Lugo, onde vivían // O expresidente do Banco Pastor, José María Arias declarou nun xulgado da Coruña, a raíz da denuncia imposta por un pequeno accionista da entidade // Os sete procesados na Operación Abuelo, a maior redada en Galicia contra a pesca con explosivos, non irán ao cárcere grazas a un pacto coa Fiscalía. 25/02/14
Todo o litoral galego está hoxe en alerta laranxa por ondas que na costa da Coruña poden acadar os 8 metros. En terra, unha nova borrasca deixa ventos fortes no litoral e chuvascos intermitentes, que nalgúns momentos da mañá foron intensos. A medida que avance o día irá entrando aire frío. 25/02/14