Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case 700 oficinas que ten o banco en xeral e das que case 600 están na nosa comunidade. O banco, resultante da fusión das antigas caixas de aforros, conta con case 4 mil 700 traballadores e dous millóns de clientes // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldÍa de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes. O BNG gobernaba en minoría logo de que os independentes o acusaran de non cederlles a alcaldía, como pactaran. O BNG di que lles ofreceron o bastón de mando pero que o rexeitaran // O Fiscal Xeral do Estado, defende a reducción dos partidos xudiciais, prevista na reforma da Xustiza, aÍnda que recoñeceu a necesidade de conciliala co respecto ás tradicións e necesidades de cada comunidade // O Vicepresidente da Xunta, insiste en que deben seguir manténdose 7 tribunais de instancia e non un só en cada provincia, como prevé o proxecto. 27/06/14
Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case 700 oficinas que ten o banco en xeral e das que case 600 están na nosa comunidade. O banco, resultante da fusión das antigas caixas de aforros, conta con case catro mil setecentos traballadores e dous millóns de clientes // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldía de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes. O BNG gobernaba en minoría logo de que os independentes o acusaran de non cederlles a alcaldía, como pactaran. O BNG di que lles ofreceron o bastón de mando pero que o rexeitaran // O Celta presentou este mediodía ó xogador internacional chileno Pablo Hernández. E O lateral zurdo do Sporting, Roberto Canella, reforzará o próximo ano a banda esquerda do Deportivo. 27/06/14
Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case setecentas oficinas da entidade // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldÍa de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes // O Celta presentou ao xogador internacional chileno Pablo Hernández. 27/06/14
Nótase xa unha lixeira melloría no tempo que vai manterse e mesmo intensificarse, nas próximas horas nas que medrarán os claros. Unha evolución que se vai ver truncada esta noite, cando está previsto que entre unha nova fronte. 27/06/14
- 23 temas componene uno de sus proyectos más ambiciosos
- Luz Casal, Carmen París y Antonio Carmona le acompañan este viernes
Kepa Junquera ha tocado un directo un tema de Galiza, su último trabajo en el que se ha adentrado en la esencia gallega (27/06/14).
Kepa Junquera presenta su último disco en Madrid. Galiza es su nuevo trabajo en el que se ha adentrado en la esencia gallega y en el que han trabajado 200 músicos gallegos y vascos. Este viernes el teatro Nuevo Alcalá de Madrid acoge la puesta en escena, que contará con la colaboración de Luz Casal, Antonio Carmona y Carmen París (27/06/14).
A Xunta non vai solicitar financiamento extraordinario do Fondo de Liquidez do Goberno central, dada a solvencia de Galicia, que fai máis barato financiarse nos mercados ordinarios, segundo Núñez Feijóo. No consello aprobou reforzar os equipos antiincendios contratando 125 brigadas da empresa Seaga // O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, declarou no xulgado coma imputado na investigación da presunta adxudicación irregular das obras da rúa Bedoya. Están acusados dun delito de prevaricación os nove concelleiros de PSdeG e BNG que eran membros da Xunta de Goberno no ano 2008, cando as obras foron adxudicadas // A Policía pon en marcha unha operación especial para o verán para previr roubos e incidentes nas zonas de praias e lecer. Tamén patrullarán para evitar delitos de terrorismo e incendios forestais. 26/06/14
Galicia podería ter, dentro de 40 anos, un millón de habitantes menos que a mediados do século pasado, segundo un informe presentado hoxe por un grupo de economistas e empresarios. Un problema demográfico que pode facer precisa unha reorganización dos servizos sociais e que se debe paliar con fomento do emprego que evite a emigración da xente nova // A Xunta non vai solicitar financiamento extraordinario do Fondo de Liquidez do Goberno central, dada a solvencia de Galicia, que fai máis barato financiarse nos mercados ordinarios, segundo Núñez Feijóo. No consello aprobou reforzar os equipos antiincendios contratando 125 brigadas da empresa Seaga // O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, declarou no xulgado coma imputado na investigación da presunta adxudicación irregular das obras da rúa Bedoya. Están acusados dun delito de prevaricación os nove concelleiros de PSdeG e BNG que eran membros da Xunta de Goberno no ano 2008, cando as obras foron adxudicadas. 26/06/14
Un grupo de economistas e empresarios advirte contra a perda de poboación en Galicia, que podería ter, dentro de 40 anos, un millón de habitantes menos que a mediados do século pasado // Galicia non pedirá financiamento extra. Feijóo di que, coa solvencia de Galicia, é máis barato recurrir aos mercados ordinarios // O Alcalde de Ourense declara no xulgado polo “Caso Bedoya”, xa que formaba parte da comisión de goberno en 2008 // Operación especial da Policía de cara ao verán. Os axentes traballarán na prevención de furtos ou de incendios. 26/06/14
Seguimos con tempo fresco e ceos anubrados. Non se agarda choiva nas próximas horas, salvo nalgunhas comarcas, sobre todo da metade leste, onde aínda pode haber algunha tronada. 26/06/14
El fiscal pide 18 años de prisión por un delito de asesinato, para cada uno de los padres de Asunta, la niña que fue hallada muerta en las cercanías de Santiago. La acusación popular pide veinte años de prisión. Ambos coinciden en que planearon juntos la muerte de Asunta.
Xa se coñecen as peticións de condena para os pais da nena Asunta Basterra, aparecida morta, a finais de setembro, perto de Santiago. O fiscal pide 18 anos de cárcere para cada un deles, aos que acusa do asasinato da pequena // Absoltos todos os xulgados por integrar unha presunta rede de retirada de multas de tráfico na provincia de Lugo // Galicia acada un máximo histórico na cifra de viaxeiros que recibiu no pasado mes de maio: foi un 13% máis ca no mesmo mes do ano anterior. Medra o turismo nacional e o internacional consegue tamén cifras nunca conseguidas antes. 25/06/14
Un fax interceptado polos axentes do Servizo de Vixiancia aduaneira, enviado polo daquela delegado de Vendex en Galicia, ó presidente do grupo foi un dos fíos polos que tirou a xuíza Pilar de Lara, que instrúe as dilixencias do caso Pokémon para as novas imputacións de cargos públicos // Absoltos todos os xulgados por integrar unha presunta rede de retirada de multas de tráfico na provincia de Lugo. O tribunal absolveu á vintena de acusados por considerar que as probas practicadas foron nulas // Galicia acada un máximo histórico na cifra de viaxeiros que recibiu no pasado mes de maio: foi un 13% máis ca no mesmo mes do ano anterior. Medra o turismo nacional e o internacional consegue tamén cifras nunca conseguidas antes. 25/06/14
- Asegura que concurre la circunstancia de parentesco
- Y los considera "coautores" de la muerte violenta de la niña
Un fax foi un dos fíos polos que tirou a xuíza Pilar de Lara, que instrue as dilixencias do caso Pokémon para as novas imputacións de cargos públicos // Absoltos todos os xulgados por integrar unha presunta rede de retirada de multas de tráfico na provincia de Lugo // Galicia acada un máximo histórico na cifra de viaxeiros que recibiu no pasado mes de maio. 25/06/14
Tempo hoxe máis fresco que en días pasados e tamén con mais nubes dende primeira hora da mañá, sobre todo no litoral da mitade norte. 25/06/14