Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia estivo presente nos actos de proclamación de Felipe Sexto coma novo monarca. O Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo asistiu, no Congreso dos deputados, ao discurso de Don Felipe, ao carón dos dirixentes das outras comunidades históricas: Cataluña e o Pais Vasco e participou tamén na recepción posterior // Lixeira melloría na situación das rúas de Lugo, despois de que os equipos de limpeza retiraran lixo das zonas consideradas en risco sanitario. A folga dura xa dez días e intensifícanse os intentos de que empresa concesionaria e representantes dos traballadores retomen a negociación // A localidade pontevedresa de Redondela vive hoxe a tradicional celebración da festa da Coca, coas rúas cubertas de alfombras de flores, e a tradicional danza das espadas e as penlas que representa a loita contra un mítico dragón ao que vencen os mariñeiros. 19/06/14

Tomou posesión do seu cargo a nova conselleira de medio ambiente,  Ethel Vázquez, de 41 anos, enxeñeira de camiños // O concello de Lugo vai solicitar a intervención da Unidade Militar de Emerxencia para que retire o lixo acumulado nas rúas da cidade, logo de nove días de folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de recollida // Xa está operativo o helicóptero que vai vixiar o tráfico dende o aire nas estradas galegas dotado co sistema Pegasus. Controlará todo o noroeste peninsular, incluídas Castela- León e Asturias. As súas cámaras permiten dectectar as infraccións dende unha altura de mil metros. 18/06/14

Tomou posesión do seu cargo a nova conselleira de medio ambiente. Ethel Vázquez, de 41 anos, enxeñeira de camiños e ata agora directora xeral na Xunta farase cargo do departamento que dirixía ata hoxe Agustín Hernández, que deixa o goberno galego para facerse cargo da alcaldía de Santiago // O concello de Lugo vai solicitar a intervención da Unidade Militar de Emerxencia para que retire o lixo acumulado nas rúas da cidade, logo de nove días de folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de recollida. Pedirá que o Exercito actúe nos puntos onde a presenza de residuos provoque situacións de risco sanitario // Vía libre, no Concello de Santiago para que o ata hoxe Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, chegue á alcaldía. O Pleno formalizou a renuncia de oito concelleiros do Partido Popular e deuse por enterado dos nomes propostos para acompañar ao novo rexedor no Goberno Municipal. 18/06/14 

Tomou posesión do seu cargo a nova conselleira de medio ambiente, Ethel Vázquez, de 41 anos, enxeñeira de camiños e ata agora directora xeral na Xunta // O concello de Lugo vai solicitar a intervención da Unidade Militar de Emerxencia para que retire o lixo acumulado nas rúas da cidade // Vía libre, no Concello de Santiago para que o ata hoxe Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, chegue á alcaldía. 18/06/14

Fede nalgúnhas rúas de Lugo. Neste oitavo día de folga na recollida do lixo estímase que pode haber nelas máis de 900 toneladas amoreadas en torno os contedores. En máis de vinte puntos da cidade o concello ordeou a Tragsa que retirara parte dos refugallos por risco sanitario // Galicia é a comunidade na que máis diminuíron os impagos de productos comprados a prazos. Reducíronse nun 86% dende abril do 2.013 // A nosa é tamén unha das zonas do estado con menos morosos. Aínda así, máis de cento cincuenta mil persoas non poder pagar recibos mensuais, as cotas dun préstamo ou da hipoteca // Perto de 400 congresistas de 23 estados da Unión Europea  participan en Ferrol nun congreso de turismo industrial que trata de aproveitar para o sector turístico a historia naval da comarca e o potencial da natureza da zona. 17/06/14 

Fede nalgunhas rúas de Lugo. Neste oitavo día de folga na recollida do lixo estímase que pode haber nelas máis de 900 toneladas amoreadas en torno os contedores. En máis de vinte puntos da cidade o concello ordeou a Tragsa que retirara parte dos refugallos por risco sanitario // Galicia é a comunidade na que máis diminuíron os impagos de productos comprados a prazos. Reducíronse nun 86% dende abril do 2.013 // A nosa é tamén unha das zonas do estado con menos morosos. Aínda así, máis de 150 mil persoas non poder pagar recibos mensuais, as cotas dun préstamo ou da hipoteca // O exconselleiro de Pescanova Alfonso Paz Andrade terá que pagar unha multa de cen mil euros por ocultar información na venda de accións da multinacional pesqueira.150 mil accións que vendeu por dous millóns e medio de euros en febreiro de 2013 xusto un mes antes de que a multinacional entrará en preconcurso de acreedores. 17/06/14

Fede nalgunhas rúas de Lugo. Neste oitavo día de folga na recollida do lixo // Galicia é a comunidade na que máis diminuíron os impagos de productos comprados a prazos // O exconselleiro de Pescanova Alfonso Paz Andrade terá que pagar unha multa de cen mil euros por ocultar  información na venda de accións da multinacional pesqueira. 17/06/14

A Fiscalía Anticorrupción  solicita penas de tres anos de cárcere para a antiga cúpula de Novacaixagalicia, polo suposto cobro indebido de indemnizacións millonarias. Considera que o ex presidente Julio Fernández Gayoso, e outros cinco directivos, actuaron movidos pola intención de obter un importante beneficio patrimonial, malia difícil situación da entidade // Núñez Feijóo considera que o que está en crise non é o modelo social nin o sistema político instaurado na transición. O Presidente da Xunta cre que son os partidos de esquerdas e nacionalistas os que padecen esa crise ao non darse adaptado días novas circunstancias sociais e económicas // Cúmprese unha semana de folga na recollida do lixo en Lugo sen que se albisque solución. Nas rúas amoréanse refugallos mentres o concello pide ás partes que negocien. O Alcalde ameaza con rescatar o servizo se non hai acordo. 16/06/14

Cúmprese unha semana de folga na recollida do lixo en Lugo sen que se albisque solución. Nas rúas amoréanse refugallos mentres o concello pide ás partes que negocien. O Alcalde ameaza con rescatar o servizo se non hai acordo // O Presidente da Xunta considera que o que está en crise non é o modelo social nin o sistema político instaurado na transición. Núñez Feijóo cre que son os partidos de esquerdas e nacionalistas os que padecen esa crise ao non darse adaptado dí ás novas circunstancias sociais e económicas // Os socialistas investigarán a afiliación masiva detectada nos últimos días onde se duplicou o número de simpatizantes do partido. Unha das candidatas do PSOE en Santiago, Mercedes Rosón atribúeo o inflado do censo o aparato do PSOE. 16/06/14

Cúmprese unha semana de folga na recollida do lixo en Lugo sen que se albisque solución // O Presidente da Xunta considera que o que está en crise non é o modelo social nin o sistema político instaurado na transición // Os socialistas investigarán a afiliación masiva detectada nos últimos días onde se duplicou o número de simpatizantes do partido. 16/06/14

Seguimos con sol e calor neste comezo de semana aínda que menos. Apenas nubes hoxe nun día no que as temperaturas máximas serán algo máis baixas sobre todo polo norte. 16/06/14