Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A lei do solo obrigará aos donos de casas sen acabar a faceren obras para rematalas. Anunciouno o presidente da Xunta, que tamén destacou desa lei que as construcións deberán adaptarse ao contorno,tanto na tipoloxía,como nas formas, nos materiais e nas cores // Prohibidas as queimas forestais, ata novo aviso. A Consellería do Medio Rural tomou esta medida ante o ambiente seco e caloroso de hoxe e que vai seguir nos próximos días. As altas temperaturas están a levar á xente ás praias e en puntos do interior coma Ourense poden chegar aos 36 graos // Cuarto día de folga na recollida do lixo en Lugo, e, nas rúas amoréanse os refugallos. O xulgado declarou axeitados os servizos mínimos establecidos polo Concello. A preocupación polas consecuencias do paro aumenta ante a gran afluencia de visitantes que se agarda na cidade pola celebración do Arde Lucus. 13/06/14

A lei do solo obrigará aos donos de casas sen acabar a faceren obras para rematalas. Anunciouno o presidente da Xunta, que tamén destacou desa lei que as construcións deberán adaptarse ao contorno,tanto na tipoloxía, como nas formas, nos materiais e nas cores // Xa está na Coruña o radar Pegasus que permitirá controlar dende o aire a velocidade nas estradas, principalmente as vías convencionais que son as que rexistran maior siniestralidade. Este radar instalarase nun dos helicópteros da DXT en Galicia e podería estar operativo a partir da semana que vén // Cuarto día de folga na recollida do lixo en Lugo, e, nas rúas amoréanse os refugallos. O xulgado declarou axeitados os servizos mínimos establecidos polo Concello. A preocupación polas consecuencias do paro aumenta ante a gran afluencia de visitantes que se agarda na cidade pola celebración do Arde Lucus. A festa de exaltación do pasado romado da cidade da muralla. 13/06/14 

A lei do solo obrigará aos donos de casas sen acabar a faceren obras para rematalas // Xa está na Coruña o radar Pegasus que permitirá controlar dende o aire a velocidad nas estradas, principalmente as vías convencionais que son as que rexistran maior siniestralidade // Cuarto día de folga na recollida do lixo en Lugo, e, nas rúas amoréanse os refugallos. 13/06/14 

Sol e calor neste comezo de fin de semana con temperaturas que hoxe seguirán en torno os 30 graos. Unha marca que de novo rebasarán no interior de Ourense onde mesmo está activada unha alerta amarela porque alí o mercurio pode acadar os 36. 13/06/14

A Xunta nomeou hoxe embaixador do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol. Será o segundo persoeiro que ostente este título, despois do Príncipe de Asturias. O goberno galego tamén acordo destinar 4 millóns de euros o plan de formación profesional dual // O cambio de xuíz no Caso Alvia producirase o próximo venres día 20. Luis Aláez tomará posesión da súa nova praza no xulgado penal número un de Santiago. Ese mesmo día será sustituido por Andrés Lago Louro, que se fará cargo da instrucción do accidente de tren de Angrois que deixou 79 vítimas // Un mozo da Estrada mantén unha folga de fame para reclamarlle unha pensión a seus pais. Emancipouse xudicialmente deles, aos que denunciou por malos tratos, aos 17 anos. Agora con 24 atopase sen domicilio e sen ningún tipo de recurso. A nai alega que non están obrigados a mantelo porque así o dictaminou un xuíz. 12/06/14

Trescentas toneladas de lixo nas rúas de Lugo. Esa é cantidade que se estima está amoreada nos contedores logo de tres días de folga dos traballadores que se encargan da recollida // A Xunta nomeou hoxe embaixador do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol. Será o segundo persoeiro que ostente este título, despois do Príncipe de Asturias. O goberno galego tamén acordo destinar 4 millóns de euros o plan de formación profesional dual // Dimitiron dos seus cargos os membros da executiva comarcal da UGT de Vigo, a maior agrupación do sindicato en Galicia. Denuncian  irregularidades na xestión de programas con fondos públicos. Unhas acusacións que a dirección galega do sindicato rexeita // Un mozo da Estrada mantén unha folga de fame para reclamarlle unha pensión a seus pais. Emancipouse xudicialmente deles, aos que denunciou por malos tratos, aos 17 anos. 12/06/14 

Trescentas toneladas de lixo nas rúas de Lugo // A Xunta nomeou hoxe embaixador do Camiño de Santiago a Vicente del Bosque, o seleccionador nacional de fútbol // Dimitiron dos seus cargos os membros da executiva comarcal da UGT de Vigo, a maior agrupación do sindicato en Galicia. 12/06/14 

Tempo de praia e de moita calor cos termómetros rondando os trinta graos e mesmo superándoos no interior de Ourense onde mesmo aemet activo unha alerta amarela por máximas próximas aos 36 graos. 12/06/14

Seguen as investigacións sobre a aparición nesta casa de Ponteareas, dun cadáver esnaquizado e metido nun conxelador. Un Equipo especial de criminólogos está a a analizar os restos, tratando de averiguar de que persoa se trata. Foron localizados, dentro do conxelador, polo dono da vivenda, cando entrou nela para saber algo do inquilino, do que non tiña noticias dende hai meses // Detido un veciño de Ortigueira, acusado de acosar a rapazas menores de idade facéndose pasar nas redes sociais polo seu fillo, tamén menor de idade. A detención produciuse logo da denuncia presentada nunha localidade sevillana, por unha nai á que a súa filla lle dixera que se sentía acosada por un rapaz da súa mesma idade ao que coñecera a través dun chat // Máis 10 mil estudantes galegos comezaron hoxe a selectividade. Esta temida proba que comezaron con lingua e literatura castelá. A selectividade desaparecerá dentro de 3 anos pero as facultades seguirán mantendo probas para para acceder os estudos superiores. 11/06/14

Seguen as investigacións sobre a aparición nesta casa de Ponteareas, dun cadáver esnaquizado e metido nun conxelador. Un Equipo especial de criminólogos está a  analizar os restos, tratando de averiguar de que persoa se trata. Foron localizados, dentro do conxelador, polo dono da vivenda, cando entrou nela para saber algo do inquilino, do que non tiña noticias dende hai meses // Detido un veciño de Ortigueira, acusado de acosar a rapazas menores de idade facéndose pasar nas redes sociais polo seu fillo, tamén menor de idade. A detención produciuse logo da denuncia presentada nunha localidade sevillana, por unha nai á que a súa filla lle dixera que se sentía acosada por un rapaz da súa mesma idade ao que coñecera a través dun chat // Máis 10 mil estudantes galegos comezaron hoxe a selectividade. Esta temida proba que comezaron con lingua e literatura castelá. A selectividade desaparecerá dentro de 3 anos pero as facultades seguirán mantendo probas para para acceder os estudos superiores. 11/06/14

Seguen as investigacións sobre a aparición nesta casa de Ponteareas, dun cadáver esnaquizado e metido nun conxelador // Detido un veciño de Ortigueira, acusado de acosar a rapazas menores de idade facéndose pasar nas redes sociais polo seu fillo // Máis dez mil estudantes galegos comezaron hoxe a selectividade. 11/06/14