Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta Electoral Central será quen decida sobre os prazos e pasos para que Agustín Hernández ocupe a alcaldía de Santiago, logo da renuncia de Ángel Currás. Hernández terá agora que deixar a consellería de Infraestructuras da Xunta e o escano no Parlamento // Os alumnos de cuarto e sexto de primaria terán, o ano que vén dúas horas de reforzo en matemáticas e os centros poderán destinar outras dúas ás materias nas que os alumnos floxeen máis. Tamén  haberá media hora ao día, polo menos,  adicada á lectura // Non recoller as deposicións dos cans está sancionado con multas de entre 750 e 1500 euros en Ourense. Unha sanción que pode chegar os 3000 euros se o fan en zonas de xogos infantís. Así está regulado na ordenanza de zonas verdes que o concello está a difundir entre os veciños para lembrárllelo. 10/06/14

A Xunta Electoral Central será quen decida sobre os prazos e pasos para que Agustín Hernández ocupe a alcaldía de Santiago, logo da renuncia de Ángel Currás. Hernández terá agora que deixar a consellería de Infraestructuras da Xunta e o escano no Parlamento. Esta mañá dixo que quere que Santiago recupere a normalidade // Os alumnos de cuarto e sexto de primaria terán, o ano que vén, dúas horas de reforzo en matemáticas e os centros poderán destinar outras dúas ás materias nas que os alumnos floxeen máis // Non recoller as deposicións dos cans está sancionado con multas de entre 750 e 1500 euros en Ourense. Unha sanción que pode chegar os 3000 euros se o fan en zonas de xogos infantís. Así está regulado na ordenanza de zonas verdes que o concello está a difundir entre os veciños para lembrárllelo. 10/06/14

As nubes van ir deixando paso o sol durante a tarde nun día no que por fin soben as temperaturas.Hoxe as máximas superarán os vinte graos na meirande parte de Galicia. 10/06/14

El alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, del Partido Popular, ha presentado esta tarde su dimisión. Currás, imputado en el Caso Pokémon, es el segundo alcalde que dimite en esta legislatura y lo ha hecho tras la salida hace unos dias de nueve concejales de su grupo.

Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían  en  Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo,  un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.

Aquí teñen aínda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.

  O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas  os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares,  do Partido Popular, que renunciaron a raiz de procesos xudiciais.

Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.

  Comezou na Coruña o xuízo a  18  veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias.  O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila. 

  O Deportivo recibiu hoxe os parabéns do presidente da Xunta polo conseguir volver a Primeira nun ano no que o clube estivo a piques de desaparecer. Un recibimento despois de despedirse de Segunda con derrota en Girona. Na categoría quedará o Lugo despois de vencer ao Mirandés e certificar un ano máis de Quique Setién como adestrador.(09/06/14)

Estupor e a incredulidade na localidade coruñesa de Vilasantar pola morte violenta de dous dos seus veciños, que residían  en  Baracaldo e que, ao parecer, foron asasinados polo seu fillo,  un policía local da localidade viscaíña, que logo se suicidou.

Aquí teñen ainda unha casa que puxeran en venda dende que os pais enfermaran.

  O Alcalde de Santiago, Ángel Currás, vai dar a coñecer dentro de dúas horas  os nomes das nove persoas para ocupar os postos de concelleiros deixados vacantes polos titulares,  do Partido Popular, que reunciaron a raiz de procesos xudiciais.

Os grupos da oposición pídenlle ao propio rexedor que dimita el tamén.

  Comezou na Coruña o xuízo a  18  veciños de Ordes, acusados de difundir un vídeo privado de contido sexual que unha muller da localidade gravara con imaxes propias.  O principal acusado é o encargado dunha tenda de informática á que a moza levara o ordenador a amañar e que recuperou o arquivo. O vídeo chegou a ser exhibido en varios locais da vila. (09/06/14)

Seguen os ceos con nubes e as temperaturas relativamente frescas pero nas próximas horas empezará a notarse unha melloría que será máis  clara segundo avance a semana. (09/06/14)

Bañarse en agua fría, grabarlo y retar a tres amigos en las redes sociales para que hagan lo mismo. Empezó en Estados Unidos como una iniciativa benéfica y ha llegado a Galicia como un fenómeno viral no exento de riesgos. 

Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei. O que vai ser Felipe Sexto realizou neste centro pontevedrés a súa formación coma mando da Armada. Foi no curso 86 - 87 cando compartiu aquí clases, e vida cos compañeiros de promoción // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove persoas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP que renunciaron, logo de condenas ou imputacións xudiciais. O alcalde daraos a coñecer o luns, logo de comunicarllos á dirección galega do partido // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. Os albivermellos precisan dunha victoria ou un empate para asegurar matematicamente a permanencia. Contarán co apoio dun estadio case cheo para non depender doutros resultados. 06/06/14

Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei. O que vai ser Felipe Sexto  realizou neste centro pontevedrés a súa formación coma mando da Armada. Foi no curso 86 - 87 cando compartiu aquí clases, e vida cos compañeiros de promoción // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove persoas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP que renunciaron, logo de condenas ou imputacións xudiciais // O alcalde daráos a coñecer o luns, logo de comunicarllos á dirección galega do partido // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. Os albivermellos precisan dunha victoria ou un empate para asegurar matematicamente a permanencia. Contarán co apoio dun estadio case cheo para non depender doutros resultados. 06/06/14

Na Escola Naval Militar de Marín vívense estes días con especial emoción e orgullo os preparativos para a proclamación do Príncipe Felipe coma Rei // A tenente de Alcalde de Santiago anunciou que o próximo luns e darán a coñecer os nomes das nove personas que van ocupar os postos deixados vacantes polos concelleiros do PP // Última xornada en segunda división con apuros para o Lugo de Quique Setién que mesmo podería perder a categoría. 06/06/14 

As  chuvias poden acadar hoxe os 80 litros por  metro cadrado, sobre todo no suroeste da provincia da Coruña // Con menos intensidade pero tamén con alerta amarela chove en Pontevedra. 06/06/14