Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O maquinista do tren alvia que descarrilou en Santiago volve ser o único imputado por aquel accidente, que causara 79 mortos. A Audiencia provincial da Coruña tomou en consideración os recursos que presentaran a fiscalía e o avogado do estado contra a imputación dos altos cargos do ADIF no 2011, cando entrara en funcionamento a vía na que se produciu o accidente // Pendentes da evolución de Teresa Romero, en Becerreá onde vive parte da súa familia hai tranquilidade despois de saberse que descartara viaxar alí nas súas vacacións porque se atopaba mal. Confirmouno a súa nai que tamén dixo que puidera falar con ela dende hospital onde recibe tratamento tras contraer o virus do ébola // Comezou en Ourense o xuízo por un presunto caso de abusos por parte dun profesor ás súas alumnas. Está acusado de facerlles tocamentos e darlles bicos  na boca, mentres estaban na aula ou no patio do colexio público de Celanova. 08/10/14 

O maquinista do tren alvia que descarrilou en Santiago volve ser o único imputado por aquel accidente, que causara 79 mortos. A Audiencia provincial da Coruña tomou en consideración os recursos que presentaran a fiscalía e o avogado do estado contra a imputación dos altos cargos do ADIF no 2011, cando entrara en funcionamento a vía na que se produciu o accidente // Pendentes da evolución de Teresa Romero, en Becerreá onde vive parte da súa familia hai tranquilidade despois de saberse que descartara viaxar alí nas súas vacacións porque se atopaba mal // Comezou en Ourense o xuízo por un presunto caso de abusos por parte dun profesor ás súas alumnas. Está acusado de  facerlles tocamentos e darlles bicos na boca, mentres estaban na aula ou no patio do colexio público de Celanova. 08/10/14

O maquinista do tren alvia que descarrilou en Santiago volve ser o único imputado por aquel accidente, que causara 79 mortos // Pendentes da evolución de Teresa Romero, en Becerreá onde  vive parte da súa familia hai tranquilidade despois de saberse que non viaxou aquí, despois do contaxio // Comezou en Ourense o xuízo por un presunto caso de abusos por parte dun profesor ás súas alumnas. 08/10/14

A tarde vai ser moi chuviosa en toda Galicia pero especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. Alí poden caer tan só nunha hora ata 20 litros de auga por metro cadrado. 08/10/14

A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia. Enfermou, logo de atender a un dos dous misioneiros españois contaxiados no continente africano e que morreron tras ser repatriados // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro. Foi no debate sobre o estado da autonomía onde tamén dixo que o Goberno Autónomo quere por en marcha un plan de emprego para mozos, para o que se destinaran 48 millóns de euros máis e tamén para parados maiores de 45 anos // Un membro de Resistencia Galega recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. Díxoo na audiencia nacional onde son xulgados 3 presuntos integrantes desa organización, acusados de colocar  explosivos nunha instalación de telecomunicacións no monte Sampaio, de Vigo, en 2012. Piden pra eles 17 anos de cárcere. 07/10/14 

A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia. Enfermou, logo de atender a un dos dous misioneiros españois contaxiados no continente africano e que morreron tras ser repatriados // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro. Foi no debate sobre o estado da autonomía onde tamén dixo que o Goberno Autónomo quere por en marcha un plan de emprego para mozos, para o que se destinaran 48 millóns de euros máis e tamén para parados maiores de 45 anos // Un membro de Resistencia Galega recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. Díxoo na audiencia nacional onde son xulgados 3 presuntos integrantes desa organización, acusados de colocar  explosivos nunha instalación de telecomunicacións no monte Sampaio, de Vigo, en 2012. Piden pra eles 17 anos de cárcere. 07/10/14 

A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro // Un membro de Resistencia Galega  recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. 07/10/14

Seguimos con ceos moi nubosos e chuvias que durante a a mañá foron débiles e ocasionais pero de cara a tarde poden ser máis frecuentes sobre todo polas Rías baixas. As temperaturas seguen a baixar. 07/10/14

O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, decretou o ingreso en prisión de Raúl Agulleiro, o mozo de 24 anos detido coma presunto autor do atentado da semana pasada contra a casa do concello de Baralla, en Lugo // Aprobada a fusión de Abanca e o Banco Etcheverría. A Xunta de accionistas da entidade, herdeira das caixas de aforros aprobou hoxe a operación, consistente nunha ampliación de capital de Abanca // Morre nun incendio na súa vivenda de madrugada na Coruña. O falecido é un home  de 51 anos que vivía nun noveno piso no barrio de Elviña. Un irmán da vítima co que convivía logrou fuxir das lapas que puideron comezar o deixar un deles unha vela acesa. 06/10/14

O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, decretou o ingreso en prisión de Raúl Agulleiro, o mozo de 24 anos detido coma presunto autor do atentado da semana pasada contra a casa do concello de Baralla, en Lugo // Aprobada a fusión de Abanca e o Banco Etcheverría. A Xunta de accionistas da entidade, herdeira das caixas de aforros aprobou hoxe a operación, consistente nunha ampliación de capital de Abanca. O grupo resultante convértese no décimo banco español polo volume dos seus activos // Morre nun incendio na súa vivenda de madrugada na Coruña. O falecido é un home  de 51 anos que vivía nun noveno piso no barrio de Elviña. Un irmán da vítima co que convivía logrou fuxir das lapas que puideron comezar o deixar un deles unha vela acesa. 06/10/14

Moitas nubes e choivas sobre todo nas provincias atlánticas principiamos semana. Chuvias máis frecuentes e intensas na Coruña e Pontevedra e que se foron estendendo o resto. 06/10/14

O xuíz da Audiencia Nacional, Fernando Andreu, decretou o ingreso en prisión de Raúl Agulleiro, o mozo de 24 anos detido coma presunto autor do atentado da semana pasada contra a casa do concello de Baralla, en Lugo // Aprobada a fusión de Abanca e o Banco Etcheverría // Morre nun incendio na súa vivenda de madrugada na Coruña. O falecido é un home  de 51 anos que vivía nun noveno piso no barrio de Elviña. 06/10/14