Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega infectada de évola, experimenta unha lixeira melloría, segundo o equipo médico que a atende no Hospital Carlos Tercero de Madrid. Unha situación que invita ao optimismo, ao cumprírense os 15 días dende o inicio da doenza, prazo a partir do que a recuperación destes enfermos se presenta coma posible // A área sanitaria de Santiago estrea un laboratorio robotizado para as analíticas, que permitirá adiantar os diagnósticos das doenzas, e facelas con maior seguridade. Vai recibir ao día 2.300 mostras para analizar // As 20 empresas máis exportadoras de Galicia, exemplo para toda a patronal. Eso é o que quere a Xunta, para que a nosa economía dependa menos do mercado interior. O obxectivo é que as exportacións supoñan no ano 2020 o 40% da riqueza do pais. 14/10/14

Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega infectada de évola, experimenta unha lixeira melloría, segundo o equipo médico que a atende no Hospital Carlos Tercero de Madrid // A área sanitaria de Santiago estrea  un laboratorio robotizado para as analíticas // As 20 empresas máis exportadoras de Galicia, exemplo para toda a patronal. Eso é o que quere a Xunta, para  que a nosa economía dependa menos do mercado interior. 14/10/14 

Horas decisivas para a evolución da auxiliar de enfermeiría Teresa Romero afectada de ébola, ingresada no Hospital Carlos Tercero. Segundo informaron á familia os médicos que a atenden, a pasada noite sofriu un empeoramento pero os facultativos lograron estabilizala // O Goberno mantén a previsión de que o acceso por AVE dende Galicia à meseta entre en servizo no 2018. Confirmouno a Ministra de Fomento, Ana Pastor, que hoxe visitou, canda o Presidende da Xunta, as obras de construcción desta infraestructura entre Ourense e o límite coa provincia de Zamora // Hoxe tomou posesión das instalacións da Fabrica de Armas da Coruña a nova empresa adxudicataria, Hércules  de Armamento, que a vai xestionar durante os próximos 15 anos, logo de gañar o concurso convocado polo Ministerio de Defensa // Esperan volvela por en producción a mediados do ano que vén. Os antigos traballadores piden saber se os novos xestores van contar con eles, nunha etapa na que agardan crear 150 postos de traballo. 13/10/14

Horas decisivas para a evolución da auxiliar de enfermeiría Teresa Romero afectada de ébola, ingresada no Hospital Carlos Tercero. Segundo informaron á familia os médicos que a atenden, a pasada noite experimentou un notable empeoramento pero os facultativos lograron estabilizala // En varios hospitais houbo hoxe concentracións de apoio a auxiliar infectada co ébola nas que reclamaron máis formación e mellores equipos para atender posibles casos, coma no do Meixoeiro de Vigo, o centro de referencia para o ébola en Galicia // Tres persoas morreron en accidentes de tráfico durante a fin de semana. O sinistro máis grave tivo lugar en Sarria onde unha parella de 34 e 35 anos faleceu ao bater frontalmente contra outro vehículo. 13/10/14

Horas decisivas para a evolución da auxiliar de enfermeiría Teresa Romero afectada de ébola, ingresada no Hospital Carlos Tercero // O Goberno mantén a previsión de que o  acceso por AVE dende Galicia à meseta entre en servizo no 2018 // Tres persoas morreron en accidentes de tráfico durante a fin de semana. 13/10/14 

A semana empeza con ceos grises e temperaturas suaves, típicas xa do outono. Pola tarde, unha nova fronte deixará chuvias en toda Galicia, mais intensas na costa. 13/10/14

Teresa Romero segue loitando por salvar a súa vida. A auxiliar de clínica de Becerreá infectada de ébola atópase, segundo o último parte médico, estable dentro da gravidade // Tres mulleres e un home pasaron xa a disposición xudicial coma presuntos autores dos roubos que se descubriran nos xulgados de Santiago de onde fora roubado tamén un mando do garaxe // A Xunta destinou hoxe 5 millóns de euros  para o equipamento electromédico do complexo hospitalario de Vigo e anunciou que, no primeiro semestre do ano que vén, estará rematado o novo hospital da cidade // O Consello tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de nova lei do solo que entra agora en período de información pública. 10/10/14

Teresa Romero segue loitando por salvar a súa vida. A auxiliar de clínica de Becerreá infectada de ébola atópase, segundo o último parte médico, estable dentro da gravidade. Son horas decisivas despois de que onte empeorase // Tres mulleres e un home pasaron xa a disposición xudicial coma presuntos autores dos roubos que se descubriran nos xulgados de Santiago de onde fora roubado tamén un mando do garaxe // A Xunta destinou hoxe 5 millóns de euros para o equipamento electromédico do complexo hospitalario de Vigo e anunciou que, no primeiro semestre do ano que vén, estará rematado o novo hospital da cidade. 10/10/14

Teresa Romero segue loitando por salvar a súa vida, atópase, segundo o último parte médico, estable dentro da gravidade // Tres mulleres e un home pasaron xa a disposiciòn xudicial coma presuntos autores dos roubos que se descubriran nos xulgados de Santiago // A Xunta destinou hoxe 5 millóns de euros para o equipamento electromédico do complexo hospitalario de Vigo. 10/10/14

O debilitamento da zona de baixas presións que nos afectou hos últimos dias está a facer que as precipitacións sexan máis espaciadas. Aínda así as abondosas nubes que siguen a cubrir o ceo poden deixar algunha chuvia ocasional. 10/10/14

Novo problema, neste caso fiscal, para Navantia Ferrol. O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera que podería ter que pagarlle ao concello de Ferrol máis de tres millóns  de euros que é o importe do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, do que estivo exento dende hai seis anos. Agora terá que ser un xulgado da cidade galega o que decida // Empeora o estado de saúde da auxiliar de enfermería de Becerreá infectada por ébola.  Teresa Romero tivo que ser intubada. Seu irmán asegura que presenta problemas pulmonares e que probablemente empecen a subministrarlle un novo medicamento // Segunda sesión do xuízo a un profesor de Celanova por supostos abusos a seis alumnas. Ningunha das testemuñas citadas  recoñece telos visto pese a que supostamente sempre se produciron na clase, no patio ou no comedor. 09/10/14

Empeora o estado de saúde da auxiliar de enfermería de Becerreá infectada por ébola. Teresa Romero tivo que ser intubada. Seu irmán asegura que presenta problemas pulmonares e que probablemente empecen a subministrarlle un novo medicamento // O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera que  Navantia de Ferrol podería ter que pagarlle ao concello o importe do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, do que estivo exento dende hai seis anos // O adestrador do Deportivo pide que non cunda o medo ante a situación do equipo na táboa clasificatoria, na que se atopa de colista. 09/10/14

Novo problema, neste caso fiscal, para Navantia Ferrol. O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera que Navantia de Ferrol  podería ter que pagarlle ao concello  máis de tres millóns  de euros que é o importe do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, do que estivo exento dende hai seis anos // Empeora o estado de saúde da auxiliar de enfermería de Becerreá infectada por ébola // Segunda sesión do xuízo a un profesor de Celanova por supostos abusos a seis alumnas. 09/10/14