Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O paro reduciuse en Galicia en 26.000 persoas no 3º trimestre do ano segundo a enquisa de poboación activa. En total hai 258 mil parados, case 21 mil menos ca hai un ano. Galicia é a cuarta Comunidade na que máis subiu o número de ocupados. Os datos da EPA tamén dín que hai case 88 mil fogares en Galicia con todos os seus membros no paro // A Xunta acorda cos Ministerios de Economía e Defensa a instalación dun centro de investigación sobre avións non tripulados, (os denominados drons) no aerodromo lucense das Rozas. O proxecto suporá o investimento de 10 millóns de euros e posibilitará a creación de 50 postos de traballo // O caso da orde relixiosa, descabezada polo bispado de Tui-Vigo, chega agora aos xulgados. Un xuíz de Tui abriu dilixencias logo de que un detective, contratado polas familias de varios adeptos, aportase datos sobre o comportamento da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel. Describen como esa orde controlaba os contactos e as decisións dos membros da orde. 23/10/14

O paro reduciuse en Galicia en 26.000 persoas no terceiro trimestre do ano segundo a enquisa de poboación activa. En total hai 258 mil parados, case 21 mil menos ca hai un ano. Galicia é a cuarta Comunidade na que máis subiu o número de ocupados. Os datos da EPA tamén dín que hai case 88 mil fogares en Galicia con todos os seus membros no paro // A Xunta acorda cos Ministerios de Economía e Defensa a instalación dun centro de investigación sobre avións non tripulados, (os denominados drons) no aerodromo lucense das Rozas. O proxecto suporá o investimento de 10 millóns de euros e posibilitará a creación de 50 postos de traballo // O caso da orde relixiosa, descabezada polo bispado de Tui-Vigo, chega agora aos xulgados. Un xuíz de Tui abriu dilixencias logo de que un detective, contratado polas familias de varios adeptos, aportase datos sobre o comportamento da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel. 23/10/14

O paro reduciuse en Galicia en 26.000 persoas no terceiro trimestre do ano segundo a enquisa de poboación activa // A Xunta acorda cos Ministerios de Economía e Defensa a instalación dun centro de investigación sobre avións non tripulados, no aerodromo lucense das Rozas // O caso da orde relixiosa, descabezada polo bispado de Tui-Vigo, chega agora aos xulgados. 23/10/14

Os médicos que atenden a Teresa Romero van manter as medidas de illamento da paciente ata comprobar que ningún dos fluídos do seu corpo presenta restos da infección por virus do ébola. A auxiliar de enfermería lucense superou a doenza  pero ainda terá que seguir a tratamento para paliar os seus efectos // Máis de cen empresas comprométense a usar o galego e piden á Xunta e ás universidades que lles faciliten as ferramentas e medios para poder facelo. Foi no día da galeguidade empresarial e cando se cumpren dez anos da aprobación do plan de normalización lingüística // Novo atraco na Coruña. Esta vez a plena luz do día. A media mañá era asaltada unha xoieiría do centro da cidade. Tres individuos disfrazados con perrucas  roubaron a punta de pistola o negocio. Lograron levar 30 reloxos de marcas de luxo cun valor aínda sen cuantificar. A policía conseguiu deter a dous. 22/10/14

Os médicos que atenden a Teresa Romero van manter as medidas de illamento da paciente ata comprobar que ningún dos fluídos do seu corpo presenta restos da infección por virus do èbola. A auxiliar de enfermería lucense superou a doenza  pero ainda terá que seguir a tratamento para paliar os seus efectos // Máis de cen empresas comprométense a usar o galego e piden á Xunta e ás universidades que lles faciliten as ferramentas e medios para poder facelo. Foi no día da galeguidade empresarial e cando se cumpren dez anos da aprobación do plan de normalización lingüística // Novo atraco na Coruña. Esta vez a plena luz do día. A media mañá era asaltada unha xoieiría do centro da cidade. Tres individuos disfrazados con perrucas roubaron a punta de pistola o negocio. Lograron levar 30 reloxos de marcas de luxo cun valor aínda sen cuantificar. A policía conseguiu deter a dous. 22/10/14

Os médicos que atenden a Teresa Romero van manter as medidas de illamento da paciente ata comprobar que ningún dos fluídos do seu corpo presenta restos do ébola // Máis de cen empresas comprométense a usar o galego // Novo atraco na Coruña. Esta vez a plena luz do día. 22/10/14 

Novidades xudiciais respecto ao crime da nena Asunta Basterra.  A Audiencia provincial da Coruña anulou a inclusión no sumario da gravación das conversas entre os pais da pequena, mentres estaban detidos no cuartel da Garda Civil // Nas próximas horas coñeceranse os resultados da última análise de sangue realizada a Teresa Romero para comprobar se está xa libre do virus do ébola. Se se confirma que xa non ten carga vírica, poderá saír do illamento ao que estivo sometida, durante os últimos 15 días, e considerarase curada da doenza // Un informe económico elaborado polo  BBVA prevé un crecemento da economía galega para o ano que vén, dun 2,2%. Un prognóstico que mellora  en dúas décimas as previsións feitas pola Xunta. 21/10/14 

Novidades xudiciais respecto ao crime da nena Asunta Basterra. A Audiencia provincial da Coruña anulou a inclusión no sumario da gravación das conversas entre os pais da pequena, mentres estaban detidos no cuartel da Garda Civil // Nas próximas horas coñeceranse os resultados da última análise de sangue realizada a Teresa Romero para comprobar se está xa libre do virus do ébola. Se se confirma que xa non tén carga vírica, poderá saír do illamento ao que estivo sometida, durante os últimos 15 días, e considerarase curada da doenza // Un informe económico elaborado polo  BBVA prevé un crecemento da economía galega para o ano que vén, dun 2 con 2 por cento. Un prognóstico que mellora  en dúas décimas as previsións feitas pola Xunta. 21/10/14 

A Audiencia provincial da Coruña anulou a inclusión no sumario da gravacion das conversas entre os pais de Asunta Basterra, mentres estaban detidos no cuartel da Garda Civil // Nas próximas horas coñeceranse os resultados da última análise de sangue realizada a Teresa Romero para comprobar se está xa libre do virus do ébola // Un informe económico elaborado polo  BBVA prevé un crecemento da economía galega para o ano que vén, dun 2,2%. 21/10/14

Seguimos con sol e calor en toda Galicia. As temperaturas seguirán en valores semellantes os de onte. Máis frescas en torno aos 25 graos polo norte e rondando os 30 no sur. 21/10/14 

O Bispado de Tui-Vigo tomou o control da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, tras unha investigación sobre a conduta moral do seu fundador e presidente, que foi apartado das súas funcións // A Sanidade, con máis de 3.400 millóns de euros de orzamento e a educación con por riba de 2.100 millóns de euros, son as partidas que contan con maiores cantidades  nos orzamentos da comunidade para o ano que vén // O BNG mudará a súa denominación para concorrer ás próximas eleccións municipais. Presentarase baixo a marca electoral  BNG-Asembleas abertas, tal como explicou hoxe o portavoz nacional da formación nacionalista, Xavier Vence. 20/10/14

O Bispado de Tui-Vigo tomou o control da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, tras unha investigación sobre a conduta moral do seu fundador e presidente, que foi apartado das súas funcións // A Sanidade, con máis de 3.400 millóns de euros de orzamento e a educación con por riba de 2.100 millóns de euros, son as partidas que contan con maiores cantidades nos orzamentos da comunidade para o ano que vén // Teresa Romero semella terlle gañado a batalla ao évola. A súa familia respira aliviada á espera de coñecer os resultados de novas análises para descartar definitivamente a existencia de évola no seu organismo // Hoxe comenza a campaña de vacinación contra a gripe que durará dous meses. Sanidade recomenda vacinarse aos maiores de 60 anos, enfermos crónicos e embarazadas. Solicita á poboación que non acudan masivamente nesta primeira semana porque a maior incidencia non se espera ata mediados de decembro. 20/10/14

O Bispado de Tui-Vigo tomou o control da asociación Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, tras unha investigación sobre a conduta moral do seu fundador e presidente // A Sanidade, con máis de 3.400 millóns de euros de orzamento e a educación con por riba de 2.100 millóns de euros, son as partidas que contan con maiores cantidades  nos orzamentos da comunidade para o ano que vén // Teresa Romero semella terlle gañado a batalla ao évola. 20/10/14