Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Máis de 6 mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular. Un tipo de doenza que é a primeira causa de morte entre as mulleres e a segunda entre os homes. Hoxe, se celebra o día mundial adicado a ela, destácase tamén que, deses afectados, 1.500 morren e mais de 3 mil quedan con algún tipo de secuela // O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencións en cursos de formacion, da operación zeta, e di que o seu executivo se vai persoar na causa. Díxoo en resposta aos grupos da oposición, que acusaron ao goberno de permitir un financiamento irregular do PP a través dun grupo de empresarios // 400 expertos en seguridade informática, denominados hackers, reúnense dende hoxe na Coruña en busca de fórmulas para aumentar a fiabilidade da navegación na rede. Avisan sobre a precaución que se debe ter para evitar ataques informáticos, un asunto que preocupa dende aos particulares ata ás principais empresas e a gobernos de todo o mundo.

Máis de seis mil galegos sofren cada ano un accidente cerebrovascular // O Presidente da Xunta destacou que foi o Goberno Galego quen denunciou a suposta fraude de subvencións en cursos de formacion,da operacion zeta // 400 expertos en seguridade informática, os que habitualmente se denominan hackers, reúnense na Coruña en busca de fórmulas para aumentar a fiabilidade da navegación na rede. 29/10/14 

As nubes apenas deixan ver o sol pero de momento non anuncian chuvia. Seguimos iso sí disfrutando dunha máis que agradable temperatura grazas tamén aos ventos do sur. 29/10/14

Galicia será a terceira comunidade española que máis poboación perda, nos próximos 15 anos. Segundo unha proxección demográfica elaborada polo Instituto Nacional de Estatística, a nosa comunidade diminuirá a súa poboación, de aquí ao 2029, en máis de  207 mil habitantes // Un coruñés de Vimianzo, de 38 anos, é o primeiro galego que leva un corazón artificial. Implantáronllo no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e consiste nunha bomba que envía o sangue dende o corazón danado á arteria aorta, realizando a función do ventrículo danado do paciente. E o sexto caso en España no que se realiza unha operación deste tipo // As minas abandonadas de Galicia converteranse nun reclamo turístico. Mais de 100 puntos de interese foron  recollidos neste mapa do patrimonio mineiro galego presentado esta mañá, dentro do  programa atlanterra que busca potenciar todo o patrimonio mineiro da comunidade. 28/10/14 

Un coruñés de Vimianzo, de 38 anos, é o primeiro galego que leva un corazón artificial. Implantáronllo no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e consiste nunha bomba que envía o sangue dende o corazón danado á arteria aorta, realizando a función do ventrículo danado do paciente. E o sexto caso en España no que se realiza unha operación deste tipo // 300 mil aves morren atrapadas nos anzois das redes de palangre de todo o mundo das flotas que andan ao peixe espada, atún ou fletán negro. O sector pesqueiro español está adoptando medidas que poden reducir ata un 90% esta pesca non desexada // Cada vez visitan Galicia máis turistas estranxeiros. 800 mil ata setembro, que gastaron aquí case 700 millóns de euros. É un 20% máis que no mesmo período de 2013. Entre os novos reclamos que poderán coñecer os turistas están as minas abandonadas. 28/10/14 

Un coruñés de Vimianzo, de 38 anos, é o primeiro galego que leva un corazón artificial // 300 mil aves morren atrapadas nos anzois das redes de palangre de todo o mundo // Cada vez visitan Galicia máis turistas estranxeiros. 800 mil ata setembro, que gastaron aquí case 700 millóns de euros. 28/10/14

Teremos ceos anubados pero o risco de precipitacións é pequeno. So pode caer algunha na parte máis occidental da provincia da Coruña, durante a tarde. 28/10/14 

Recupéranse en centros hospitalarios de Vigo as dúas persoas feridas no accidente da avioneta que acabou esnafrada contra unha zona arborada, a poucos metros da Autoestrada AP-9, na localidade pontevedresa de Barro // Satisfacción na Coruña, logo da detención dunha banda de ladróns que asaltara máis dun cento de vivendas. Case todos son xeorxianos pero tamén hai entre eles un acusado, de nacionalidade española // Por primeira vez, dende hai sete anos, aumenta a inserción laboral dos licenciados universitarios galegos. O 63% dos que remataron os seus estudos no curso 2010-2011 atoparon traballo. 27/10/14 

Recupéranse en centros hospitalarios de Vigo as dúas persoas feridas no accidente da avioneta que acabou esnafrada contra unha zona arborada, a poucos metros da Autoestrada AP-9, na localidade pontevedresa de Barro // Satisfacción na Coruña, logo da detención dunha banda de ladróns que asaltara máis dun cento de vivendas.  Case todos son xeorxianos pero tamén hai entre eles un acusado, de nacionalidade española // Por primeira vez, dende hai sete anos, aumenta a inserción laboral dos licenciados universitarios galegos. O 63% dos que remataron os seus estudos no curso 2010-2011 atoparon traballo. 27/10/14 

Recupéranse en centros hospitalarios de Vigo as dúas persoas feridas no accidente da avioneta // Satisfacción na  Coruña, logo da detención dunha banda de ladróns que asaltara máis dun cento de vivendas // Por primeira vez, dende hai sete anos, aumenta a inserción laboral dos licenciados universitarios galegos. 27/10/14 

Hoxe aínda disfrutamos de bo tempo. Despois dunha fin semana na que moitos volveron ás praias as previsións apuntan a que pouco a pouco vai ir mudando a situación. A semana principia con sol e con temperaturas por agora moi agradables. 27/10/14 

A Garda Civil detivo en Vigo  un home de 38 anos ....por corrupción de menores e acoso a través de internet.  Están identificadas, de momento, 13 das súas vítimas, de entre 11 e 17 anos de idade. 

    A partir do domingo as cadeas de televisión emitirán por novas frecuencias ,  polo que será preciso adaptar... as antenas colectivas dos edificios.   Uns 70.000  precisarán da visita dun antenista. 

   Un asesor financeiro recoñece terse apropiado de 120.000 euros dos seus clientes durante os catro anos que traballou como axente dun banco no concello de Monterrei, en Ourense. (24/10/14)

A Garda Civil detivo en Vigo  un home de 38 anos ....por corrupción de menores e acoso a través de internet.  Están identificadas, de momento, 13 das súas vítimas, de entre 11 e 17 anos de idade.  O detido era monitor dun equipo de baloncesto feminino nun colexio da cidade.

    A partir do domingo as canles de televisión emitirán por novas frecuencias ,  polo que será preciso adaptar... as antenas colectivas dos edificios.   Uns 70.000  precisarán da visita dun antenista.   Os instaladores de telecomunicacións advirten, que para recibir as axudas do Goberno, as comunidades deben contratar empresas rexistradas. no Ministerio de Industria

   Un asesor financeiro recoñece terse apropiado de 120.000 euros dos seus clientes durante os catro anos que traballou como axente dun banco no concello de Monterrei, en Ourense. Di estar  tan arrepentido do que fixo... que pensa devolverlles os cartos... aos 14 clientes afectados, entre eles o unico que denunciou o caso. a familia dun enfermo de alzheimer  (24/10/14)

A Garda Civil detivo en Vigo  un home de 38 anos por corrupción de menores e acoso a través de internet.

    A partir do domingo as cadeas de televisión emitirán por novas frecuencias .

   Un asesor financeiro recoñece terse apropiado de 120.000 euros dos seus clientes. (24/10/14)

Hoxe o tempo déixanos moitas nubes pero de momento temperaturas moi agradables. As máximas iso sí serán máis baixas cas que estivemos a disfrutar durante a semana. (24/10/14)