- La juez de Pokemon cree que el PP de Ourense pudo financiarse "ilícitamente"
- El exgerente asegura que así se defiende de las acusaciones de Baltar Pumar
Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos // O Presidente da Xunta destaca o bon momento do sector da automoción galega, durante a visita á empresa viguesa GKN Driveline que ten 860 traballadores e fabrica transmisións para as principais marcas // Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A xuíza Pilar de Lara acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial, dirixe a operación. Busca documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense. 21/11/14
Rexistro xudicial na deputación de Lugo. A operación foi dirixida pola xuíza Pilar de Lara, acompañada dunha ducia de axentes da policía xudicial. Buscaban documentación sobre o programa KM 0 de visitas guiadas á lugares de interese da provincia lucense // A mesma xuíza, Pilar de Lara, tamén está a investigar se o PP de Ourense se financiou ilegalmente cando o dirixiu José Luis Baltar. Quere saber se é certo que Baltar aceptaba doazóns de empresas que non se recollían nas contas do partido. Segundo o exxerente da formación, algún ano podería ter chagado a recadar 200.000 euros // Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol. Son 50 embarcacións cun custe total de 25 millóns de euros. Aseguran traballo para os 155 operarios da factoría para os próximos dous anos. 21/11/14
Nas naves do estaleiro Rodman Poliships, na Ría de Vigo, trabállase xa para atender o pedido dunha empresa Chinesa, Sonangol // O Presidente da Xunta destaca o bo momento do sector da automoción galega // Rexistro xudicial na deputación de Lugo. 21/11/14
Hoxe seguimos disfrutando de temperaturas moi agradables, incluso do sol sobre todo nas primeiras horas. 21/11/14
O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, participou, na Coruña, na entrega do Premio Fernández Latorre ao profesor e comentarista político Xosé Luis Barreiro. Previamente asinara, en Santiago, un convenio coa Xunta para destinar 17 millóns de euros a obras de restauración da Catedral // A Xunta aproba unha declaración institucional para o 25 de novembro, dia contra a violencia de xénero. Fará mais campañas de prevención de cara aos mais novos, na familia e nos centros educativos. Neste ano levan morto en Galicia por esta violencia, 6 mulleres, e 50 nos últimos 15 anos // Un establecemento de Ourense, o Nova Restaurante, é o último galego que pode presumir dunha estrela michelin. Rexéntano Daniel e Julio, dous curmáns que levan apenas un par de anos no negocio. Co deles, son doce os que contan, na nosa comunidade, coa famosa estrela. 20/11/14
O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, está hoxe en Galicia para asinar un convenio coa Xunta polo que o Goberno Central vai aportar 17 millóns de euros para esas obras na Catedral de Santiago. Servirán para reparar o deterioro da pedra do monumento // A Xunta aproba unha declaración institucional para o 25 de novembro, dia contra a violencia de xénero. Fará mais campañas de prevención de cara aos mais novos, na familia e nos centros educativos. Neste ano levan morto en Galicia por esta violencia 6 mulleres, e 50 nos últimos 15 anos // Despedida en Pontevedra os 280 militares da Brilat que marchan a Afganistán. Protexerán a base e o aeroporto de Herat, con vistas xa á próxima retirada do país asiático. O 1 de xaneiro a Brilat iniciará en terras afgás a súa sexta misión en Afganistán, que se prolongará ata maio. 20/11/14
O Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, está hoxe en Galicia para asinar un convenio coa Xunta polo que o Goberno Central vai aportar 17 millóns de euros obras de restauración na Catedral de Santiago // A Xunta aproba unha declaración institucional para o 25 de novembro, dia contra a violencia de xénero // Despedida en Pontevedra os 280 militares da Brilat que marchan a Afganistán. 20/11/14
Lixeira melloría do tempo neste xoves no que o máis chamativo é a suba das temperaturas. 20/11/14
- Entre ellos está el exdirector general de Trabajo de la Xunta, Odilo Martiñá
- Están citados por presuntos delitos de tráfico de influencias y cohecho
- La titular del juzgado ha ampliado a 30 los imputados en la Operación Zeta
Elévase a 30 o número de imputados na denominada Operación Zeta sobre presuntas irregularidades en cursos de formación laboral. A xuíza que a instrúe imputa a outras 23 persoas que se suman ás sete iniciais // En Lugo recibiron a alta dous dos dez anciáns ingresados por lexionela. O resto evolucionan favorablemente, segundo o Sergas. Nos dous centros afectados, a residencia privada de Guntín e a pública de Lugo, a actividade é normal // Xulgado na Coruña un home que lle prendeu lume á casa na que vivía, coa súa parella dentro, e que pode ser condenado a 5 anos de prisión, logo dun acordo entre acusación e defensa. 19/11/14
En Lugo recibiron a alta dous dos dez anciáns ingresados por lexionela. O resto evolucionan favorablemente, segundo o Sergas. Nos dous centros afectados, a residencia privada de Guntín e a pública de Lugo, a actividade é normal // Xulgado na Coruña un home que lle prendeu lume á casa na que vivía, coa súa parella dentro, e que pode ser condenado a 5 anos de prisión, logo dun acordo entre acusación e defensa // Algúns dos mellores traballos científicos dos escolares galegos participan en Ourense en Galiciencia, unha feira que busca espertar o interese dos pequenos pola investigación. 19/11/14
En Lugo recibiron a alta dous dos dez anciáns ingresados por lexionela // Xulgado na Coruña un home que lle prendeu lume á casa na que vivía, coa súa parella dentro, e que pode ser condenado a 5 anos de prisión // Algúns dos mellores traballos científicos dos escolares galegos participan en Ourense en Galiciencia. 19/11/14
Volveron as néboas e subiron as temperaturas. As máximas tamén en ascenso deixarán hoxe os termómetros por riba dos quince graos en boa parte de Galicia. 19/11/14
- Programa especial desde el cine Principal de la capital gallega
- El director del festival, José Luis Losa, entre los invitados
Os hoteis de Vigo onde están concentradas as seleccións de España e Alemaña son lugar de peregrinación de moitos siareiros que queren achegarse aos ídolos futbolísticos que esta noite se van enfrontar en Balaídos // Novo caso de lexionela en Lugo. Rexistrouse nunha residencia de anciáns privada de Guntín onde tres persoas tiveron que ser hospitalizadas e evolucionan favorablemente // Xunta e deputación de Ourense van investir 160 millóns de euros nos vindeiros seis anos para modernizar e promocionar os balnearios. 18/11/14