Importante despregue policial á entrada da Coruña esta mañá. Estaba previsto o desaloxo dunha vivenda expropiada para a construcción do futuro parque ofimático. Medio cento de policías participaron no operativo mentres veciños e membros de stop desafiuzamentos tentaron impedir o derrubamento, mesmo subindo ao teito da vivenda.
A Xunta crea a axencia para a mellora da competitividade, para facilitar o labor dos empresarios emprendedores. Pretende crear 50 mil postos de traballo e aumentar en seis puntos o peso da Industria no produto interior bruto, ata o 20 por cento.
Xuízo, na Audiencia provincial de Ourense, a un exdirectivo bancario acusado de apropiarse de 350.000 euros de clientes entre os anos 1999 e 2002. Segundo a fiscalía, falsificaba reintegros e despois ingresaba os cartos en contas súas e de varios familiares. (27/11/14)