-O secretario xeral do Pse de G-Psoe, Xosé Ramón Gómez Besteiro, di que a cidadanía refrendou a opción de retirarlles as deputacions ó Partido Popular, e que o Psoe foi a segunda forza mais votada, en relación a súa aspiración a presidir os organismos provinciais de Pontevedra e da Coruña.
-A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, vai vender o coche de Besteiro: un audi A-8 que custou mais de cen mil euros. Di que pra aforrar. Besteiro sinala que os socialistas aforraron un millón de euros en coches oficiais cando chegou ó goberno da institución provincial.
-Entra en vigor o plan de protección da praia das Catedrais, que restrinxe as visitas a algo mais de 4.000 ó día, e que obriga a conseguir un pase previo.