O Alcalde das Pontes, o socialista Valentín González Formoso, será, a partir de mañá, o novo presidente da Deputación da Coruña // O escritor Xosé Neira Vilas, autor de "Memorias dun neno labrego", figura entre os persoeiros aos que a Xunta lles concedeu as medallas de ouro de Galicia // A Xunta deulle o visto e prace ao proxecto de Lei do Solo que agora vai ser enviado ao Parlamento. 15/07/15
Continuamos baixo a influencia do anticiclón, con sol e temperaturas altas. 15/07/15
PSOE e BNG asinan o acordo para gobernar a Deputación da Coruña. Comprométense a adelgazar a institución provincial.
O Consello da Xunta aproba o anteproxecto da Lei do Solo e as Medallas de Galicia.
As principais forzas políticas, incluído o PP, asinan un manifesto da Mesa a prol do futuro e a normalización do galego.
Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta. José Manuel Baltar volve estar á fronte do organismo provincial. Na nova corporación hai un partido mais, Democracia Ourensana, que sentará xunto a PP, PsdeG, e BNG // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo. A Conselleira do Medio Rural deulles hoxe a benvida aos membros destas patrullas, con base en Madrid, e que van vixiar en Galicia, ata ao mes de setembro // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. Vendou prendas por un valor total de 18.000 millóns e creou 8.000 postos de traballo en todo o mundo. 14/07/15
Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta. José Manuel Baltar volve estar á fronte do organismo provincial. Na nova corporación hai un partido mais, Democracia Ourensana, que sentará xunto a PP, PsdeG, e BNG // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo. A Conselleira do Medio Rural deulles hoxe a benvida aos membros destas patrullas, con base en Madrid, e que van vixiar en Galicia, ata ao mes de setembro // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. Vendou prendas por un valor total de 18.000 millóns e creou 8.000 postos de traballo en todo o mundo. 14/07/15
Constituída a Deputación de Ourense, a única de Galicia na que o Partido Popular ten maioría absoluta // A vixilancia contra os incendios forestais contará, un ano mais, coa colaboración da policía a cabalo // Inditex obtivo o ano pasado un beneficio de 2.500 millóns de euros, son 129 mais que do ano anterior. 14/07/15
Seguimos con temperaturas altas. Manterase a sensación de calor, sobre todo no sur de Galicia. En Ourense pode acadar esta tarde os 38 graos. 14/07/15
O Parlamento de Galicia aprobará a renovación do Consello de Contas e o Valedor no próximo pleno extraordinario. BNG e AGE critican o pacto entre PP e PSOE.
Constituída a Deputación de Ourense, que volverá estar presidida polo popular Manuel Baltar.
Os prezos subiron 3 décimas en Galicia no mes de xuño.
Inditex obtivo un beneficio de 2.500 millóns de euros o ano pasado.
As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // O tribunal supremo confirma a sanción ao xuíz do caso Asunta, José Antonio Vázquez Taín, por comentarios respecto dese asunto, mentres él o instruía. O xuíz referírase ó caso durante un congreso, ante publico e medios de comunicación. 13/07/15
As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. O Partido Popular pide crear unha comisión para ver a forma de evitar posibles indemnizacións ao promotor, que poderían chegar aos 30 millóns de euros. Mentres, a Alcaldesa, do Partido Socialista, propón agardar ata que haxa unha resolución xudicial, antes de tomar medidas // Primeiro adestramento do Celta, logo de anunciar a fichaxe do sueco Jhon Guidetti, un dianteiro de 23 anos, que ficha por 5 anos. Entre os que se incorporaron ás ordes de Berizzo figura o danés Dani Wass, outra recente fichaxe do clube. 13/07/15
As instalacións que subministran enerxía ao novo Hospital de Vigo producen frío e calor, cun sistema de aforro que lle valeu ao novo Hospital converterse no primeiro de España que consegue a certificación europea de edificio sostible // O edificio do Garañón, paralizado en Lugo, por orde xudicial, preocupa ás autoridades locais. 13/07/15
Soben algo as temperaturas, sobre todo pola tarde. Onde mais, na contorna do río Miño, en Ourense. 13/07/15
Hoxe iniciamos unha semana decisiva para a constitución das novas Deputacións de Ourense, Pontevedra e A Coruña. Nesta última é onde se mantén nestes momentos o panorama máis aberto sobre a súa presidencia.
O presidente da Xunta recibe ó alcalde de Ourense.
BNG e Esquerda Unida din estar preparados para un hipotético adianto electoral das autonómicas.
Reabre o primeiro polígono de mexillón despois de dúas semanas con tódalas bateas pechadas.
Entrevista a Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra.
O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e queimou leiras e superficie forestal. En total, calcinou 50 hectáreas de terreo, 28 de monte e o resto de superficie agrícola. As lapas obrigaron a cortar o trafico na estrada que une Baltar con Xinzo de Limia // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos. Os socialistas din que a presidencia lles corresponde a eles // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. 10/07/15
O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e queimou leiras e superficie forestal. En total, calcinou 50 hectáreas de terreo, 28 de monte e o resto de superficie agrícola. As lapas obrigaron a cortar o trafico na estrada que une Baltar con Xinzo de Limia // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos. Os socialistas din que a presidencia lles corresponde a eles // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. Anunciárono hoxe na localidade de Arca, preto de Santiago, onde unha peregrina perdía a vida, a principio deste verán. 10/07/15
O lume dun incendio forestal matou 5.000 pitos nunha granxa de Baltar, en Ourense e queimou leiras e superficie forestal // O BNG segue esixíndolle ao PsdeG a presidencia da Deputación da Coruña, dentro do acordo de programas decidido por ambos partidos // As administracións van buscar solucións para mellorar a seguridade dos 25 puntos perigosos, nos que os camiños de Santiago se cruzan con estradas, na rede viaria Galega. 10/07/15
As temperaturas baixaron bastante respecto ó dia caloroso de onte. Así vai seguir, ata mañá ó mediodía. 10/07/15
-A menos dunha semana de que se constitúa, tanto Psoe como BNG reclaman pra si a presidencia da Deputación da Coruña. Con todo, ambas formacions coinciden en que non se vai dar un escenario como na Deputación de Lugo.
-O delegado do goberno anuncia unha comisión Xunta-Ministerio de Fomento para mellorar a seguridade viaria no Camiño de Santiago, tralo atropelo mortal dunha peregrina alemana, no concello coruñés do Pino.
-Xerra de auga fría para a flota cefalopodeira galega, tras asinar a Unión Europea un acordo pesqueiro con Mauritania que impide á volta destes barcos ó caladoiro africano.