Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O 1 de xullo estarán operativos todos os medios de loita contra o lume para esta campaña // Cúmprense 23 días do secuestro en Venezuela do empresario de Gondomar  Jaime Carrera // Algúns dos protagonistas da consecución do primeiro título oficial do deportivo, a Copa do Rei da temporada 1994-95, lembraron hoxe o significado daquel trofeo. 26/06/15

Os efectos da vaga de calor aínda non chegaron a Galicia. As nubes volverán ao remate do día con temperaturas semellantes as de onte que mesmo incluso poden descender algo. 26/06/15  

Comezou nos estaleiros de Navantia en Fene o corte de chapa para o pedido de 29 bases de aeroxeradores para un parque eólico mariño no Mar Báltico. É unha encarga de Iberdrola, a primeira de Navantia no negocio eólico. Terán que telos listos nun ano e darán traballo a uns 600 operarios // A Nova presidenta da Deputación de Lugo, do PP, personifica a sorpresa política das últimas horas, por ser elexida contra pronóstico, porque o alcalde de Becerreá rompeu a disciplina do PSde G. Elena Candia asegura que non a condiciona a posibilidade dunha moción de censura por parte de socialistas e nacionalistas // Unha fotografía do biologo vigués Fernando Rey  foi elexida pola nasa como a imaxe astronómica do dia é unha instantánea da Lúa, Xúpiter e Venus sobre as illas Cíes no pasado sábado. 25/06/15

Comezou nos estaleiros de Navantia en Fene o corte de chapa para o pedido de 29 bases de aeroxeradores para un parque eólico mariño no Mar Báltico // A Nova presidenta da Deputación de Lugo, do PP, asegura que  non a condiciona a posibilidade dunha moción de censura por parte de socialistas e nacionalistas // Unha fotografía do biologo vigués Fernando Rey  foi elexida pola nasa como a imaxe astronomica do dia. 25/06/15

Comezou nos estaleiros de Navantia en Fene o corte de chapa para o pedido de 29 bases de aeroxeradores para un parque eólico mariño no Mar Báltico. É unha encarga de Iberdrola, a primeira de Navantia no negocio eólico. Terán que telos listos nun ano e darán traballo a uns 600 operarios // A Nova presidenta da Deputación de Lugo, do PP, personifica a sorpresa política das últimas horas, por ser elexida contra pronostico, porque o alcalde de Becerreá rompeu a disciplina do PdeG Elena Candia asegura que non a condiciona a posibilidade dunha moción de censura por parte de socialistas e nacionalistas // Unha fotografía do biólogo vigués Fernando Rey  foi elexida pola nasa como a imaxe astronómica do dia é unha instantánea da Lúa, Xúpiter e Venus sobre as illas cíes no pasado sábado. 25/06/15  

Contra o previsto, Elena Candia, do PP, será presidenta da deputación de Lugo, no canto do candidato do Psdeg, porque o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martinez se votou a si mesmo. Martínez era inicialmente o candidato do PSDEG ata que o partido anunciou hoxe que no seu lugar propuña ao alcalde da Pontenova, o tamén socialista, Darío Campos // Día de limpeza dos areais da Coruña logo da noite de San Xoán. As praias de Riazor e Orzán acolleron a 150 mil persoas e hoxe os servizos de limpeza recolleron deses areais 80 toneladas de lixo. 237 persoas tiveron que ser atendidos por queimaduras leves e borracheiras // O porto de Vigo leva dous días descargando granito e aluminio, 17.500 toneladas procedentes do sur de África.  É a maior descarga desde o ano 2008 procedente dun só barco. O volume de desestiba nas instalacións portuarias de Vigo comezara a caer co inicio da crise económica. 24/06/15

Contra o previsto, Elena Candia, do PP, será presidenta da deputacion de Lugo, no canto do candidato do Psdeg, porque o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez se votou a si mesmo. Martinez era inicialmente o candidato do PSDEG  ata que o partido anunciou hoxe que no seu lugar propuña ao alcalde da Pontenova, o tamen socialista, Darío Campos // Día de limpeza dos areais da Coruña logo da noite de San Xoán. As praias de Riazor e Orzán acolleron a 150 mil persoas e hoxe os servizos de limpeza recolleron deses areais 80 toneladas de lixo. 237 persoas tiveron que ser atendidos por queimaduras leves e borracheiras // O porto de Vigo leva dous días descargando granito e aluminio, 17.500 toneladas procedentes do sur de África. É a maior descarga desde o ano 2008 procedente dun só barco. O volume de desestiba nas instalacións portuarias de Vigo comezara a caer co inicio da crise económica. 24/06/15

Contra o previsto, Elena Candia, do PP, será presidenta da deputación de Lugo // Día de limpeza dos areais da Coruña logo da noite de San Xoán // O porto de Vigo leva dous días descargando granito e aluminio, 17.500 toneladas procedentes do sur de África. 24/06/15

O Goberno Galego tén a intención de por en marcha un cheque para compra de material escolar. Terá un importe de entre 40 e 50 euros e beneficiará ás familias con menos recursos // A Garda Civil detén en Santa Comba a un veterinario venezolano fuxido da xustiza norteamericana. Está acusado de transportar heroína desde Colombia ata os Estados Unidos introducindo droga no corpo de cadelos // Milleiros de fogueiras iluminarán dentro de poucas horas a noite de todas as cidades e aldeas de Galicia. A cita máis concorrida será a das praias da Coruña onde todo está preparado para que máis de cen mil persoas participen nas cacharelas. 23/06/15

O Goberno Galego tén a intención de por en marcha un cheque para compra de material escolar. Terá un importe de entre 40 e 50 euros e beneficiará ás familias con menos recursos // A Garda Civil detén en Santa Comba a un veterinario venezolano fuxido da xustiza norteamericana. Está acusado de transportar heroína desde Colombia ata os Estados Unidos introducindo droga no corpo de cadelos // Milleiros de fogueiras iluminarán dentro de poucas horas a noite de todas as cidades e aldeas de Galicia. A cita máis concorrida será a das praias da Coruña onde todo está preparado para que máis de cen mil persoas participen nas cacharelas // Algúns dos produtos típicos da celebración coma as sardiñas duplicaron o seu prezo. 23/06/15

O Goberno Galego tén a intención de por en marcha un cheque  para compra de material escolar // A Garda Civil detén en Santa Comba a un veterinario venezolano fuxido da xustiza norteamericana // Milleiros de fogueiras iluminarán dentro de poucas horas a noite de todas as cidades e aldeas de Galicia. 23/06/15  

Pese a que o día amenceu con néboas e algúns orballos o previsto é que non chova, pese aos ceos  anubados nun día no que seguen a baixar as temperaturas máximas por mor da entrada de aire marítimo. Só se agarda que chova, por treboadas, no interior de Ourense. 23/06/15 

A potenciación dos camiños de Santiago, que chegan a Galicia dende Portugal e a electrificación da liña do tren entre Vigo e Porto, na parte que transcorre polo país veciño, figuran entre os acordos acadados hoxe no cumio hispano portugués, celebrado na localidade pontevedresa de Baiona // 7.336 mestres comezan dende hoxe as oposicións para conseguir unha das 446 prazas convocadas pola Xunta // En Ourense, hoxe poderían superar os 35 graos, pero a sensación de calor non é tan abafante coma onte. No resto, a calor seguirá pero dando unha pequena tregua. 22/06/15

Os máximos mandatarios de España e Portugal encabezan a delegación que está a analizar, na vila pontevedresa a cooperación entre os dous países e os retos da Unión Europea. Mariano Rajoy e o Primeiro Ministro portugués, Pedro Passos Coelho encabezan as delegacións de ambos países que participan no cumio, con seis ministros cada unha // O Parlamento aprazou hoxe a designación do secretario xeral dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro como senador, en sustitución da tamén socialista,  Paula Fernández. O aprazamento produciuse, a petición do Partido Popular que o achacou á  falta de acordo cos socialistas sobre a renovación de vacantes noutros organismos autonómicos como o Consello de Constas // 7.336 mestres comezan dende hoxe as oposicións para conseguir unha das 446 prazas convocadas pola Xunta. 22/06/15 

Os máximos mandatarios de España e Portugal  encabezan o cumio entre os dous países que se celebra en Baiona // O Parlamento aprazou hoxe a designación do secretario xeral dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro como senador // 7.336 mestres comezan dende hoxe as oposicións para conseguir unha das 446 prazas convocadas pola Xunta. 22/06/15 

Segue a calor pero dando unha pequena tregua. Alomenos na costa atlántica comezarán a descender as temperaturas máximas que hoxe quedarán algo por baixo dos 30 graos. Ao mesmo tempo irá medrando a formación de nubes que mesmo poden deixar treboadas nas provincias de Lugo e Ourense. 22/06/15