A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, confía nun acordo co BNG pra arrebatarlle a deputación provincial ó Partido Popular, mediante unha moción de censura.
-Xunta e Abanca chegan a un acordo para evitar desaloxos en casos de impago de hipoteca ou de aluguer a familias necesitadas.
-Constitúese en Santiago a Plataforma en defensa do sector lácteo.
-Psoe e BNG chegan a un acordo sobre as deputacions.
-O presidente da Xunta Núñez Feijoo recibe ó alcalde de Vigo, Abel Caballero. É a primeira reunión entre ambos mandatarios en seis anos.
-Pasa a disposición xudicial en Ponteareas o único detido en relación co asesinato dunha parella no concello pontevedrés de Arbo. Trátase do ex noivo da muller.
El hombre mató a su expareja y a su novio en julio de 2015
- José Ramón Gómez Besteiro ha sido imputado en el caso de O Garañón
- Se investigan delitos en la concesión de licencias para urbanizar esa finca
- También se le investiga por una reforma, posible "regalo" de un constructor
- El exalcalde de Lugo, José López Orozco, también está imputado
Loito oficial, hoxe na localidade ourensá de Leiro, trala morte de tres persoas, a consecuencia da explosión rexistrada onte á tarde na empresa de pirotecnia, na que traballaban // Gandeiros coruñeses da zona de Santa Comba tiraron hoxe, nun prado milleiros de litros de leite para protestar pola situación do sector con prezos baixos e ameaza das industrias de deixar de recoller a produción, aducindo descenso da cantidade de materia graxa no produto // O Club Baloncesto Ourense non poderá xogar a temporada que vén na Liga Endesa, a máxima categoría do baloncesto. E a resolución que acaba de adoptar a ACB que apreciou problemas nas garantías económicas presentadas polo clube galego. 03/07/15
Loito oficial, hoxe na localidade ourensá de Leiro, trala morte de tres persoas, a consecuencia da explosión rexistrada onte á tarde na empresa de pirotecnia, na que traballaban. Investíganse as causas da deflagracion que destruiu totalmente a caseta onde, ao parecer traballaban as dúas mulleres, mentres o home, se atopaba fora, onde tamén resultou afectado polo estourido // Tráfico prevé en Galicia 372 mil desprazamentos ata o domingo. A DXT recomenda moita precaución especialmente nos 36 puntos máis conflictivos das nosas estradas. Os puntos onde se concentran máis accidentes que serán tamén nos que van estar máis vixilantes cos 120 radares móbiles que haberá despregados por toda a xeografía galega // Boas perspectivas para o sector turístico galego. O Cluster de turismo de Galicia estima que recibiremos entre un 5 e un 8% máis de visitantes este verán. A media de ocupación nos próximos dous meses rondará o 60% segundo a axencia de turismo de Galicia. 03/07/15
Loito oficial, hoxe na localidade ourensá de Leiro, trala morte de tres persoas, a consecuencia da explosión rexistrada onte á tarde na empresa de pirotecnia // Tráfico prevé en Galicia 372 mil desprazamentos ata o domingo // Boas perspectivas para o sector turístico galego. O Cluster de turismo de Galicia estima que recibiremos entre un 5 e un 8% máis de visitantes este verán. 03/07/15
Seguimos con bastantes nubes que van ir deixando paso ao sol. Son nubes altas que irán aumentando pola tarde sobre todo polo litoral atlántico e que mesmo poderían deixar algunhas chuvias polo norte. 03/07/15
-O líder de Podemos, Pablo Iglesias chega a Galicia pra buscar acordos para unha alianza con vistas ás eleccions xerais.
-Tres días de loito oficial no concello ourensán de Leiro pola morte da parella propietaria dunha pirotecnia e unha empregada nunha explosión.
-Novas protestas dos gandeiros, que tiraron leite en Santa Comba.
Tres personas han muerto a consecuencia de una explosión registrada en una pirotecnia ubicada en la entidad local menor de Berán, en el municipio ourensano de Leiro.
- Son el dueño de la empresa, su mujer y una empleada
- El delegado del Gobierno apunta a un accidente laboral como causa
- El Ayuntamiento dice que cumplía los requisitos de seguridad
O número de parados baixou no pasado mes de xuño en case 8.000 en Galicia. Supón un descenso do 3,34%. Con estes novos datos, agora mesmo hai en Galicia 229 mil parados // A Dirección xeral de trafico vai aumentar os controis e avisará na súa paxina web onde estarán parte dos seus radares móbiles. Alomenos haberá 120 en estradas convencionais, 30 por provincia.Ubicaranse nos treitos onde se producen máis accidentes. Ademais seguirán operativos 60 radares fixos // A Xunta aproba o deseño do plan estratéxico da comunidade ata o ano 2020 que será base para toda a política económica nese período. Buscará crear emprego,unha economía do coñecemento e da sostibilidade. 02/07/15
As listas do desemprego diminúen en Galicia. No pasado mes de xuño estiveron apuntados nelas case 8.000 persoas menos que no anterior, de maio. Supón un descenso do 3,34%. Unha porcentaxe mellor que a da media de España, onde tamén diminuíu o desemprego pero, nun 2,21%. Con estes novos datos, agora mesmo hai en Galicia 229 mil parados // A Dirección xeral de trafico vai aumentar os controis e avisará na súa paxina web onde estarán parte dos seus radares móbiles. Alomenos haberá 120 en estradas convencionais, 30 por provincia.Ubicaranse nos treitos onde se producen máis accidentes. Ademais seguirán operativos 60 radares fixos // A Xunta aproba o deseño do plan estratéxico da comunidade ata o ano 2020 que será base para toda a política económica nese período. Buscará crear emprego,unha economía do coñecemento e da sostibilidade. 02/07/15
O número de parados baixou no pasado mes de xuño en case 8.000 en Galicia. Supón un descenso do 3,34% // A Dirección xeral de trafico vai aumentar os controis e avisará na súa paxina web onde estarán parte dos seus radares móbiles // A Xunta aproba o deseño do plan estratéxico da comunidade ata o ano 2020 que será base para toda a política económica nese período. 02/07/15
As nubes baixas das primeiras horas foron dando paso a claros. Un día no que as temperaturas seguen en valores semellantes aos de onte con ascensos puntuais na fachada atlántica. 02/07/15
-Rexistro xudicial na Deputación de Lugo. Axentes da UDEF acompañaron á secretaria do xulgado número un, que dirixe Pilar de Lara, para reclamar información relativa ós contratos e a relación de postos de traballo desde o ano 2003.
-O paro baixa no mes de xuño en Galicia en case 8.000 persoas. Galicia foi unha das comunidades nas que mais baixou o desemprego: mais dun punto por riba da media estatal.
-No concello de Ferrol, o BNG permite que o PP obteña mais representación nos órganismos públicos, ó votar en contra do equipo de goberno de Ferrol en Común e do Psoe.
-Reunión entre o alcalde de Santiago, Martiño Noriega e o arzebispo compostelán, Julián Barrio, que os dous cualificaron de cordial. Julián Barrio non cree que a ausencia do goberno local de actos relixiosos, como a Ofrenda ó Apóstolo, enturbie as relacions coa igrexa.
Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da limitación de visitas. Dende hoxe e ata ao 30 de setembro, só un máximo de 4.812 persoas poderán acceder á praia cada día, e para facelo haberá que facerse previamente cunha entrada que se consegue gratis en internet ou nos establecementos da zona // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito. Coa entrada en vigor do novo código penal por primeira vez o furtivismo conlevará penas de entre seis meses e dous anos de cárcere. Ata agora os furtivos só se enfrontaban a multas // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós grazas a un programa da Xunta que lles permitirá coñecer a comunidade durante os próximos quince días. 01/07/15
Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da limitación de visitas. Dende hoxe e ata ao 30 de setembro, só un máximo de 4.812 persoas poderán acceder á praia cada día, e para facelo haberá que facerse previamente cunha entrada que se consegue gratis en internet ou nos establecementos da zona // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito. Coa entrada en vigor do novo código penal por primeira vez o furtivismo conlevará penas de entre seis meses e dous anos de cárcere. Ata agora os furtivos só se enfrontaban a multas // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós grazas a un programa da Xunta que lles permitirá coñecer a comunidade durante os próximos quince días. 01/07/15
Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da limitación de visitas // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós. 01/07/15
Seguiremos a notar baixada de temperaturas máximas. Un fresco ao que algunhas persoas lle dan a benvida, despois da calor dos últimos días. 01/07/15