O número de parados baixou en Galicia en 22.400, no segundo trimestre deste ano, o que supón un descenso do 8,43%. Son 3 puntos mais que na media española // A Xunta incrementa en 5 millóns e medio de euros o fondo da Risga, totalizando 55 millóns. E no campo do emprego, autorizou que as axencias de colocación colaboren co servizo de emprego da Xunta, e cobren en función das persoas paradas ás que lles encontren traballo // Na véspera do segundo aniversario do accidente do tren alvia, en Angrois, no que morreron 80 persoas, os familiares das vítimas e dos feridos lembran o sucedido. Rogelio e Gloria son dous madrileños que perderon o seu fillo é a noiva deste; e están en Santiago para recordalos e esixir responsabilidades polo accidente. 23/07/15
O número de parados baixou en Galicia en 22.400, no segundo trimestre deste ano, o que supón un descenso do 8,43% // A Xunta incrementa en 5 millóns e medio de euros o fondo da Risga, totalizando 55 millóns // Na véspera do segundo aniversario do accidente do tren alvia, os familiares das vítimas e dos feridos lembran o sucedido. 23/07/15
Os ceos estiveron nublados pola mañá, mais, canto mais ó norte. Pola tarde, estarán despexados.Pero pola noite, van volver de novo as nubes, comezando polo noroeste, e aí poden caer algunhas choivas febles. En canto ás temperaturas, as máximas soben un pouco. 23/07/15
Datos da EPA: 23.200 parados menos en Galicia no segundo trimestre.
A Xunta amplía en 5 millóns de euros os recursos destinados á RISGA.
Os sindicatos agrarios convocan folgas semanais nas comarcas leiteiras a partir de agosto. A conselleira de Medio Rural comparecerá no Parlamento para explicar a situación do sector.
Galicia mantén a súa taxa de criminalidade 15 puntos por baixo da media nacional.
El juez ha prorrogado la prisión provisional de los padres de Asunta Basterra Porto, acusados del asesinato de la niña. Y cree que hay un elevado riesgo de fuga ante la proximidad del juicio, previsto para septiembre. Las defensas pedían su puesta en libertad.
- Por el riesgo de fuga y la gravedad de los delitos de los que se les acusa
- Los padres de Asunta podrían seguir en prisión preventiva otros dos años
- El juicio por el asesinato de la niña comenzará el próximo 29 de septiembre
O xíz mantén a prisión provisional para Rosario Porto e Alfonso Basterra, os pais da nena que apareceu morta nas aforas de Santiago. Seguirán, así, no cárcere, a finais de setembro, cando se celebre o xuízo pola morte da pequena, morte da que están acusados // Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade. Por iso di que vai estudar a posibilidade de reducir o numero deses sinais; e que os que haxa, que sexan máis concretos e coherentes // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais. Entre eles figuran dúas escuadras de cabalería. 22/07/15
Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade. Por iso di que vai estudar a posibilidade de reducir o numero deses sinais; e que os que haxa, que sexan máis concretos e coherentes // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais. Entre eles figuran dúas escuadras de cabalería // O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pide a nulidade do proceso aberto contra el pola xuíza Pilar de Lara. Terá que prestar declaración coma imputado, acusado de prevaricación e outros tres delitos pola súa xestión cando era concelleiro de urbanismo en Lugo. 22/07/15
Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais // O xuíz mantén a prisión provisional para Rosario Porto e Alfonso Basterra, os pais da nena que apareceu morta nas aforas de Santiago. 22/07/15
Temos hoxe un dia de temperaturas agradables, mais frescas na costa da Coruña. 22/07/15
O conselleiro de Contas Dositeo Rodríguez defende que actuou conforme á legalidade no despedimento do ex xerente da Fundación Cela, Tomás Cavanna. Vincula a súa continuidade no organismo fiscalizador ó levantamento da imputación por malversación que pesa sobre el. Á espera do avance do proceso xudicial, de momento non dimitirá.
Centos de brigadistas maniféstanse en Santiago en defensa do servizo público contra incendios.
Constituído o Comité Asesor do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020.
- Considera que cometieron delitos de homicidio y lesiones imprudentes
- También advierte de que vulneraron los derechos de los trabajadores
- Se remite a 11 normativas que Adif habría incumplido
- Adif habría impuesto la velocidad de 200 km/h, cuando el máximo es 160
- La viuda de Cela no ha contestado a las preguntas en la vista
- Se le acusa de fingir el despido del gerente de la fundación
A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo. Durante 3 días, 70 directores decidirán as liñas de actuación no próximo ano. A raíña valorou que o Cervantes difunda o español, e tamén as outras linguas peninsulares // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, estiveron nos xulgados de Santiago onde se vía a súa solicitude de liberdade provisional, mentres non se celebra o xuízo, previsto para finais de setembro // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestión da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. Está acusada de presunta malversación de fondos públicos, fraude con subvencións e apropiación indebida. 21/07/15
A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo. Durante 3 días, 70 directores decidirán as liñas de actuación no próximo ano. A raíña valorou que o Cervantes difunda o español, e tamén as outras linguas peninsulares // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, estiveron nos xulgados de Santiago onde se vía a súa solicitude de liberdade provisional, mentres non se celebra o xuízo, previsto para finais de setembro // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestión da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. Está acusada de presunta malversación de fondos públicos, fraude con subvencións e apropiación indebida. 21/07/15
A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, agardan a decisión sobre a prórroga da súa prisión provisional // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestion da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. 21/07/15
Situación semellante á de onte, cunha mañá de ceos parcialmente anubados. Pola tarde, con choivas tormentosas, sobre todo no interior. 21/07/15
Os pais de Asunta Basterra volveron ós xulgados de Santiago. O xuíz debe decidir se continúan en prisión, cando están a piques de cumprirse dous anos da súa entrada no cárcere de Teixeiro.
Marina Castaño comparece no xulgado de Padrón imputada polas supostas irregularidades na Fundación Cela.
A raíña dona Letizia inaugura en Santiago a reunión anual dos directores do Instituto Cervantes.
A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios días nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de dróns. Entre elas, Airbus e Boing. Destinaranse 55 millóns de euros en 5 anos, aportados por Xunta, e ministerios de economía e de defensa // Galicia terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora. Esa é a grave situación á que nos enfrontaremos dentro de 35 anos se non se toman medidas. 20/07/15
A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios dias nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento. Un problema que xa fora resolto, durante a fin de semana nos concellos da contorna e que, na tarde de onte, tamén quedou solventado na cidade ferrolá // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de drons. Entre elas, Airbus e Boing. Destinaranse 55 millóns de euros en 5 anos, aportados por Xunta, e ministerios de economía e de defensa // Galicia terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora. Esa é a grave situación á que nos enfrontaremos dentro de 35 anos se non se toman medidas. 20/07/15