Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Audiencia Provincial de Lugo considera que a Xuíza Pilar de Lara é competente para continuar coa instrucción do denominado Caso Garañón, no que figura coma imputado o Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro // As organizacións do sector decidirán esta tarde sobre o Principio de acordo para o contrato homologado na Interprofesional Láctea que engloba ós productores, as cooperativas e as industrias do sector lácteo de toda España. Establecería un prezo fixo, mixto ou variable sometido a distintas referencias // O acordo acadado en Bruxelas sobre as cotas de pesca para o ano que vén evitou a drástica reducciòn que pretendía a Comisión que, en especies coma a pescada acadaba o 60 por cento nos caladoiros cercanos. No Gran Sol aumentará a cota da pescada e rapante. Un acordo que foi acollido con moderada satisfacción polos armadores galegos. 16/12/15

As organizacións do sector decidirán esta tarde sobre o Principio de acordo para o contrato homologado na Interprofesional Láctea. Establecería un prezo fixo, mixto ou variable sometido a distintas referencias // O acordo acadado en Bruxelas sobre as cotas de pesca para o ano que vén evitou a drástica reducciòn que pretendía a Comisión que, en especies coma a pescada acadaba o 60 por cento nos caladoiros cercanos. No Gran Sol aumentará a cota da pescada e rapante. Un acordo que foi acollido con moderada satisfacción polos armadores galegos // O Deportivo pasa a oitavos de final de Copa do Rei. En Riazor nun frouxo partido só conseguiron empatar a 1 co Llagostera grazas a un gol de Juan Domínguez. Superan esta fase grazas a vitoria que conseguiran no partido de ida. O venres no sorteo de Copa coñeran o seu próximo rival nesta competición. 16/12/15

As organizacións do sector decidirán esta tarde sobre o Principio de acordo para o contrato homologado na Interprofesional Láctea // O acordo acadado en Bruxelas sobre as cotas de pesca para o ano que vén evitou a drástica reducción que pretendía a Comisión // O Deportivo pasa a oitavos de final de Copa do Rei. 16/12/15

Segue a situación provocada polo aire cálido procedente de ÁFrica que fai que as temperaturas cheguen a superar hoxe os 20 graos hoxe en cidades coma A Coruña ou Vigo. 16/12/15

O Goberno trata de evitar os drásticos recortes que quere introducir a Comisión Europea nas capturas da flota española en especies coma a pescada ibérica, o peixe sapo e o rapante // Unha reducción que, no caso da pescada chega ao 60 por cento e que é considerada inadminisible por administración e armadores // O goberno galego solicitará a Unión Europea 100 millóns de euros para proxectos de cooperación transfonteiriza con Portugal.Unha cantidade semellante a que xa se investiu este ano na eurorexión Galicia Norte de Portugal // O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, declarou hoxe na Audiencia Nacional coma testemuña, dentro da investigación aberta a raiz da detención dos integrantes de Causa Galiza pola súa presunta relación co grupo terrorista Resistencia Galega. No Bloque apóñenlle a esta citación intencionalidade política, por producirse en plena campaña electoral. 15/12/15

O Goberno trata de evitar os drásticos recortes que quere introducir a Comisión Europea nas capturas da flota española en especies coma a pescada ibérica, o peixe sapo e o rapante // O goberno galego solicitará a Unión Europea 100 millóns de euros para proxectos de cooperación transfonteiriza con Portugal // O secretario de organización do BNG, Bieito Lobeira, declarou hoxe na Audiencia Nacional coma testemuña. 15/12/15

Seguen as protestas dos gandeiros polos baixos prezos do leite. En Lugo varios centos de tractores continúan a rodear a muralla por quinto día. Este mediodía unha manifestación percorreu as rúas cidades reclamando que se cumpla o acordo de setembro para conseguir prezos rendibles // A Xunta pagaralles o recibo da luz durante dous meses ás familias ás que llela vaian cortar por falta de pago. O goberno galego asinou un convenio coas compañías suministradoras polo que aboará ata un máximo de 200 euros en dous meses, aos fogares afectados, sempre que dispoñan de rendas inferiores a 6.400 euros anuais // A película "El desconocido" rodada na Coruña e da produtora galega Vaca Films consegue oito candidaturas aos premios Goya da Academia de Cine. O filme é o terceiro con máis candidaturas, entre elas as de mellor actor, por Luis Tosar, e mellor dirección nobel, por Dani de la Torre. 14/12/15

Seguen as protestas dos gandeiros polos baixos prezos do leite. En Lugo varios centos de tractores continúan a rodear a muralla por quinto día. Este mediodía unha manifestación percorreu as rúas cidades reclamando que se cumpla o acordo de setembro para conseguir prezos rendibles // A Xunta pagaralles o recibo da luz durante dous meses ás familias ás que llela vaian cortar por falta de pago. O goberno galego asinou un convenio coas compañías suministradoras polo que aboará ata un máximo de 200 euros en dous meses, aos fogares afectados, sempre que dispoñan de rendas inferiores a 6.400 euros anuais // A película "El desconocido" rodada na Coruña e da produtora galega Vaca Films consegue oito candidaturas aos premios Goya da Academia de Cine. O filme é o terceiro con máis candidaturas, entre elas as de mellor actor, por Luis Tosar, e mellor dirección nobel, por Dani de la Torre. 14/12/15

Seguen as protestas dos gandeiros polos baixos prezos do leite // A Xunta pagaralles o recibo da luz durante dous meses ás familias ás que llela vaian cortar por falta de pago // A película "El desconocido" rodada na Coruña e da produtora galega Vaca Films consegue oito candidaturas aos premios Goya da Academia de Cine. 14/12/15

A Xuíza Pilar de Lara pídelle á audiencia provincial de Lugo que investigue se existiu ánimo de chantaxeala, nun correo electrónico que lle enviou o avogado Cándido Conde Pumpido. Este é actualmente defensor do Secretario Xeral do PS de G- PSOE no sumario que investiga presuntas irregularidades, cando Besteiro era concelleiro de urbanismo en Lugo. A denuncia da xuíza prodúcese mentres a Audiencia decide sobre a competencia da maxistrada no caso Garañón, no que Gómez Besteiro figura coma imputado // Segunda xornada de protestas dos gandeiros que reclaman que se cumpra o acordo asinado en setembro para garantir os prezos do leite.Na Coruña seguen a rodear un centro comercial tractores chegados dende varias comarcas e en Lugo, continuan rodeando a muralla // O Deportivo xoga mañá no Nou Camp fronte ao Barcelona onde tratará de puntuar e o Celta recib ao Español co que tratará de sumar puntos para afianzar a súa cuarta posición na taboa. 11/12/15

A Xuíza Pilar de Lara pídelle á audiencia provincial de Lugo que investigue se existiu ánimo de chantaxeala, nun correo electrónico que lle enviou o avogado Cándido Conde Pumpido. Este é actualmente defensor do Secretario Xeral do PS de G- PSOE no sumario que investiga presuntas irregularidades, cando Besteiro era concelleiro de urbanismo en Lugo. A denuncia da xuíza prodúcese mentres a Audiencia decide sobre a competencia da maxistrada no caso Garañón, no que Gómez Besteiro figura coma imputado // Segunda xornada de protestas dos gandeiros que reclaman que se cumpra o acordo asinado en setembro para garantir os prezos do leite.Na Coruña seguen a rodear un centro comercial tractores chegados dende varias comarcas e en Lugo, continuan rodeando a muralla // O Deportivo xoga mañá no Nou Camp fronte ao Barcelona onde tratará de puntuar e o Celta recibe ao Español co que tratará de sumar puntos para afianzar a súa cuarta posición na taboa. 11/12/15

A Xuíza Pilar de Lara pídelle á audiencia provincial de Lugo que investigue se existiu ánimo de chantaxeala, nun correo electrónico que lle enviou o avogado Cándido Conde Pumpido // Segunda xornada de protestas dos gandeiros que reclaman que se cumpra o acordo asinado en setembro para garantir os prezos do leite // O Deportivo xoga mañá no Nou Camp fronte ao Barcelona e o Celta recibe ao Español. 11/12/15

O tempo seco e frío seguirá acompañandonos na meirande parte da fin de semana. O domingo empezará a mudar a situación coa chegada das chuvias pola tarde. 11/12/15