Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A actividade ciclónica no Atlántico promete chuvias intensas para os próximos días. De momento, continuamos co ambiente algo húmido pero en xeral os ceos han quedar despexados ata a noite na que se poderían rexistrar algúns orballos. Mañá entra unha fronte que deixará sobre todo chuvia durante a madrugada con aviso amarelo no sur da Coruña e en Pontevedra

Esperada intervención de Edmundo González Urrutiano Foro da Illa da Toxa. Perseguido polo réxime de Maduro e asilado en España, preséntase como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela, para abordar a delicada situación que atravesa o seu país | A Comisión de investigación sobre contratos da Xunta queda constituída no Parlamento. Creada a petición do BNG co apoio dos socialistas, O PP impuxo a sua maioría para designar a deputada Elena Candia como presidenta. Abordará supostas irregularidades en contratos suscritos polos gobernos de Rueda e Núñez Feijóo | Especialistas policiais retiran recipientes de ácido pícrico en medio cento de centros educativos das provincias da Coruña e Lugo. Din que se trata dun composto empregado como material de laboratorio en determinados exercicios, que pode explotar ao degradarse coa calor ou cun impacto | A Festa do Marisco, no Grove, arranca con Ringleiras de comensais. Espérase que máis de 200.000 persoas se acheguen a participar da cita gastronómica, que se celebra dende hai 60 anos

Esperada intervención de Edmundo González Urrutiano Foro da Illa da Toxa. Preséntase como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela | A Comisión de investigación sobre contratos da Xunta queda constituída no Parlamento | Galicia está a ser exemplar no problema de acollida de inmigrantes. Son palabras do presidente da Comunidade Canaria logo dun encontro con Alfonso Rueda | Especialistas policiais retiran recipientes de ácido pícrico en medio cento de centros educativos das provincias da Coruña e Lugo | A Festa do Marisco, no Grove, arranca con Ringleiras de comensais. Espérase que máis de 200.000 persoas se acheguen a participar da cita gastronómica 

Edmundo González Urrutia está xa na Illa da Toxa. Perseguido polo réxime de Maduro e asilado en España, vai intervir no Foro vínculo Atlántico como Candidato vencedor das eleccións en Venezuela, para expoñer a delicada situación que atravesa o seu país | Constituida esta mañá no Parlamento a Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta con empresas afíns ao PP e o sobrecusto do Hospital de Vigo. Será presidida pola deputada popular, Elena Candia | Os Tédax da Polícía Nacional retiran máis de medio cento de recipientes con ácido pícrico de centros educativos de Lugo e A Coruña. É un composto da familia do TNT que ao degradarse pode explotar coa calor, coa frición ou cun impacto

A Illa da Toxa recibe a líderes, expertos e exdirixentes políticos de todo o mundo para participar no Foro Vínculo Atlántico. Una edición na que se fará un repaso aos aspectos mais conflitivos do panorama internacional, dende Venezuela a, Ucraína ou Oriente medio pasando polas eleccións en Estados Unidos | En Vigo pecha as suas portas Conxemar, a feira mundial dos conxelados, con récord de participantes e de público. Grandes grupos e pequenas empresas coinciden na necesidade de capturas máis selectivas e métodos máis eficientes para adaptarse aos novos hábitos dos consumidores, nun sector que factura 18.000 millóns de euros ao ano | Os expertos do Foro Económico calculan en 634 millóns de euros a cantidade que Galicia deixaría de recibir se Cataluña abandona o réxime común de financiamento autonómico. No caso de que o modelo de concerto se extenda a todas as comunidades, as perdas poderían superar os 2.000 millóns de euros | Novo ataque do lobo ao gando no norte da provincia de Lugo. Unha gandeira da Pastoriza perdeu sete becerros que pacían nun prado da parroquia de Reigosa, na mesma explotación na que o lobo matou 29 reses o ano pasado. Os afectados denuncian que as axudas públicas non compensan os danos e piden medidas de control para a especie

A Illa da Toxa recibe a líderes, expertos e exdirixentes políticos de todo o mundo para participar no Foro Vínculo Atlántico, no que se fará un repaso aos aspectos mais conflitivos do panorama internacional, dende Venezuela a, Ucraína ou Oriente medio | En Vigo pecha as suas portas Conxemar, a feira mundial dos conxelados, con récord de participantes e de público | Desarticulada pola Garda Civil unha organización criminal dedicada ao narcotráfico, na comarca do Barbannza | Os expertos do Foro Económico calculan en 634 millóns de euros a cantidade que Galicia deixaría de recibir se Cataluña abandona o réxime común de financiamento autonómico | Novo ataque do lobo ao gando no norte da provincia de Lugo. Unha gandeira da Pastoriza perdeu sete becerros que pacían nun prado. Na mesma explotación o lobo matou 29 reses o ano pasado. 

As chuvias dan unha pequena tregua. Ambiente húmido con algunhas néboas e orballos pero irá aumentando a influencia anticiclónica. Pola tarde abriranse claros na franxa atlántica. As temperaturas mínimas baixan e as máximas suben, ata os 21 graos da Coruña e os 25 de Ourense

O alto representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores, Josep Borrell, recibe unha homenaxe hoxe, na primeira sesión do Foro Vinculo Atlántico que se celebra na Illa da Toxa. Un evento no que expertos e dirixentes de todo o mundo farán un repaso polos aspectos máis delicados da situación internacional, dende Venezuela a Ucraína ou Oriente medio | Desarticulada pola Garda Civil unha organización criminal dedicada ao narcotráfico, na chamada Operación Claudo. O grupo desenvolvía a súa actividade na comarca do Barbanza e, segundo os investigadores, distribuía por toda Galicia uns 180 quilos de cocaína por ano | Conxemar pecha as súas portas esperando superar os 235 millóns de euros que deixou na área de Vigo na pasada edición, entre negocio pesqueiro e montaxe da feira. Os visitantes poderían superar os 27.000

O paso dunha fronte moi activa deixa unha xornada con aviso amarelo nas catro provincias por precipitacións xeneralizadas e persistentes, e de intensidade localmente forte, sobre todo durante a mañá, aínda que irán remitindo e perdendo forza pola tarde. As temperaturas con lixeiros descensos, máxima de 19 graos en Santiago ou 21 en Pontevedra  

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda. A de hoxe é unha xornada de folga convocada pola organización Erguer. As principais exixencias: máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | O paro rexistrado experimenta unha subida de más de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000. É un incremento moi superior a media de toda España neste período. Ainda sí en comparación co mesmo mes do ano pasado hai case dez mil parados menos na nosa comunidade | A Xunta prevé que a comercializadora de enerxía renovable que promove, coa colaboración de empresas privadas, inicie as súas operacións o ano que vén. Ofrecerá descontos do 50 por cento respecto ao prezo medio do mercado a proxectos industriais e aos veciños de zonas afectadas pola instatalación de parques eólicos | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura. Crearase unha unidade de prevención que se dedicará a xestionar, de maneira anónima e confidencial, as denuncias das vítimas. Tamén elaborará programas educativos

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas polas dificultades para acceder á vivenda, nunha xornada de folga convocada pola organización Erguer. Piden máis prazas en residencias públicas, a creación dunha bolsa de vivenda pública para universitarios | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos,e aprehendéronse mais de 20 quilos de heroína. | Galicia perdeu no mes de setembro 7.000 empregos. E a segunda comunidade na que o paro aumentou máis, en contraste coa media do conxunto de España, que rexistra o mellor dato dende hai 15 anos

Mobilización de estudantes nas sete cidades galegas en protesta polas dificultades para acceder á vivenda | O paro rexistrado sube en máis de 2.300 persoas en Galicia, no mes de setembro, tralo remate da temporada turística. As afiliacións á Seguridade Social caeron en 7.000 | Operación contra o narcotráfico na provincia da Coruña e no Salnés, onde se rexistraron vivendas e naves industrais. Hai polo menos 12 detidos | A comercializadora de enerxía promovida pola Xunta iniciará a súa actividade o ano que vén. Ofrcerá aos veciños afectados por parques eólicos descontos do 50 por cento na factura da luz | Loitar contra os casos de machismo e violencia de xénero que se dan no mundo da industria audiovisual e da Cultura. Unha iniciativa que presentaba hoxe en Ourense a Academia de Cine Española e o Ministerio de Cultura

Outubro comeza con moita humidade, cun río atmosférico que nos deixa chuvias sobre todo na franxa atlántica. As temperaturas máximas sitúanse arredor dos 21 graos. Ata 24 poderían subir os termómetros en Ourense

A aposta polos produtos máis cómodos e listos para consumir, é a nova tendencia dos conxelados que se pon de manifesto en Conxemar. A cita anual das empresas do sector abre as súas portas en Vigo para celebrar o seu 25 aniversario, con máis de 750 expositores de 46 países | Un operativo policial logra liberar a 21 mulleres que eran expotadas sexualmente en pisos en varias provincias. Hai nove detidos, cinco deles en Ourense e un na Coruña. As vítimas, a maioría de orixe latinoamericana, eran captadas nos seus países e trasladadas a España onde eran forzadas a exercer a prostitución | Axudantes do fogar, profesoras ou limpadoras, son sectores históricamente feminizados, que se enfrontan a dificultades de conciliación ou ao abuso na contratación eventual ou a tempo parcial

A aposta polos produtos máis cómodos e listos para consumir, é a nova tendencia dos conxelados que se pon de manifesto en Conxemar. A cita anual das empresas do sector abre as súas portas en Vigo | A partir de hoxe recupérase o IVE dos produtos básicos, un imposto que fora suprimido para frear o aumento da inflación e que agora volve aplicarse | Un operativo policial logra liberar a 21 mulleres que eran expotadas sexualmente en pisos en varias provincias. Hai nove detidos, cinco deles en Ourense e un na Coruña | As mulleres ocupan o 70 por cento dos traballos a tempo parcial e son maioritarias en actividades como a axuda no fogar ou a limpeza. Así o destacan as participantes na asamblea de sectores feminizados organizada en Santiago por Comisións Obreiras | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de avellentamento de toda España. N día internacional das persoas de idade

A feira Conxemar reúne dende hoxe en Vigo a maioristas, importadores, transformadores e exportadores de produtos conxelados do mar. A organización espera superar nesta edición os 26.700 visitantes do ano pasado | A partir de hoxe recupérase o IVE dos produtos básicos, un imposto que fora suprimido para frear o aumento da inflación e que agora volve aplicarse. A recuperación será progresiva e contempla deixar a partir de agora o aceite co imposto superreducido do 4 por cento | As mulleres ocupan o 70 por cento dos traballos a tempo parcial e son maioritarias en actividades como a axuda no fogar ou a limpeza. Así o destacan as participantes na asamblea de sectores feminizados organizada en Santiago por Comisións Obreiras | Galicia é a segunda comunidade con maior taxa de avellentamento de toda España, tan só por detrás de Asturias. Un fenómeno demográfico que irá a máis nas próximas décadas. Hoxe, no día internacional das persoas de idade, Nacións Unidas reivindica o reforzo nos sistemas de atención e de asistencia ás persoas maiores

Os vehículos todoterreo Vamtac, fabricados pola empresa galega Urovesa, serán clave na axuda prestada por España a Ucraína, para resistir fronte a agresión rusa. Así o destacou a ministra de Defensa, Margarita Robles | A produción mundial de peixe de acuicultura supera xa ao capturado no mar. Así o indica o informe da FAO, o organismo das Nacions Unidas para a alimentación, presentado no congreso que se celebra hoxe en Vigo | Investigado por homicidio imprudente o condutor do vehículo deportivo que colisionou co coche no que viaxaba un matrimonio de xubilados en Sanxenxo | A Xunta impulsará a través da empresa público-privada Recursos de Galicia, a comerializacion de enerxía eléctrica por debaixo dos precios de mercado a sectores estratéxicos | Jorge Prado, de novo, campión do mundo da máxima categoría do motocrós. O piloto de Lugo fai historia ao revalidar o título por segundo ano consecutivo

Os vehículos todoterreo Vamtac, fabricados pola empresa galega Urovesa, serán clave na axuda prestada por España a Ucraína, para resistir fronte a agresión rusa. Así o destacou a ministra de Defensa, Margarita Robles, nunha visita ás instalacións, no concello pontevedrés de Valga | A produción mundial de peixe de acuicultura supera xa ao capturado no mar. Así o indica o informe da FAO, o organismo das Nacions Unidas para a alimentación, presentado no congreso que se celebra hoxe en Vigo, previo á Feira Conxemar. A tendencia mundial é a un aumento do consumo de produtos do mar ao contrario do que sucede en Galicia| Investigado por homicidio imprudente o condutor do vehículo deportivo que colisionou co coche no que viaxaba un matrimonio de xubilados en Sanxenxo. O home, de 78 anos, e a muller, de 76, resultaron mortos ao ser arrastrados por un terraplén. A Garda civil sospeita que o accidente produciuse por exceso de velocidade | Jorge Prado, de novo, campión do mundo da máxima categoría do motocrós. O piloto de Lugo fai historia ao revalidar o título por segundo ano consecutivo. É o seu cuarto título mundial pois xa fora bicampeón na segunda categoría do motocrós. Tempo de celebración, coa incognita de se o ano que vén marchará ao campionato de supercros estadounidense| 

Tras o paso dunha fronte na madrugada quedamos nunha situación intermedia, con ceos nubrados e chuvias febles que serán máis probables na fachada atlántica. Cara á noite espérase a chegada dunha nova fronte que fará que as precipitacións se vaian estendendo a todo o territorio. Temperaturas en ascenso moderado

Jorge Prado, de novo, campión do mundo da máxima categoría do motocrós. O piloto de Lugo fai historia ao revalidar o título por segundo ano consecutivo. É o seu cuarto título mundial pois xa fora bicampeón na segunda categoría do motocrós | A Xunta impulsará a través da empresa público-privada Recursos de Galicia, a comerializacion de enerxía eléctrica por debaixo dos precios de mercado a sectores estratéxicos e a vecinos das zonas que acollan os proxectos de enerxía renovable | Arranca, cun lixeiro atraso por mor das condicións meteorolóxicas, o campionato europeo de vela en Sanxenxo, que vai durar toda a semana. O rei emérito defenderá como patrón do Bribón o título de Campión de Europa da clase seis metros

Volve o tempo seco e temperaturas máis baixas pola entrada de aire frío. Recúperase a influencia anticlónica o sábado. As temperaturas subirán sobre todo o domingo. As máximas rematarán a semana con 21 graos en Santiago a 26 en Ourense

Protesta de pais, nais e alumnos de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar, e o resto de vehículos, debido a unhas obras na estrada principal que levan un ano de atraso. Din que está en risco a seguridade, polo que reclaman unha solución | Concentracións en favor de Palestina, dentro da xornada de folga xeral convocada por CGT e Solidariedade Obreira para protestar contra a actuación de Israel e pedir que se lle deixe de vender armas. A mobilización causou problemas no servizo ferroviario, o máis importante a cancelación dun tren entre a Coruña e Vigo, cuns 500 viaxeiros afectados | O Ministerio de Turismo declara de interese nacional a Festa da Filloa de Lestedo e a da Empanada de Bandeira, en Silleda. Outra exaltación gastronómica galega, a da lamprea de Arbo, pasa a ser considerada de interese turístico internacional, unha categoría a que tamén ascende o Arde Lucus | Un certame diferente para fans de xéneros cinematográficos como o fantástico, de terror ou de de ciencia ficción. O Freaky Festival en Vigo, presenta 25 películas internacionais inéditas en Galicia, e rende homenaxe a clásicos que cumpren catro décadas como Terminator, ou Pesadelo en Elm Street | 

Protesta de pais, nais e alumnos de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar | Mobiliacións en favor de Palestina, dentro da xornada de folga xeral convocada por CGT e Solidariedade Obreira. Cancelado un tren entre a Coruña e Vigo, cuns 500 viaxeiros afectados | Polémica polo anuncio de Ana Pontón de que asistirá á toma de posesión de Claudia Sheimbaum como nova presidenta de México | Ceclarada de interese turístico nacional a Festa da Filloa de Lestedo e a da Empanada de Bandeira, en Silleda. A da lamprea de Arbo, pasa a ser de interese internacional, xunto co Arde Lucus | O Freaky Festival, en Vigo, rende homenaxe a clásicos que cumpren catro décadas como Terminator, ou Pesadelo en Elm Street

Protesta de pais, nais e veciños de Seoane do Courel, na Montaña de Lugo, poloas malas condicións do desvío polo que ten que pasar o transporte escolar, e o resto de vehículos, debido a unhas obras na estrada principal | Xornada de folga xeral por Palestina, hoxe, convocada polos sindicatos CGT e Solidaridade Obreira. Un xeito de Amosar a repulsa polo que cualifican de xenocidio contra o pobo palestino e pedir o fin das relacións comerciais con Israel | Polémica polo anuncio de Ana Pontón de que asistirá á toma de posesión de Claudia Sheimbaum como nova presidenta de México. O goberno español decidiu que non acudirá ao acto ningún representante oficial, en sinal de malestar polo veto ao xefe de Estado, o Rei Filipe VI | 

A borrasca Aitor vai deixando Galicia, progresivamente, polo sueste. Chuvias persistentes na provincia de Ourense, mentres no resto vanse abrindo claros con chuvascos, localmente tormentosos. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentes a máximas continúan sen cambios. Ventos de compoñente oeste, moderados no interior, fortes no litoral.

Consternación entre os veciños do concello das Neves, onde foi atopada Morta unha muller, de 60 anos, presuntamente a mans do seu fillo, de 20, que xa foi detido. Ocorreu no domicilio de ambos na parroquia de Rubiós. Segundo fontes da investigación, o presunto autor do crime padece un trastorno mental | Novo informe do Consello de Contas crítico coa xestión da Xunta. Refírese á execución dos fondos procedentes da Unión Europea. Segundo o órgano fiscalizador, en 2022 foron executados menos da metade dos cerca de 1.200 millóns de euros das axudas concedidas a nosa comunidade | Xuízo en Pontevedra pola explosión da pirotécnica de Paramos, en Tui, que causou a morte de dúas persoas e numerosos feridos en 2018. O acusado pedíu perdón ás vítimas tras aceptar se condenado a catro anos de cárcere | A cidade de Ourense acolle unha nova edición de Termatalia, a única feira que se celebra en España dedicada ao turismo termal e de saúde. 25 países expoñen a sú oferta termal, entre eles Colombia, que aspira a acoller a feira o ano que ven | 

Morta unha muller, de 60 anos, presuntamente a mans do seu fillo, de 20, que xa foi detido. Ocorreu no domicilio de ambos na parroquia de Rubiós do Concello das Neves. Segundo a Garda Civil, a cargo da investigación, o presunto autor do crime padece un trastorno mental e un problema de drogodependencia | Os servizos de emerxencias rexistraron máis de 300 incidencias nas últimas horas por mor da borrasca Aitor, que deixou ventos e chuvias moi fortes en toda a comunidade. Toda Galicia segue en alerta amarela ata dentro dunha hora | Visto para sentenza en Pontevedra o xuízo pola explosión dun almacen pirotécnico de Paramos, en Tui, que en maio de 2018 causou dous mortos, numerosos feridos e danos en centos de vivendas. Tras un acordo previo o acusado aceptou catro anos de cárcere e hoxe pediu perdón aos afectados | 

Parques e recintos públicos precintados en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. Hai alerta laranxa no litoral e interior da provincia de Pontevedra | Na Sesión de Control, Rueda insiste en que unha quita da débeda pública sería un negocio ruinoso para Galicia | Comenza a venda e reserva de viaxes do Imserso, con cerca de 900 mil prazas ofertadas. As Illas Canarias, Baleares e Benidorm, os destinos máis desexados | A vendima na Ribeira Sacra chega ao 40 por cento | O mellor Triatleta galego da historia, Javier Gómez Noya anuncia a sua retirada ao remate da temporada | Mexicráneos é o título dunha mostra que se achega en Lugo a cultura mexicana arredor da morte

Parques e recintos públicos precintados en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. A Xunta recomenda precaución ao circular, non atravesar zonas anegadas ou que poidan asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos, sobre todo nas zonas próximas ao litoral e no interior da provincia de Pontevedra | hoxe comenzou, nalgúns casos facendo cola baixo a chuvia, a venda e reserva de viaxes do Imserso. En total hai cerca de 900 mil prazas ofertadas. Como é habitual, os destinos máis desexados polos galegos, e polo tanto máis difíciles de conseguir, son as Illas Canarias, Baleares e Benidorm, especialmente na primavera | A vendima na denominación de Orixe Ribeira Sacra chega xa ao corenta por cento da colleita prevista este ano, con incerteza entre os pequenos colleiteiros. Algunhas grandes adegas manteñen a negativa a recollerlles a uva ante os excedentes de viño que acumulan sen vender | O mellor Triatleta galego da historia, Javier Gómez Noya anuncia a sua retirada ao remate da temporada. O deportista ferrolán di que é o momento da despedida logo de 26 anos competindo ao máximo nivel. Na sua traxectoria, cinco campionatos mundiais, catro europeos e unha medalla de prata nos xogos olímpicos de Londres | 

Parques e recintos públicos pechados dende o mediodía en varias cidades, ante o paso de Aitor, a primeira borrasca do outono. A Xunta recomenda non atravesar zonas que poidan asolagarse e non aparcar nas ribeiras dos ríos, sobre todo nas zonas próximas ao litoral e no interior da provincia de Pontevedra | Na Sesión de Control, Rueda insiste en que unha quita da débeda pública sería un negocio ruinoso para Galicia | Na Ribeira Sacra xa se vendimou máis do corenta por cento da colleita prevista este ano. Incerteza pola decisión dalgunhas grandes adegas de non recoller a produción duns 400 pequenos viticultores debido o exceso de almacenaxe de viño | Mexicráneos é o título dunha mostra que se achega en Lugo a cultura mexicana arredor da morte.

Entrada dunha fronte de madrugada que deixa chuvias intensas nas primeiras horas sobre todo na fachada atlántica con cantidades importantes. Pola tarde os chuvascos serán máis ocasionais. Unha pequena tregua antes de que mañá outra fronte nos traiga o primeiro temporal do outono,. As temperaturas máximas entre os 21 graos previstos na Coruña aos 25 de Ourense

Representantes da Federación Internacional de Fútbol, en visita privada, supervisan o estadio de Riazor e outras infraestruturas da cidade da Coruña | O informe do Consello de Contas no que supervisa os ingresos e gastos da Xunta do ano 2021 foi aprobado hoxe polo Parlamento, entre críticas da oposición | Malestar entre os usuarios por novos atrasos no aeroporto de Peinador. Os pasaxeiros do voo de Ryanair procedente de Barcelona previsto para as nove da noite de onte chegaron a Vigo con 13 horas de demora| Galicia convertirase na capital mundial da maxia ao longo do vindeiro mes de outubro. As sete grandes cidades acollerán ata 20 funcións de Galicia Ilusiona | Converter un xardín nunha obra de arte. É o que fan os participantes no Festival Internacional de Xardíns Efémeros de Allariz

Representantes da Federación Internacional de Fútbol, en visita privada, supervisan o estadio de Riazor e outras infraestruturas da cidade da Coruña. O obxectivo: comprobar se cumpren os requisitos para converterse nunha das sedes do Mundial de 2030 | O informe do Consello de Contas no que supervisa os ingresos e gastos da Xunta do ano 2021 foi aprobado hoxe polo Parlamento, entre críticas da oposición. Socialistas e BNG acusan aos Populares de intentar demorar os informes do organo fiscalizador | Malestar entre os usuarios por novos atrasos no aeroporto de Peinador. Os pasaxeiros do voo de Ryanair procedente de Barcelona previsto para as nove da noite de onte chegaron a Vigo con 13 horas de demora, a causa dunha incidencia por causas operativas da compañía | Converter un xardín nunha obra de arte. É o que fan os participantes no Festival Internacional de Xardíns Efémeros de Allariz. Hai dúas propostas galegas entre as que compiten por ser elexidas como as mellores polo público e polo xurado especializado | 

O Parlamento aproba o informe do Consello de Contas coa supervisión dos ingresos e gastos da comunidade autónoma do ano 2021, un día despois de que a Xunta lle remitise a correspondente a 2023. A oposición criticou o que considera intentos por parte do PP por demorar os informes do organismo fiscalizador | O presidente da Xunta critica que o goberno retirase a tramitación da senda de estabilidade, o que impedirá que os orzamentos de 2025 se presenten en prazo. Alfonso Rueda cre que é unha mostra máis da inestabilidade do goberno de Pedro Sánchez | Galicia convertirase na capital mundial da maxia ao longo do vindeiro mes de outubro.... As sete grandes cidades acollerán ata 20 funcións de Galicia Ilusiona, un festival no que se darán cita algúns dos mellores magos do planeta