Galicia está este mércores baixo a influencia das altas presións. Houbo algunhas chuvias a primeira hora ao norte de Lugo, pero arestora o tempo é seco e os ceos están despexados en toda a comunidade. Ascenden tanto as temperaturas mínimas como as máximas, que se agarda que acaden os 36 graos en Ourense, mentres que na Coruña apenas chegarán aos 25. O vento sopra do nordés, máis no litoral que no interior, e con intervalos de vento forte entre Bares e Fisterra.
Mondariz Balneario, o concello máis pequeno de Galicia, acolle temporalmente 180 migrantes refuxiados da guerra de Mali. Están tramitando o asilo en España | Gandeiros e sindicatos agrarios piden medidas urxentes fronte á proliferación de casos da enfermidade hemorráxica epizoótica, que, segundo os seus cálculos, xa afecta a unhas 350 granxas de vacas en Galicia | Estabilizado desde este mediodía o incendio forestal de Oseira, no municipio Ourensán de San Cristovo de Cea, tras queimar unhas 40 hectáreas de monte | Festival Bal y Gay, concertos de música clásica cada verán en sitios singulares da Mariña de Lugo. Nunha década, converteuse nun dos festivais de referencia deste tipo de música que atrae á Lugo afeccionados de toda España
Mondariz Balneario acolle temporalmente 180 migrantes refuxiados da guerra de Mali. Están tramitando o asilo en España e buscan traballar | Gandeiros e sindicatos agrarios piden medidas urxentes fronte á enfermidade hemorráxica epizoótica, que, segundo os seus cálculos, xa afecta a unhas 350 granxas de vacas en Galicia | Estabilizado desde este mediodía o incendio forestal de Oseira tras queimar unhas 40 hectáreas de monte | Festival Bal y Gay, concertos de música clásica cada verán en sitios singulares da Mariña de Lugo
Familiares e amigos despiden hoxe en Vigo, Baiona e Noia, aos falecidos no naufraxio do Argos Georgia, hai case un mes, nas Malvinas| Unha moza e un mozo de Vigo perden a vida nun accidente de tráfico en Redondela. A moto na viaxaban onte á noite en dirección a Pontevedra meteuse no carril contrario e chocou de fronte contra un coche e despois contra un camión de recollida de lixo | Boas noticias para os socios da Adega Moraima, a bodega de Barro que sufriu unha sabotaxe hai case tres semanas. A variedade de uva ratiño, que eles cultivan, inclúese na denominación de orixe Rías Baixas | A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica comeza a busca dos restos de dous guerrilleiros antifranquistas asasinados en 1952. No cemiterio de Visantoña, en Mesía
Unha moza e un mozo de Vigo perden a vida nun accidente de tráfico en Redondela. A moto na viaxaban onte á noite en dirección a Pontevedra meteuse no carril contrario e chocou de fronte contra un coche e despois contra un camión de recollida de lixo | Familiares e amigos despiden hoxe en Vigo, Baiona e Noia, aos falecidos no naufraxio do Argos Georgia nas Malvinas | A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica comeza a busca dos restos de dous guerrilleiros antifranquistas asasinados en 1952. No cemiterio de Visantoña, en Mesía | Boas noticias para os socios da Adega Moraima, a bodega de Barro que sufriu unha sabotaxe. A variedade de uva ratiño, que eles cultivan, inclúese na denominación de orixe Rías Baixas
O bo tempo durante a ponte disparou o turismo, con niveis de ocupación por riba do 90 por cento en lugares como Santiago, as Rías Baixas ou a Mariña | A afluencia de peregrinos nos camiños de Santiago bate marcas. Isto xera unha importante actividade económica e é fonte de emprego nas vilas polas que pasan as rutas xacobeas | Sobre as cinco da tarde está previsto que cheguen á Coruña os corpos de tres dos catro mariñeiros galegos falecidos hai case un mes no naufraxio das Malvinas. Un cuarto tripulante galego segue desaparecido | En Galicia hai 66 cines, pero case todos están nas cidades. Visitamos o Cine Seixo, que leva máis de oito décadas superando crises e adaptándose ás tecnoloxías
O bo tempo durante a ponte disparou o turismo, con niveis de ocupación por riba do 90 por cento en lugares como Santiago, as Rías Baixas ou a Mariña. En destinos con acceso limitado, como as illas Cíes, non quedan prazas ata finais de mes | A afluencia de peregrinos nos camiños de Santiago tamén bate marcas. Isto xera unha importante actividade económica e é fonte de emprego nas vilas polas que pasan as rutas xacobeas | Sobre as cinco da tarde está previsto que cheguen á Coruña os corpos de tres dos catro mariñeiros galegos falecidos hai case un mes no naufraxio do ARGOS GEORGIA nas Malvinas. Un cuarto tripulante galego segue desaparecido | En Galicia hai 66 cines, pero case todos están nas cidades. Visitamos o Cine Seixo, nunha parroquia de Marín, que leva máis de oito décadas superando crises e adaptándose ás tecnoloxías
Comeza a semana con sol e con máis calor. Notárano sobre todo no interior aínda que as temperaturas tamén han subir lixeiramente na costa. As máximas oscilarán entre os 24 graos da Coruña, aos 30 de Lugo e Pontevedra e ata 36 graos acadarán os termómetros en Ourense. A principal novidade terémola ao final do día coa entrada de nubes baixas polo noroeste de noite. Mañá unha fronte pouco activa deixará chuvias.
O bo tempo durante a ponte disparou o turismo, con niveis de ocupación por riba do 90 por cento en lugares como Santiago, as Rías Baixas ou a Mariña. En destinos con acceso limitado, como as illas Cíes, non quedan prazas ata finais de mes | Sobre as cinco da tarde está previsto que cheguen á Coruña os corpos de tres dos catro mariñeiros galegos falecidos hai case un mes no naufraxio das Malvinas. Un cuarto tripulante galego segue desaparecido | En Galicia hai 66 cines, pero case todos están nas cidades. Visitamos o Cine Seixo, que leva máis de oito décadas superando crises e adaptándose ás tecnoloxías
Galicia está de festa. Milleiros de persoas gozan hoxe das celebracións do San Roque, pasadas por auga en Vilagarcía, coa tradición da romaría de Vigo ou preparando en Betanzos o globo de papel más grande do mundo | As vilas pequenas están máis cheas de xente que nunca. Os veciños reciben estes días aos que viven fóra e volven para pasar as vacacións na casa familiar. Veraneo máis económico, lonxe de aglomeracións e gozando de amigos e familiares | A Audiencia Nacional amplía seis meses o prazo da instrución do naufraxio do Villa de Pitanxo, que ía rematar en dúas semanas | Tal día coma hoxe hai cincuenta anos comezaba a emitirse Panorama de Galicia, o primeiro informativo rexional en España e ademais en galego
Milleiros de persoas gozan hoxe das celebracións do San Roque, pasadas por auga en Vilagarcía, coa tradición da romaría de Vigo ou preparando en Betanzos o globo de papel más grande | As vilas pequenas reciben estes días aos que viven fóra e volven para pasar as vacacións na casa familiar | A Audiencia Nacional amplía seis meses o prazo da instrución do naufraxio do Villa de Pitanxo| Hai cincuenta anos comezaba a emitirse Panorama de Galicia, o primeiro informativo rexional de televisión en España e ademais en galego
Galicia está de festa. Milleiros de persoas gozan hoxe das celebracións do San Roque, pasadas por auga en Vilagarcía, coa tradición da romaría de Vigo ou preparando en Betanzos o globo | As vilas pequenas están máis cheas de xente que nunca. Os veciños reciben estes días aos que viven fóra e volven para pasar as vacacións na casa familiar | A Audiencia Nacional amplía seis meses o prazo da instrución do naufraxio do Villa de Pitanxo | Tal día coma hoxe hai cincuenta anos comezaba a emitirse Panorama de Galicia, o primeiro informativo rexional de televisión en España e ademais en galego
A piques de comenzar a Operación saída da ponte na que se prevén máis deprazamentos de todo o ano. Segundo a DGT, serán máis dun millón nas estradas galegas, para o que ten preparado un despregue de 800 axentes, equipados con 1.500 dispositivos de control de tráfico | Non haberá pleno extraordinario do Parlamento para debater sobre a fórmula coa que se adxudicaron as obras do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. A oposición pedíuno na deputación permanente que se reuniu hoxe para abordar o informe do Consello de Contas que cuantificou o sobrecusto en máis de catrocentos setenta millóns de euros | Mañá é o día máis festivo do ano. E para máis de 40 concellos, a antesala doutra festa, o San Roque. Moreas de celebracións, musicais, gastronómicas, culturais, repártense por todo o territorio
Recupérase progresivamente a influencia anticiclónica. Ceos con intervalos nubrados e algunha chuvia illlada e ocasional no extremo norte. Pola tarde, claros con nubosidade de tipo alto. As temperaturas recuperan os valores propios da época do ano
Comenza a Operación saída da ponte na que se prevén máis deprazamentos de todo o ano. Segundo a DGT, serán máis dun millón nas estradas galegas, para o que ten preparado un despregue de 800 axentes, equipados con 1.500 dispositivos de control de tráfico | O sector turístico percibe cambios nos hábitos dos visitantes, tamén nos destinos de costa. A suba de prezos e o menor poder adquisitivo, fan que moitos aposten por estancias máis curtas, reducir o consumo na hostalaría e a busca de opcións de lecer máis económicas | O Partido Popular rexeita, coa sua maioría, un pleno extraordinario pedido pola oposición para tratar do sobrecusto das obras do hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo. O Consello de Contas advertíu que superou os 400 millóns de euros, ao optar a Xunta, entón gobernada por Núñez Feijoo, por unha fórmula de concesión público privada | O muralista ourensán Mon Devane ten na sua cidade unha nova obra de grandes dimensións. Alí tranformou a paisaxe urbana xunto a un parque, cunha imaxe que inclúe o retrato da sua filla, para simbolizar que o futuro é dos coches eléctricos. A sua intención é que no futuro forme parte dunha ruta turística
Comenza a Operación saída da ponte na que se prevén máis deprazamentos de todo o ano. Segundo a DGT, serán máis dun millón nas estradas galegas | O sector turístico percibe cambios nos hábitos dos visitantes, que optan por estancias máis curtas, menor consumo na hostalaría e opcións de lecer máis económicas | En Fisterra, foi presentado hoxe o escuadrón de cabalaría da Garda Civil que se incorpora á vixilancia no Camiño de Santiago | O Partido Popular rexeita, coa sua maioría, un pleno extraordinario pedido pola oposición para tratar do sobrecusto das obras do hospital Álvaro Cunqueiro, de Vigo | O muralista ourensán Mon Devane ten na sua cidade unha nova obra de grandes dimensións | Mañá é o día máis festivo do ano, con celebracións musicais, gastronómicas ou culturais, repartidas por todo o territorio
O home detido en Vigo polo homicidio da súa parella en Valladolid vai declarar nas próximas horas na capital vallisoletana. Pasou a noite nos calabozos da comisaría viguesa tralo seu arresto pola policía local despois de atopar o seu coche mal aparcado e comprobar que estaba en busca e captura. Confesoulle aos axentes que matara á muller | A suba dos prezos modéresase no mes de xullo en Galicia, anque segue a ser a comunidade cos peores datos. O IPC interanual feito público hoxe polo INE queda no 3,1 por cento, marcado polo abaratamento da electricidade e de produtos como a froita e o aceite, fronte a subida do mesmo mes do ano anterior | Soldadores, enxeñeiros ou xefes de máquinas, son os perfís de traballadores especializados que reclama o sector naval galego, tras aumentar a sua facturación un 16 por cento no último ano. Cunha carteira de pedidos de 20 novos barcos, os estaleiros confían poder reclutar uns mil empregados máis para afrontar os proxectos pendentes | Atemorizados polo lobo. Así din estar os veciños da aldea de Piñeiro, en Rois, tras sofrir tres ataques no último mes, que se teñen cobrado numerosas vítimas nos seus rebaños de cabras e ovellas. Aseguran que organizan gardas para preservar aos animais e mantéñenos sen saír ao exterior. No último ano os avisos por ataques de lobos ascenderon a máis de 1.600 en Galicia
As cámaras de control de tráfico permiten localizar no barrio de Bouzas, en Vigo, ao home acusado de matar a súa muller en Valladolid | A suba dos prezos modéresase no mes de xullo en Galicia, anque segue a ser a comunidade cos peores datos. O IPC interanual queda no 3,1 por cento | Soldadores, enxeñeiros ou xefes de máquinas, son os perfís de traballadores especializados que reclama o sector naval galego, tras aumentar a sua facturación un 16 por cento no último ano | O Camiño segue sendo o principal reclamo turístico de Santiago, coa chegada de peregrinos a un ritmo duns catro mil diarios | Atemorizados polo lobo. Así din estar os veciños da aldea de Piñeiro, en Rois, tras sofrir tres ataques no último mes
Unha fronte húmida deixa abundantes nubes e precipitacións en boa parte da comunidade, máis probables no terzo norte e a franxa atlántica. As Temperaturas experimentan un descenso entre lixeiro e moderado, con máximas de 21 graos en Santiago, ou 24 na Coruña e Vigo, mentres en Ourense, os termómetros subirán ata os 28
As cámaras de control de tráfico permiten localizar no barrio de Bouzas, en Vigo, ao home acusado de matar a súa muller en Valladolid. Ata alí está a ser trasladado para prestar declaración xudicial, sobre a aparición do cadaver da sua parella, con sinais de violencia | O IPC descende en xullo pero segue 3 décimas por riba da media nacional. Un dos motivos, que os alimentos encarecen, algo máis do 3% se comparamos co mesmo mes do ano pasado | O Camiño segue sendo o principal reclamo turístico de Santiago, coa chegada de peregrinos a un ritmo duns catro mil diarios. No que vai de ano Suman xa máis de trescentos mil, un 14% máis co ano pasado,