Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case 700 oficinas que ten o banco en xeral e das que case 600 están na nosa comunidade. O banco, resultante da fusión das antigas caixas de aforros, conta con case catro mil setecentos traballadores e dous millóns de clientes // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldía de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes. O BNG gobernaba en minoría logo de que os independentes o acusaran de non cederlles a alcaldía, como pactaran. O BNG di que lles ofreceron o bastón de mando pero que o rexeitaran // O Celta presentou este mediodía ó xogador internacional chileno Pablo Hernández. E O lateral zurdo do Sporting, Roberto Canella, reforzará o próximo ano a banda esquerda do Deportivo. 27/06/14

Abanca, o nome que adoptou o que ata hoxe era NovaGalicia Banco, figura xa nos rótulos das case setecentas oficinas da entidade // Xavier Simón, do BNG, cede a alcaldÍa de Arbo ao candidato do PP Horacio Gil, ao prosperar a moción de censura co respaldo de dous independentes // O Celta presentou ao xogador internacional chileno Pablo Hernández. 27/06/14

Nótase xa unha lixeira melloría no tempo que vai manterse e mesmo intensificarse, nas próximas horas nas que medrarán os claros. Unha evolución que se vai ver truncada esta noite, cando está previsto que entre unha nova fronte. 27/06/14

A Xunta non vai solicitar financiamento extraordinario do Fondo de Liquidez do Goberno central, dada a solvencia de Galicia, que fai máis barato  financiarse nos mercados ordinarios, segundo Núñez Feijóo. No consello aprobou reforzar os equipos antiincendios contratando 125 brigadas da empresa Seaga // O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, declarou no xulgado coma imputado na investigación da presunta adxudicación irregular das obras da rúa Bedoya. Están acusados  dun delito de prevaricación os nove concelleiros de PSdeG e BNG que eran  membros da Xunta de Goberno no ano 2008, cando as obras foron adxudicadas // A Policía pon en marcha unha operación especial para o verán para previr roubos e incidentes nas zonas de praias e lecer. Tamén patrullarán para evitar delitos de terrorismo e incendios forestais. 26/06/14

Galicia podería ter, dentro de 40 anos, un millón de habitantes menos que a mediados do século pasado, segundo un informe presentado hoxe por un grupo de economistas e empresarios. Un problema demográfico que pode facer precisa unha reorganización dos servizos sociais e que se debe paliar con fomento do emprego que evite a emigración da xente nova // A Xunta non vai solicitar financiamento extraordinario do Fondo de Liquidez do Goberno central, dada a solvencia de Galicia, que fai máis barato  financiarse nos mercados ordinarios, segundo Núñez Feijóo. No consello aprobou reforzar os equipos antiincendios contratando 125 brigadas da empresa Seaga // O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, declarou no xulgado coma imputado na investigación da presunta adxudicación irregular das obras da rúa Bedoya. Están acusados  dun delito de prevaricación os nove concelleiros de PSdeG e BNG que eran  membros da Xunta de Goberno no ano 2008, cando as obras foron adxudicadas. 26/06/14 

Un grupo de economistas e empresarios advirte contra a perda de poboación en Galicia, que podería ter, dentro de 40 anos, un millón de habitantes menos que a mediados do século pasado // Galicia non pedirá financiamento extra. Feijóo di que, coa solvencia de Galicia, é máis barato recurrir aos mercados ordinarios // O Alcalde de Ourense declara no xulgado polo “Caso Bedoya”, xa que formaba parte da comisión de goberno en 2008 // Operación especial da Policía de cara ao verán. Os axentes traballarán na prevención de furtos ou de incendios. 26/06/14

Seguimos con tempo fresco e ceos anubrados. Non se agarda choiva nas próximas horas, salvo nalgunhas comarcas, sobre todo da metade leste, onde aínda pode haber algunha tronada. 26/06/14

Xa se coñecen as peticións de condena para os pais da nena Asunta Basterra, aparecida morta, a finais de setembro, perto de Santiago. O fiscal pide 18 anos de cárcere para cada un deles, aos que acusa do asasinato da pequena // Absoltos todos os xulgados por integrar unha presunta rede de retirada de multas de tráfico na provincia de Lugo // Galicia acada un máximo histórico na cifra de viaxeiros que recibiu no pasado mes de maio: foi un 13% máis ca no mesmo mes do ano anterior. Medra o turismo nacional e o internacional consegue tamén cifras nunca conseguidas antes. 25/06/14

Un fax interceptado polos axentes do Servizo de Vixiancia aduaneira, enviado polo daquela delegado de Vendex en Galicia, ó presidente do grupo foi un dos fíos polos que tirou a xuíza Pilar de Lara, que instrúe as dilixencias do caso Pokémon para as novas imputacións de cargos públicos // Absoltos todos os xulgados por integrar unha presunta rede de retirada de multas de tráfico na provincia de Lugo. O tribunal absolveu á vintena de acusados por considerar que as probas practicadas foron nulas // Galicia acada un máximo histórico na cifra de viaxeiros que recibiu no pasado mes de maio: foi un 13% máis ca no mesmo mes do ano anterior. Medra o turismo nacional e o internacional consegue tamén cifras nunca conseguidas antes. 25/06/14

Un fax foi un dos fíos polos que tirou a xuíza Pilar de Lara, que instrue as dilixencias do caso Pokémon para as novas imputacións de cargos públicos // Absoltos todos os xulgados por integrar unha presunta rede de retirada de multas de tráfico na provincia de Lugo // Galicia acada un máximo histórico na cifra de viaxeiros que recibiu no pasado mes de maio. 25/06/14

A dirección de Volkswagen vai vir a Vigo para coñecer a industria de automocion, e as empresas de compoñentes galegas van poxar no concurso para fabricar materiais para os novos modelos  Polo e Ibiza // Vía libre para que poidan entrar coma concelleiros en Santiago os nomes propostos polo exconselleiro Agustín Hernández, designado polo Partido Popular para ocupar a alcaldía // Día hoxe de limpeza para deixar  igual que estaban, as praias e outros lugares onde se fixeron as cacharelas da noite de San Xoán. Só  nos areais coruñeses de Riazor e o Orzán recolleron unhas 160 toneladas de refugallos. 24/06/14

Día hoxe de limpeza para deixar  igual que estaban, as praias e outros lugares onde se fixeron as cacharelas da noite de San Xoán. Só nos areais coruñeses de Riazor e o Orzán recolleron unhas 160 toneladas de refugallos // A dirección de Volkswagen vai vir a Vigo para coñecer a industria de automocion, e as empresas de compoñentes galegas van poxar no concurso para fabricar materiais para os novos modelos Polo e Ibiza.  É o resultado da visita hoxe á planta de Volkswagen en Alemaña,como peche a 3 dias de xira dunha delegación galega, encabezada polo presidente Núñez Feijoo // Detido en Vigo ó directivo dunha empresa pola venda masiva de anabolizantes e fármacos supostamente ilegais a través de internet. A Garda Civil precintou a páxina, dende a que ofertaba 1.500 productos, e recolleu abondosa documentación que agora analiza. A Operación continúa ainda aberta. 24/06/14

Día hoxe de limpeza para deixar igual que estaban, as praias e outros lugares onde se fixeron as cacharelas da noite de San Xoán // A dirección de Volkswagen vai vir a Vigo para coñecer a industria de automocion, e as empresas de componentes galegas van poxar no concurso para fabricar materiais para os novos modelos // Detido en Vigo ó directivo dunha empresa pola venda masiva de anabolizantes e fármacos supostamente ilegais a través de internet. 24/06/14

Moita xente olla hoxe para o ceo, tratando de calcular o tempo que imos ter pola noite. Segundo avance a tarde, a cousa  irá a peor e, igual que en días pasados, chegarán os tronos e precipitacións. A boa noticia é que, de cara á noite, cando pase o episodio de tronada, as precipitacións diminuirán e mesmo chegarán a desaparecer en moitas zonas // Semana decisiva para o cambio de propiedade e de dirección en NovaGalicia Banco. Celébrase na Coruña a Xunta xeral de accionistas que vai elexir aos membros do novo Consello de Administración para que dirixa á entidade resultante da fusión das caixas galegas, e logo da súa compra polo venezolano Banesco // Sen trazas de solución para o conflicto laboral da recollida do lixo urbán en lugo, cando están a piques de cumprirse os 15 días dende que se iniciou a folga. Traballadores e empresa concesionaria seguen sen negociar e o Concello anuncia que vai ampliar o seu recurso á pública Tragsa, tratando de evitar os cheiros e perigo sanitario. 23/06/14

Moita xente olla hoxe para o ceo, tratando de calcular o tempo que imos ter pola noite. Segundo avance a tarde, a cousa  irá a peor e, igual que en días pasados, chegarán os tronos e precipitacións. A boa noticia é que, de cara á noite, cando pase o episodio de tronada, as precipitacións diminuirán e mesmo chegarán a desaparecer en moitas zonas // Semana decisiva para o cambio de propiedade e de dirección en NovaGalicia Banco. Celébrase na Coruña a Xunta xeral de accionistas que vai elexir aos membros do novo Consello de Administración para que dirixa á entidade resultante da fusión das caixas galegas, e logo da súa compra polo venezolano Banesco // Sen trazas de solución para o conflicto laboral da recollida do lixo urbán en lugo, cando están a piques de cumprirse os 15 días dende que se iniciou a folga. Traballadores e empresa concesionaria seguen sen negociar e o Concello anuncia que vai ampliar o seu recurso á pública Tragsa, tratando de evitar os cheiros e perigo sanitario. 23/06/14

Moita xente olla hoxe para o ceo, tratando de calcular o tempo que imos ter pola noite. Celébrase na Coruña a Xunta xeral de accionistas que vai elexir aos membros do novo // Consello de Administración para que dirixa á entidade resultante da fusión das caixas galegas // Sen trazas de solución para o conflicto laboral da recollida do lixo urbán en lugo, cando están a piques de cumprirse os 15 días dende que se iniciou a folga. 23/06/14

Un dia moi agardado para máis de 350.000 alumnos galegos, que hoxe inician as vacacións de verán. Unha xornada de festa na maioría dos centros escolares, ainda que tamén de despedidas e bágoas polos que deixan a escola // Xa coñecemos a primeira valoración do Presidente da Xunta do discurso do novo Rei, Filipe Sexto, na súa proclamación, á que asistiu. Núñez Feijóo calificouno de impecable e destacou o respeto que o monarca amosou polas comunidades autónomas // Remata a instrucción do caso polo asasinato da pequena Asunta Basterra. 9 meses despois do crime o xuiz José Antonio Vázquez Taín rexeita practicar máis probas solicitadas pola defensa de Rosario Porto e Alfonso Basterra, os únicos imputados, por consideralas innecesarias e abusivas. As partes teñen que presentar agora os seus escritos de acusación e defensa e pronunciarse sobre a apertura de xuízo oral. 20/06/14