Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os pais da nena Asunta víronse hoxe no xulgado, nun encontro tenso e sen palabras entre eles, debido a que Alfonso Basterra descarga na súa exmuller o control dos medicamentos cos que presuntamente foi asasinada a súa filla // O concello de Lugo decreta a intervención temporal do servizo de recollida de lixo a partir do luns con técnicos municipal e a empresa pública Tragsa // Abre ao tráfico mañá o vial Goián-A Guarda, de 10 kms, que aliviará o trafico denso nese traxecto do Baixo Miño // Unha parella de Ourense  recibe os 130 mil euros que encontraran á porta da casa, despois de que algún descoñecido lles tocase o timbre // Víctor Fernández, novo adestrador do Deportivo, conta xa con dúas novas fichaxes. O ex do Barça Isaac Cuenca e o lateral do Sporting Roberto Canella // O Circo do Sol fai parada días en Santiago co espectáculo  Dralion, que leva quince anos de representación por todo o mundo.

Os pais de Asunta víronse hoxe no xulgado, nun encontro tenso e sen palabras entre eles, debido a que Alfonso Basterra descarga na súa exmuller o control dos medicamentos cos que presuntamente foi asasinada a súa filla // O concello de Lugo decreta a intervención temporal do servizo de recollida de lixo a partir do luns con técnicos municipal e a empresa pública Tragsa // Abre ao tráfico mañá o vial Goián-A Guarda, de 10 kms, que aliviará o trafico denso nese traxecto do Baixo Miño // Unha parella de Ourense  recibe os 130 mil euros que encontraran á porta da casa hai catro anos. Entregáronllelos á policía, pero anos despois ninguén os reclamou // Víctor Fernández, novo adestrador do Deportivo, conta xa con dúas novas fichaxes. O ex do Barça Isaac Cuenca e o lateral do Sporting Roberto Canella. 11/07/14

A folga de recollida de lixo en Lugo parece encamiñarse cara unha próxima solución, ao retomárense esta tarde as negociacións entre traballadores e empresa e sobre un principio de acordo // A Xunta concédelle a Medalla de Ouro de Galicia ás vítimas do accidente de tren de Santiago e aos voluntarios que colaboraron no seu auxilio. Serálles entregada o 24 de xullo, no cabodano da traxedia // Víctor Fernández negocia na Coruña a súa posible fichaxe polo Deportivo como adestrador, en substitución de Fernando Vázquez, destituído hai dous días. 10/07/14

Optimismo en Lugo ante a probable e próxima fin da folga da recollida de lixo. Empresa e traballadores negocian sobre un principio de acordo para consolidarlles unha paga anual de 600 euros. A dise disposta a readmitir aos 11 traballadores // A asociación de usuarios de banca Adicae piden que se afonde na xestión dos exdirectivos de NGB e as indemnización millonarias que recibiron. Dino ante o anuncio de apertura  de xuízo oral a cinco deles que cobraron dezaoito millóns de íeuros // 1 de cada 6 alumnos ten problemas para interpretar unha factura, e non acada o nivel básico de rendemento en cuestións de economía doméstica. Así o indica o último informe PISA, sobre formación // O adestrador Víctor Fernández está na Coruña para negociar co Deportivo a súa posible fichaxe polo clube // Na illa de San Simón un cento de rapaces participan nun curso de verán de música folk para instrumentos de corda. 10/07/14

Segunda reunión negociadora entre traballadores e empresa de recollida de lixo de Lugo co ánimo de por fin a 31 días de folga // Adicae pide afondar na xestión dos exdirectivos de NGB e as indemnización millonarias que recibiron // 1 de cada 6 alumnos ten problemas para interpretar unha factura, e non acada o nivel básico de rendemento en cuestións de economía doméstica // O adestrador Víctor Fernández está na Coruña para negociar co Deportivo a súa posible fichaxe polo clube. 10/07/14 

A folga na recollida de lixo en Lugo cumpre hoxe un mes, sen avances na negociación cos traballadores // Filipe VI realizará a ofrenda ao Apóstolo en Santiago o 25 de xullo // Os afeccionados do Deportivo seguen sorprendidos pola destitución de Fernando Vázquez como adestrador. 09/07/14 

A folga na recollida de lixo en Lugo cumpre hoxe un mes, con 400 toneladas acumuladas nas rúas. As negociacións entre a empresa concesionaria da limpeza e os traballadores están paradas // O novo goberno de Santiago terá nove concellerías, dúas menos que o anterior, que dependerán directamente do alcalde, Agustín Hernández, que asume a portavocía. O alcalde saínte Ángel Currás ocupará a concellería de relacións institucionais // Os novos Reis asistirán este ano a ofrenda ao Apóstolo en Santiago o 25 de xullo // Aumenta a practica deportiva entre os galegos, sobre todo en camiñar e correr.  De media os galegos practicamos deporte catro veces á semana e de cada vez, unha hora e vinte minutos // A afección do segue sorprendida polo fulminante despido do adestrador Fernando Vázquez // Un histórico do fútbol, o Pontevedra, vai estar dirixido por unha muller, a empresaria Lupe Murillo,que é a  máxima accionista do clube // A gastronomía galega volverá ser protagonista no programa Cocina2. 09/07/14 

A folga na recollida de lixo en Lugo cumpre un mes, con 400 toneladas acumuladas nas rúas e sen avance nas negociacións // O novo goberno de Santiago terá nove concellerías, dúas menos que o anterior, que dependerán directamente do alcalde, Agustín Hernández, que tamén será o portavoz // O rei Filipe VI realizará a ofrenda ao Apóstolo en Santiago o 25 de xullo // Aumenta a prÁctica deportiva entre os galegos, sobre todo en camiñar e correr // A afección do segue sorprendida polo fulminante despido do adestrador Fernando Vázquez // Un histórico do fútbol, o Pontevedra, vai estar dirixido por unha muller, a empresaria Lupe Murillo,que é a  máxima accionista do clube.

Santiago ten novo alcalde. O ex conselleiro  Agustín Hernández recibiu o bastón de mando da cidade de mans do anterior Ángel Currás que levaba en funcións dende hai un mes despois da demisión en bloque de nove concelleiros da corporación. 

Destruída a casa na que vivía un matrimonio de anciáns en Parga, Lugo, a raíz dunha  acumulación de gas. 

Fernando Vázquez  destituído  coma adestrador do Deportivo logo dunhas declaracións deste sobre a política de fichaxes. (08/07/14)

Unha explosión destrúe a casa dun matrimonio de anciáns en Parga,Guitiriz, estando eles dentro. Unha acumulación de gas dentro da vivenda provocou a explosión. Os dous anciáns foron trasladados o hospital,un deles está grave. 

O exconselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández tomou posesión da alcaldía de Santigo, en relevo de Ángel Currás, que renunciou a raíiz da crise aberta no seu goberno, do PP, por diversos 

litixios xudiciais.

A nova lei de educación, a Lomce, vai facer legais as axudas da Xunta a centros privados que separan os alumnos segundo o sexo. Dese xeito, di a consellería de educación, quedará sen efecto a sentenza do Tribunal Supremo que anula eses concertos educativos. O sindicato CIG, que presentou a demanda, pide a demisión do conselleiro. 

A rede wifi gratuía do concello de Ourense pendente do escándalo de Gowex. O concello vai estudar como lle pode afectar ao servizo a entrada en concurso de acredores da firma despois de que o máximo responsable afirmara que falseara as contas.   

Destituído Fernando Vázquez coma adestrador do Deportivo, despois dunhas declaracións deste sobre a política de fichaxes. (08/07/14)

Santiago ten novo alcalde. O ex conselleiro  Agustín Hernández recibiu o bastón de mando da cidade de mans do anterior Ángel Currás que levaba en funcións dende hai un mes despois da demisión en bloque de nove concelleiros da corporación. 

Destruída a casa na que vivía un matrimonio de anciáns en Parga, Lugo, a raíz dunha  acumulación de gas. 

Algúns cidadáns xa se empezan a impacientar porque xullo de momento segue con temperaturas baixas para ser verán. Unha situación que empezará a mudar a partir de mañá con máis sol e calor.

Fernando Váazquez  destituído  coma adestrador do Deportivo logo dunhas declaracións deste sobre a política de fichaxes. (08/07/14)

O Tribunal Supremo anula os concertos educativos da Xunta con cinco colexios da Coruña e Pontevedra que escolarizan alumnos dun único sexo. O Alto Tribunal anula a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que confirmara a validez desas axudas // O ex presidente da Deputación de Ourense José Luis Baltar declara no xulgado de Lugo coma imputado por aceptación de suborno dentro da operacion pokemon. Negou ter recibido 6.000 euros do grupo Vendex, en contra dun informe acusatorio // Aumenta  prostitución entre mulleres españolas por mor da crise. A Xunta incrementa a aportación ás  ONGs que traballan con esas persoas. Este ano, medio millon de euros. 07/07/14

A Coruña é a primeira cidade galega a que se lle permite liberdade de horarios do comercio por ter gran afluencia de turistas. Nos próximos 6 meses, o concello acordará cos comerciantes que zona se delimita para esa liberdade horaria // José Luis Baltar declara no xulgado de Lugo coma imputado por aceptación de suborno, dentro da operación Pokémon. Baltar negou ter recibido 6.000 euros do grupo Vendex, en contra do que afirma un informe de vixilancia aduaneira // O Concello de Pontevedra estuda recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza que obriga aos funcionarios a devolver a compensación da paga extra de 2012 // Aumentou  a prostitución  entre mulleres españolas  nos dous anos ultimos anos por mor da crise. A Xunta renova a colaboracion coas 11 ONGs que traballan con esas persoas, coa aportacion de medio millon de euros, un 60% máis que en 2013 // Presentada a cuarta fichaxe do Celta. Carles Planas, lateral zurdo de 23 anos, chega a Vigo procedente do Barça B, para tres temporadas. 07/07/14

José Luis Baltar declara coma imputado por aceptación de suborno, dentro da operación Pokémon. Negou ter recibido 6.000 euros do grupo Vendex, en contra do que afirma un informe de vixilancia aduaneira // O Concello de Pontevedra estuda recorrer ante o Tribunal Supremo a sentenza que obriga aos funcionarios a devolver a compensación da paga extra de 2012 // Aumentou  a prostitución  entre mulleres españolas  nos dous anos ultimos anos por mor da crise. A Xunta apórtalle ás  ONGs que traballan con esas persoas medio millon de euros, un 60% máis que en 2013 // Presentada a cuarta fichaxe do Celta, Carles Planas, lateral zurdo de 23 anos,que chega a Vigo procedente do Barça B. 07/07/14

Os atascos que se formaban na vila coruñesa de Noia ao regreso das praias no verán, xa son historia. Dende hai unha hora está aberta ao trafico a ponte sobre a ría que fará posible rodeala para acceder á estrada que une o Barbanza con Santiago // O Tribunal Supremo quere localizar a aseguradora do Prestige e solicitoulle á  Audiencia Provincial da Coruña que se lle notifique a sentenza. O fallo pola maior catástrofe ecolóxica do noso pais na que foron absoltos por delito medioambiental o capitán e o xefe de maquinas do petroleiro e o director xeral da mariña mercante // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou a paga de productividade que o concello de Pontevedra abonara aos funcionarios en novembro de 2012. Un xeito de compensar a supresión da paga de Nadal que decretara o Goberno Central. O fallo, rectifica unha sentenza anterior favorable ao concello, implica a devolución duns 400.000 euros. 04/07/14