Horas decisivas para a evolución da auxiliar de enfermeiría Teresa Romero afectada de ébola, ingresada no Hospital Carlos Tercero. Segundo informaron á familia os médicos que a atenden, a pasada noite sofriu un empeoramento pero os facultativos lograron estabilizala // O Goberno mantén a previsión de que o acceso por AVE dende Galicia à meseta entre en servizo no 2018. Confirmouno a Ministra de Fomento, Ana Pastor, que hoxe visitou, canda o Presidende da Xunta, as obras de construcción desta infraestructura entre Ourense e o límite coa provincia de Zamora // Hoxe tomou posesión das instalacións da Fabrica de Armas da Coruña a nova empresa adxudicataria, Hércules de Armamento, que a vai xestionar durante os próximos 15 anos, logo de gañar o concurso convocado polo Ministerio de Defensa // Esperan volvela por en producción a mediados do ano que vén. Os antigos traballadores piden saber se os novos xestores van contar con eles, nunha etapa na que agardan crear 150 postos de traballo. 13/10/14
Horas decisivas para a evolución da auxiliar de enfermeiría Teresa Romero afectada de ébola, ingresada no Hospital Carlos Tercero. Segundo informaron á familia os médicos que a atenden, a pasada noite experimentou un notable empeoramento pero os facultativos lograron estabilizala // En varios hospitais houbo hoxe concentracións de apoio a auxiliar infectada co ébola nas que reclamaron máis formación e mellores equipos para atender posibles casos, coma no do Meixoeiro de Vigo, o centro de referencia para o ébola en Galicia // Tres persoas morreron en accidentes de tráfico durante a fin de semana. O sinistro máis grave tivo lugar en Sarria onde unha parella de 34 e 35 anos faleceu ao bater frontalmente contra outro vehículo. 13/10/14
Horas decisivas para a evolución da auxiliar de enfermeiría Teresa Romero afectada de ébola, ingresada no Hospital Carlos Tercero // O Goberno mantén a previsión de que o acceso por AVE dende Galicia à meseta entre en servizo no 2018 // Tres persoas morreron en accidentes de tráfico durante a fin de semana. 13/10/14
A semana empeza con ceos grises e temperaturas suaves, típicas xa do outono. Pola tarde, unha nova fronte deixará chuvias en toda Galicia, mais intensas na costa. 13/10/14
Teresa Romero segue loitando por salvar a súa vida. A auxiliar de clínica de Becerreá infectada de ébola atópase, segundo o último parte médico, estable dentro da gravidade // Tres mulleres e un home pasaron xa a disposición xudicial coma presuntos autores dos roubos que se descubriran nos xulgados de Santiago de onde fora roubado tamén un mando do garaxe // A Xunta destinou hoxe 5 millóns de euros para o equipamento electromédico do complexo hospitalario de Vigo e anunciou que, no primeiro semestre do ano que vén, estará rematado o novo hospital da cidade // O Consello tamén lle deu o visto e prace ao proxecto de nova lei do solo que entra agora en período de información pública. 10/10/14
Teresa Romero segue loitando por salvar a súa vida. A auxiliar de clínica de Becerreá infectada de ébola atópase, segundo o último parte médico, estable dentro da gravidade. Son horas decisivas despois de que onte empeorase // Tres mulleres e un home pasaron xa a disposición xudicial coma presuntos autores dos roubos que se descubriran nos xulgados de Santiago de onde fora roubado tamén un mando do garaxe // A Xunta destinou hoxe 5 millóns de euros para o equipamento electromédico do complexo hospitalario de Vigo e anunciou que, no primeiro semestre do ano que vén, estará rematado o novo hospital da cidade. 10/10/14
Teresa Romero segue loitando por salvar a súa vida, atópase, segundo o último parte médico, estable dentro da gravidade // Tres mulleres e un home pasaron xa a disposiciòn xudicial coma presuntos autores dos roubos que se descubriran nos xulgados de Santiago // A Xunta destinou hoxe 5 millóns de euros para o equipamento electromédico do complexo hospitalario de Vigo. 10/10/14
O debilitamento da zona de baixas presións que nos afectou hos últimos dias está a facer que as precipitacións sexan máis espaciadas. Aínda así as abondosas nubes que siguen a cubrir o ceo poden deixar algunha chuvia ocasional. 10/10/14
Novo problema, neste caso fiscal, para Navantia Ferrol. O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera que podería ter que pagarlle ao concello de Ferrol máis de tres millóns de euros que é o importe do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, do que estivo exento dende hai seis anos. Agora terá que ser un xulgado da cidade galega o que decida // Empeora o estado de saúde da auxiliar de enfermería de Becerreá infectada por ébola. Teresa Romero tivo que ser intubada. Seu irmán asegura que presenta problemas pulmonares e que probablemente empecen a subministrarlle un novo medicamento // Segunda sesión do xuízo a un profesor de Celanova por supostos abusos a seis alumnas. Ningunha das testemuñas citadas recoñece telos visto pese a que supostamente sempre se produciron na clase, no patio ou no comedor. 09/10/14
Empeora o estado de saúde da auxiliar de enfermería de Becerreá infectada por ébola. Teresa Romero tivo que ser intubada. Seu irmán asegura que presenta problemas pulmonares e que probablemente empecen a subministrarlle un novo medicamento // O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera que Navantia de Ferrol podería ter que pagarlle ao concello o importe do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, do que estivo exento dende hai seis anos // O adestrador do Deportivo pide que non cunda o medo ante a situación do equipo na táboa clasificatoria, na que se atopa de colista. 09/10/14
Novo problema, neste caso fiscal, para Navantia Ferrol. O Tribunal de xustiza da Unión Europea considera que Navantia de Ferrol podería ter que pagarlle ao concello máis de tres millóns de euros que é o importe do Imposto de Bens Inmobles, o IBI, do que estivo exento dende hai seis anos // Empeora o estado de saúde da auxiliar de enfermería de Becerreá infectada por ébola // Segunda sesión do xuízo a un profesor de Celanova por supostos abusos a seis alumnas. 09/10/14
Tras o paso dunha fronte que deixou chuvias abondosas en boa parte de Galicia, tempo hoxe mais tranquilo. 09/10/14
O maquinista do tren alvia que descarrilou en Santiago volve ser o único imputado por aquel accidente, que causara 79 mortos. A Audiencia provincial da Coruña tomou en consideración os recursos que presentaran a fiscalía e o avogado do estado contra a imputación dos altos cargos do ADIF no 2011, cando entrara en funcionamento a vía na que se produciu o accidente // Pendentes da evolución de Teresa Romero, en Becerreá onde vive parte da súa familia hai tranquilidade despois de saberse que descartara viaxar alí nas súas vacacións porque se atopaba mal. Confirmouno a súa nai que tamén dixo que puidera falar con ela dende hospital onde recibe tratamento tras contraer o virus do ébola // Comezou en Ourense o xuízo por un presunto caso de abusos por parte dun profesor ás súas alumnas. Está acusado de facerlles tocamentos e darlles bicos na boca, mentres estaban na aula ou no patio do colexio público de Celanova. 08/10/14
O maquinista do tren alvia que descarrilou en Santiago volve ser o único imputado por aquel accidente, que causara 79 mortos. A Audiencia provincial da Coruña tomou en consideración os recursos que presentaran a fiscalía e o avogado do estado contra a imputación dos altos cargos do ADIF no 2011, cando entrara en funcionamento a vía na que se produciu o accidente // Pendentes da evolución de Teresa Romero, en Becerreá onde vive parte da súa familia hai tranquilidade despois de saberse que descartara viaxar alí nas súas vacacións porque se atopaba mal // Comezou en Ourense o xuízo por un presunto caso de abusos por parte dun profesor ás súas alumnas. Está acusado de facerlles tocamentos e darlles bicos na boca, mentres estaban na aula ou no patio do colexio público de Celanova. 08/10/14
O maquinista do tren alvia que descarrilou en Santiago volve ser o único imputado por aquel accidente, que causara 79 mortos // Pendentes da evolución de Teresa Romero, en Becerreá onde vive parte da súa familia hai tranquilidade despois de saberse que non viaxou aquí, despois do contaxio // Comezou en Ourense o xuízo por un presunto caso de abusos por parte dun profesor ás súas alumnas. 08/10/14
A tarde vai ser moi chuviosa en toda Galicia pero especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. Alí poden caer tan só nunha hora ata 20 litros de auga por metro cadrado. 08/10/14
A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia. Enfermou, logo de atender a un dos dous misioneiros españois contaxiados no continente africano e que morreron tras ser repatriados // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro. Foi no debate sobre o estado da autonomía onde tamén dixo que o Goberno Autónomo quere por en marcha un plan de emprego para mozos, para o que se destinaran 48 millóns de euros máis e tamén para parados maiores de 45 anos // Un membro de Resistencia Galega recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. Díxoo na audiencia nacional onde son xulgados 3 presuntos integrantes desa organización, acusados de colocar explosivos nunha instalación de telecomunicacións no monte Sampaio, de Vigo, en 2012. Piden pra eles 17 anos de cárcere. 07/10/14
A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia. Enfermou, logo de atender a un dos dous misioneiros españois contaxiados no continente africano e que morreron tras ser repatriados // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro. Foi no debate sobre o estado da autonomía onde tamén dixo que o Goberno Autónomo quere por en marcha un plan de emprego para mozos, para o que se destinaran 48 millóns de euros máis e tamén para parados maiores de 45 anos // Un membro de Resistencia Galega recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. Díxoo na audiencia nacional onde son xulgados 3 presuntos integrantes desa organización, acusados de colocar explosivos nunha instalación de telecomunicacións no monte Sampaio, de Vigo, en 2012. Piden pra eles 17 anos de cárcere. 07/10/14
A auxiliar de enfermaría contaxiada de ébola en Madrid é da localidade lucense de Becerreá, onde viven varios membros da súa familia // O Presidente da Xunta anunciou un aumento das deducións fiscais de cen euros ao mes para as familias que teñan o segundo fillo e de 200 a partir do terceiro // Un membro de Resistencia Galega recoñeceu hoxe que preparaban un atentado contra a sede do PP en Moaña. 07/10/14
Seguimos con ceos moi nubosos e chuvias que durante a a mañá foron débiles e ocasionais pero de cara a tarde poden ser máis frecuentes sobre todo polas Rías baixas. As temperaturas seguen a baixar. 07/10/14