Cabodano da pequena Asunta Basterra asasinada presuntamente por seus pais, un día precedido da polémica pola publicación dunha esquela en varios xornais que asina a súa nai, cun "Te querre siempre", que omite os seus apelidos. O seu abogado nega que sexa unha estratexia da defensa.
Incautados 77 mil kilos de peixe e marisco furtivos nos primeiros oito meses do ano, principalmente de xarda, xurelo, polbo e ameixa.150 persoas foron imputadas por pescar ou mariscar sen licenza.
Empeza o outono cuns primeiros dias de antiticlón, e remata o verán, húmido e chuviñento.
Celta e Deportivo deixan atrás os resultados da fin de semana, para centrarse no derbi de mañá en Balaídos, ante o que ninguén quere falar de favoritos.
Ourense ofrece hoxe de balde as viaxes no autobús urbano para animar a usar o transporte público, que aló utilizan só o 11% dos cidadáns. (22/09/14)
Posibilidade de chuviscas, ante a próxima entrada dun anticiclón.
Cúmprense o cabodano da pequena Asunta Basterra asasinada presuntamente polos seus pais. Na pista forestal onde apareceu o seu corpo obxectos e mensaxes de recordo. Un dia precedido da polémica pola publicación dunha esquela en varios xornais que asina a nai, cun "Te querre siempre", e na que se omiten os apelidos. (22/09/14)
O alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández renuncia a presentarse ás primarias do seu partido para ser o candidato nas vindeiras eleccións municipais. E en Lugo o tamén socialista Xosé López Orozco desvelou que optará á reelección como alcalde da cidade que goberna dende hai dezaseis anos.
A marea vermella intensifícase de novo,o que obriga a pechar a maioría dos polígonos mexilloeiros. Só catro dos 51 que hai en toda Galicia están abertos. Son os máis perxudicados polo rebrote da microalga tóxica que afecta tamén aos bancos marisqueiros, con especial incidencia na ría de Pontevedra.
Riazor agarda un dos primeiros cheos da tempada no partido de mañá fronte o Real Madrid . Estímase que uns 30 mil afeccionados poderían abarrotar as bancadas do estadio coruñés. Mentres, o Celta terá tamén un difícil rival: Enfróntase no Vicente Calderón ao Atlético de Madrid, o actual campión da Liga. (19/09/14)
O alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández renuncia a presentarse ás primarias do seu partido para ser o candidato nas vindeiras eleccións municipais. E en Lugo o tamén socialista Xosé López Orozco desvelou que optará á reelección como alcalde da cidade que goberna dende hai dezaseis anos.
A marea vermella intensifícase de novo,o que obriga a pechar a maioría dos polígonos mexilloeiros. Só catro dos 51 que hai en toda Galicia están abertos. Son os máis perxudicados polo rebrote da microalga tóxica que afecta tamén aos bancos marisqueiros, con especial incidencia na ría de Pontevedra.
Riazor agarda un dos primeiros cheos da tempada no partido de mañá fronte o Real Madrid . Estímase que uns 30 mil afeccionados poderían abarrotar as bancadas do estadio coruñés. Mentres, o Celta terá tamén un difícil rival: Enfróntase no Vicente Calderón ao Atlético de Madrid. (19/09/14)
O alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández renuncia a presentarse ás primarias do seu partido para ser o candidato nas vindeiras eleccións municipais.
A marea vermella intensifícase de novo,o que obriga a pechar a maioría dos polígonos mexilloeiros.
Riazor agarda un dos primeiros cheos da tempada no partido de mañá fronte o Real Madrid. E o celta viaxa para enfrontarse ao Atlético, no Vicente Calderón. (19/09/14)
A audiencia da Coruña condena a un pai a manter a súa filla de 30 anos desempregada. O tribunal atende a demanda da moza e obriga así a seu pai a pagarlle unha pensión de 400 euros ao mes porque non consigue un traballo que lle dea independencia económica.
Tódalas estradas que se constrúan, a partir de agora, deberán levar unha canalización a disposición dos operadores de telecomunicacións para evitar que haxa que abrir gabias cada vez que se queira facer unha condución nova.
Aprobouno o Consello da Xunta que tamén puxo en marcha un proxecto de colaboración con PSA-Citroen para crear en Vigo un novo centro de investigación para desenrolar un vehículo autónomo.
Pasaron a disposición do xulgado, en Monforte, os dous homes detidos en relación cos supostos abusos sexuais e a difusión, logo, as imaxes por Whatsapp. (18/09/14)
A choiva obriga botar man de paraugas, botas e chuvasqueiros. O vento do sur, con rachas superiores aos 80 km por hora, levou mesmo a activar a alerta marela no litoral. (18/09/14)
A audiencia da Coruña condena a un pai a manter a súa filla de 30 anos desempregada.
Tódalas estradas que se constrúan, a partir de agora, deberán levar unha canalización a disposición dos operadores de telecomunicacións.
Pasaron a disposición do xulgado, en Monforte, os dous homes detidos en relación cos supostos abusos sexuais e a difusión, logo, as imaxes por Whatsapp. (18/09/14)
A audiencia da Coruña condena a un pai a manter a súa filla de 30 anos desempregada. O tribunal atende a demanda da moza e obriga así a seu pai a pagarlle unha pensión de 400 euros ao mes porque non consigue un traballo que lle dea independencia económica.
Tódalas estradas que se constrúan, a partir de agora, deberán levar unha canalización a disposición dos operadores de telecomunicacións para evitar que haxa que abrir gabias cada vez que se queira facer unha condución nova.
Pasaron a disposición do xulgado, en Monforte, os dous homes detidos en relación cos supostos abusos sexuais e a difusión, logo, as imaxes por Whatsapp. (18/09/14)
Un informe da empresa concesionaria da iluminación pública de Santiago atribúelle a otro farol, próximo ao que tocou a vítima, o accidente que lle causou a morte á nena de 14 anos que pereceu electrocutada, na noite do pasado domingo, no barrio de Vite.
A Policía Nacional podería deter nas vindeiras horas aos dous mozos da localidade luguesa de Monforte de Lemos relacionados coa gravación e difusión dun polémico vídeo de contido sexual. Un é sospeitoso de abusar sexualmente dunha moza e o outro de gravar os supostos abusos co seu teléfono e de difundir o vídeo por Whatsapp
Dende hoxe tentan unha segunda oportunidade os máis de dous mil estudantes que se examinan de selectividade.Son tres días de probas para estes mozos que agardan acceder a estudos superiores.
Este curso só poderán optar ás menos de 80 titulacións nas que aída queda praza, na universidade galega. (17/09/14)
Dende hoxe tentan unha segunda oportunidade os máis de dous mil estudantes que se examinan de selectividade.no primeiro dos Son tres días de probas para estes mozos que agardan acceder a universidade.
Un informe da empresa concesionaria da iluminación pública de Santiago atribúelle a outro farol, próximo ao que tocou a vítima, o accidente que lle causou a morte á nena de 14 anos que pereceu electrocutada, na noite do pasado domingo, no barrio de Vite.
Inditex aumentou a súas vendas no primeiro semestre fiscal pero reduciu beneficios con respecto o ano pasado. O xigante textil fabricante de marcas coma Zara obtivo uns beneficios de 928 millóns de euros na primeira metade do ano, un 2.4 %menos. Detras da reducción de ganancias está o gasto en renovación e apertura de tendas e a fortaleza do euro fronte a outras divisas., que anulou o efecto positivo do aumento das vendas. (17/09/14)
Dende hoxe tentan unha segunda oportunidade os máis de dous mil estudantes que se examinan de selectividade.
Un informe da empresa concesionaria da iluminación pública de Santiago atribúelle a otro farol, próximo ao que tocou a vítima, o accidente que lle causou a morte á nena de 14 anos .
Inditex aumentou a súas vendas no primeiro semestre fiscal pero reduciu beneficios con respecto o ano pasado. (17/09/14)
O Rei Felipe VI inaugurou na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar o curso escolar. Pediu aumentar a calidade do ensino coma pasaporte para o progreso e lamentou a gran porcentaxe de abandono escolar.
Unha das asociacións de vítimas do accidente de tren Alvia, ocorrido o verán pasado en Santiago pídenlle ao maquinista que diga todo o que sabe e sinale ao responsable de seguridade ao que alertara da perigosidade da curva de Angrois, tal como dixera nada máis descarrilar o tren.
O novo portavoz do Partido Popular, Miguel Tellado afirma que os partidos políticos deben ser firmes na loita contra a corrupción para manter a confianza dos cidadáns. Tellado, ata agora deputado autonómico, foi nomeado, logo de que, hai tres meses, dimitira a súa antecesora, Paula Prado, investigada no sumario da operación Pokémon. (16/09/14)
O Rei Felipe VI inaugurou, na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar, o curso escolar, nun acto no que estivo acompañado pola Raíña Dona Leticia e no que tamén participaron o Presidente da Xunta e o Ministro de Educación.
O Monarca pediu aumentar a calidade do ensino coma pasaporte para o progreso e lamentou a gran porcentaxe de abandono escolar.
Hoxe será soterrada a menor de 14 anos que morreu electrocutada ao tocar un farol en Santiago. Mentres, segue a investigación e a conmoción entre os familiares e veciños do barrio, que non se explican como puido suceder. O alcalde compostelán anunciou hoxe que se revisarán todos os farois da cidade e insiste en que o que provocou a descarga mortal cumpría a normativa.
A Garda Civil segue á busca dos autores do asalto á casa reitoral preto de Padrón no que morreu unha muller que traballaba como asistenta do cura. O párroco, que tamén resultou ferido no ataque, xa recibiu a alta pero de momento non quere volver a que era a súa casa. Os axentes andan á procura do seu coche, un peugeot 308 branco no que supostamente fuxiron os ladróns tras roubar cartos da casa. (16/09/14)
Seguimos baixo a influencia da borrasca situada no Atlántico. Polo tanto continúan as nubes de tipo medio e alto, con chuviscas ocasionais que van ir en aumento pola tarde. (16/09/14)
O Rei Felipe VI inaugurou na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar. Pediu aumentar a calidade do ensino coma pasaporte para o progreso e lamentou a gran porcentaxe de abandono escolar.
Hoxe será soterrada a menor de 14 anos que morreu electrocutada ao tocar unha farola en Santiago.
A Garda Civil segue á busca dos autores do asalto á casa reitoral preto de Padrón no que morreu unha muller que traballaba como asistenta do cura. (16/09/14)
A policía investiga en Santiago a morte dunha nena de 14 anos electrocutada nunha farola. Dende o concello de Santiago aseguran que a instalación cumpría a normativa e abrirán unha investigación.
As forzas de seguridade realizan xestións para dar cos asaltantes da casa rectoral da parroquia das Cruces, en Padrón, que lle causaron a morte á asistenta do Párroco e feridas ao propio cura.
A moza que aparece nun vídeo de contido sexual gravado nun parque de Monforte e difundido por Whatsapp, presentou denuncia na policía por un presunto delito de abusos sexuais. (15/09/14)