A prisión por incumprir as medidas cautelares que lle impuxera o Xulgado. É a nova situación na que se atopa Jorge Dorribo, o empresario lucense, principal implicado na Operación Campeón sobre presuntas irregularidades na concesión de axudas públicas.
Teresa Romero reclámalle 150 mil euros ao conselleiro de sanidade de Madrid, quen dixera que a auxiliar de enfermería galega mentira sobre o seu contaxio de ébola.
Dimite como concelleiro o exalcalde de Santiago Anguel Currás, que se reincorporará á praza de profesor dun instituto compostelán. (10/11/14)