Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorízara para  capturar dúas mil toneladas. Unha autorización que provocou o descontento dos pescadores vascos e cántabros // A Cruz do Castro, un dos elementos máis visibles de Vigo, está a ser motivo de polémica. Unha sentenza xudicial obriga a derrubala por considerala un monumento político franquista. O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, di que o Concello vai recorrer a sentenza porque non é un símbolo do réxime anterior // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión que a mantén confinada na súa cela do cárcere de Teixeiro. Así o afirma o seu avogado, quen recusou ao maxistrado que vai presidir o tribunal con xurado popular. 08/09/14

Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorizara para  capturar dúas mil toneladas // A Cruz do Castro, un dos elementos urbáns máis visibles de Vigo, está a ser motivo de polémica // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión segundo o seu avogado. 08/09/14

A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con catro patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono. O Presidente da Xunta anunciou o apoio á creación dun polo industrial para potenciar este sector, na nosa comunidade // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente. Os que non terán que levar ningún tipo de etiqueta serán os que se vendan nas casas ou nas explotacións // Evoluciona favorablemente das graves queimaduras que sufriu o presidente dunha comunidade de veciños da Coruña. Queimouno outro veciño do seu edificio ao que lle reclamara o pago de 70 euros por unhas obras no inmoble. 05/09/14 

A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con 4 patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono.O Presidente da Xunta anunciou o apoio á creación dun polo industrial para potenciar este sector, na nosa comunidade // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente. Os que non terán que levar ningún tipo de etiqueta serán os que se vendan nas casas ou nas explotacións // Sen descanso neste parón ligueiro para Celta e Dépor. Os de Vigo traballaron na Madroa preparando o amistoso desta noite fronte o Sporting de Braga pendentes do estado físico de Augusto que lesionou nun amigable coa súa selección. Mentres no Deportivo Victor Fernández adestra hoxe e mañá pensando xa na vindeira xornada e en conquistar a que sería a primeira victoria na liga. 05/09/14

A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con catro patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente // Sen descanso neste parón ligueiro para Celta e Dépor. 05/09/14

Ás portas da fin de semana os ceos van ir quedando despexados esta tarde salvo pola costa. No litoral da Coruña e Pontevedra as brétemas poden ser persistentes. 05/09/14 

A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria. Os cursos nos que se vai a aplicar a nova lei de educación contempla máis horas de matemáticas, dúas máis a semana e máis tempo a libre disposición dos centros. Tamén aprobou unha liña de avais de 24 millóns de euros para as empresas do naval // 7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul". En total ofertábanse 8.800 prazas pero sobre todo nas das cidades moitas coma esta de Ourense teñen aínda unha longa lista de espera // Os inspectores de facenda propoñen que datos da declaración da renda dos cidadáns sexan públicos, como xa sucede cos dos políticos, logo da lei de transparencia. Tamén piden a creación dunha oficina de loita contra a corrupción, dependente da axencia tributaria e con atribucións policiais. 04/09/14

7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul". En total ofertábanse 8.800 prazas pero sobre todo nas das cidades moitas coma esta de Ourense teñen aínda unha longa lista de espera // A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria. Os cursos nos que se vai a aplicar a nova lei de educación contempla máis horas de matemáticas, dúas máis a semana e máis tempo a libre disposición dos centros. Tamén aprobou unha liña  de avais de 24 millóns de euros para as empresas do naval // Os representantes do sector da acuicultura din que a actividade está estancada, dende hai varios anos e culpan ás dificultades legais desa paralización. O plan estratéxico, aprobado este ano, prevé duplicar a producción en España en 15 anos pero din que non será posible se non se cambian as normas que regulan esta actividade. 04/09/14 

7.300 nenos de entre de ata 3 anos iniciaron hoxe o curso nas escolas da rede "Galiña Azul" // A xunta aproba o novo currículo para a implantación da Lomce na FP básica e en primaria // Os representantes do sector da acuicultura din que a actividade está estancada. 04/09/14

Seguimos con moitas nubes que incluso deixaron algún orballo illado esta mañá no litoral e polo norte. Nubes que sobre todo polo sur e interior de Galicia van ir deixando paso ao sol durante a tarde. 04/09/14

Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia  16 mortos, un máis que no verán do ano pasado.  Seis deses sinistros foron de moto.  A causa máis frecuente foron os choques entre vehículos, seguida das saídas de vía. 

  Inaugurada, na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos, un moderno e impactante edificio para unha institución que leva case un século atendendo a persoas sen recursos. Custou 25 millóns de euros, sufragados pola  fundación Amancio Ortega, do propietario de Inditex. 

  Mellora, dentro da extrema gravidade, a moza de Chantada, en Lugo que a semana pasada, recibiu un disparo na cabeza, efectuado polo seu mozo e xefe, na hamburguesería na que os dous traballaban. (03/09/14)

Inaugurada na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos, un moderno e impactante edificio para unha institución que leva case un século atendendo a persoas sen recursos. Custou 25 millóns de euros, sufragados pola  fundación Amancio Ortega, do propietario de Inditex. 

   O Centro Tecnolóxico da automoción do Porriño segue a traballar na innovación para o sector do automobil. Investiga por exemplo sistemas de conducción automática para os coches. Sistemas cos que poderían funcionar algúns dos seus deseños a partir do 2020.

  Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia  16 mortos, un máis que no verán do ano pasado.  Seis deses sinistros foron de moto.  A causa máis frecuente foron os choques entre vehículos, seguida das saídas de vía. (03/09/14)

Inaugurada na Coruña a nova sede do Centro Padre Rubinos.  Custou 25 millóns de euros, sufragados pola  fundación Amancio Ortega. 

   O Centro Tecnolóxico da automoción do Porriño investiga sistemas de conducción automática para os coches.

  Os accidentes de tráfico causaron , esta verán en Galicia  16 mortos, un máis que no verán do ano pasado. (03/09/14)

Despois da calor abafante que pasamos nos últimos días hoxe o tempo danos unha tregua e aínda que as temperaturas mínimas se mantiveron en niveis similares as máximas han caer varios graos. (03/09/14)

O paro baixou en Galicia en 3.340 persoas no pasado mes de agosto. Con esa baixada, a nosa comunidade lidera a caída do paro rexistrado en toda España, xa que, na media do estado, o desemprego aumentou en algo mais de 8 mil persoas // Este martes é o día máis caloroso do verán ata agora. Practicamente toda Galicia está en alerta por altas temperaturas. Alerta que no caso do interior da comunidade se eleva a laranxa. A auténtica tixola de Galicia é, de novo, Ourense onde os termómetros poden incluso superar os 40 graos // Continúa o misterio en torno o crime de Cabanas. Un ano despois da morte de Elisa Abruñedo que aparecera nunha cuneta preto da súa casa segue sen resolverse. Varios centos de amigos e veciños recorreron as rúas da vila coruñesa para expresar a súa preocupación e pedir que continúen as investigacións. 02/09/14

O paro baixou en Galicia en 3.340 persoas no pasado mes de agosto. Con esa baixada, a nosa comunidade lidera a caída do paro rexistrado en toda España, xa que, na media do estado, o desemprego aumentou en algo mais de 8 mil persoas.O sector servizos é no que mais diminuiu o desemprego, seguido da industria, a construcción e a agricultura // Este martes é o día máis caluroso do verán ata agora. Practicamente toda Galicia está en alerta por altas temperaturas. Alerta que no caso do interior da comunidade se eleva a laranxa. A auténtica tixola de Galicia é, de novo, Ourense onde os termómetros poden incluso superar os 40 graos // Os ansiados reforzos do Deportivo chegan no último día de fichaxes. O clube anunciou na súa web a chegada do brasileiro Sidnei Rechel da Silva procedente do Sport Lisboa e Benfica. Tamén se incorporará Juan Francisco Moreno, "Juanfran" que vén cedido do Betis e Hélder Postiga, un dianteiro portugués que acaba de deixar o Valencia. 02/09/14

O paro baixou en Galicia en 3.340 persoas no pasado mes de agosto // Este martes é o día máis caloroso do verán ata agora. Practicamente toda Galicia está en alerta por altas temperaturas // Os ansiados reforzos do Deportivo chegan no último día de fichaxes. 02/09/14 

Sol e calor, logo dunha fin de semana que, por fin, foi de verán auténtico, pese a seren os dous derradeiros días de agosto. Un tempo que segue neste inicio de setembro, no que mesmo hai alerta amarela no Sur de Lugo e  comarcas próximas ao Miño onde se poden acadar os 38 graos // As vendas de coches subiron máis dun 13% en Agosto, pese a que tradicionalmente era o mes do ano no que menos matriculacións de vehículos novos se producen // Pescanova presentou un beneficio neto de case 1.800 millóns de euros durante o  primeiro semestre deste ano tras contabilizar as quitas aprobadas nos convenios de acreedores. 01/09/14