A Ministra de Agricultura prometeu hoxe en Galicia un tratamento específico para as mulleres que traballan en actividades relacionadas co mar. A titular do departamento de Agricultura e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, acompañou ás mariscadoras nunha praia de Cambados, despois de visitar unha empresa conserveira e unha batea de produción de mexillón, na ría de Arousa // En Avión, Ourense lembran hoxe a orixe galega de Mario Vázquez Raña, un dos empresarios máis ricos do mundo. Acaba de falecer en México aos 82 anos vítima dun cancro // A policía segue a investigar o caso dos sen teito presuntamente secuestrados na Coruña para cobrar as súas pensións. De momento o único detido por este suceso está en liberdade con cargos mentres xa foron liberadas tres das súas supostas vítimas. 09/02/15
A Ministra de Agricultura prometeu hoxe en Galicia un tratamento específico para as mulleres que traballan en actividades relacionadas co mar // En Avión, Ourense lembran hoxe a orixe galega de Mario Vázquez Raña, un dos empresarios máis ricos do mundo // A policía segue a investigar o caso dos sen teito presuntamente secuestrados na Coruña para cobrar as súas pensións. 09/02/15
Xornada sen precipitacións. Soben algo as temperaturas pero seguirán as xeadas nas zonas do interior. 09/02/15
Once mil rapaces de toda Galicia que hoxe non puideron asistir á clase por mor da gran nevarada que caeu a pasada madrugada. Moitos van a colexios da provincia de Lugo pero tamén en Ourense e mesmo na Coruña e Pontevedra, onde este problema é menos habitual, máis de seis mil nenos tamén tiveron que quedar na casa // As estradas da provincia de Lugo son as que rexistraron maiores problemas por mor da neve e o xeo, sobre todo, nas primeiras horas do día. O tráfico viuse condicionado na A-6 ata Pedrafita, pero tamén noutras zonas coma Guitiriz // O Deportivo recibe esta noite en Riazor a un dos equipos revelación da temporada, o Eibar. Mentres o Celta viaxa a San Sebastián con baixas importantes. 06/02/15
Once mil rapaces de toda Galicia que hoxe non puideron asistir á clase por mor da gran nevarada que caeu a pasada madrugada. Moitos van a colexios da provincia de Lugo pero tamén en Ourense e mesmo na Coruña e Pontevedra, onde este problema é menos habitual, mais de seis mil nenos tiveron que quedar na casa // As estradas da provincia de Lugo son as que rexistraron maiores problemas por mor da neve e o xeo, sobre todo, nas primeiras horas do día. O tráfico viuse condicionado na A-6 ata Pedrafita, pero tamén noutras zonas coma Guitiriz // O Deportivo recibe esta noite en Riazor ao Eibar co que se xoga puntos vitais pola permanencia. Mentres o Celta viaxa a San Sebastián con baixas importantes. 06/02/15
Once mil rapaces de toda Galicia que hoxe non puideron asistir á clase por mor da gran nevarada que caeu a pasada madrugada // As estradas da provincia de Lugo son as que rexistraron maiores problemas por mor da neve e o xeo, sobre todo, nas primeiras horas do día // O Deportivo recibe esta noite en Riazor ao Eibar, mentres o Celta viaxa a San Sebastián con baixas importantes. 06/02/15
Segue chegando aire frío que traerá neve ao terzo norte aínda que a cota empeza a subir ata quedar por riba dos 500 metros. 06/02/15
Último día hoxe do xuízo polo roubo do Códice Calixtino. Xornada adicada a que as partes presenten as súas conclusións. O Fiscal reafirmouse na súa acusación contra o principal acusado, o exelectricista do templo, Manuel Fernández Castiñeiras, para o que pide 15 anos de prisión // A onda frío seguirá con nós ata o domingo pero pouco a pouco as nevaradas van ir retirándose ata quedar limitadas ao terzo norte e a montaña de Lugo.
Hoxe o xeo e a neve impediron que máis de 8 mil alumnos puideran acudir a clase en colexios, na súa maioría da provincia de Lugo pero tamén en 9 da Coruña // A oferta de emprego público de Galicia será este ano de 1.163 prazas. Serán 446 para profesores, 344 para persoal sanitario e 373 para a administración xeral. Trátase da maior oferta pública dende o 2009. 05/02/15
Último día hoxe do xuízo polo roubo do Códice Calixtino. Xornada adicada a que as partes presenten as súas conclusións. O Fiscal reafirmouse na súa acusación contra o principal acusado, o exelectricista do templo, Manuel Fernández Castiñeiras, para o que pide 15 anos de prisión // A onda frío seguirá con nós ata o domingo pero pouco a pouco as nevaradas van ir retirándose ata quedar limitadas ao terzo norte e a montaña de Lugo.
Hoxe o xeo e a neve impediron que máis de 8 mil alumnos puideran acudir a clase en colexios, na súa maioría da provincia de Lugo pero tamén en 9 da Coruña // A oferta de emprego público de Galicia será este ano de 1.163 prazas. Serán 446 para profesores, 344 para persoal sanitario e 373 para a administración xeral. Trátase da maior oferta pública dende o 2009. 05/02/15
Último día hoxe do xuízo polo roubo do Códice Calixtino // A onda frío seguirá con nós ata o domingo pero pouco a pouco as nevaradas van ir retirándose // A oferta de emprego público de Galicia será este ano de 1.163 prazas. 05/02/15
Para as próximas horas anúnciase alternancia de nubes e claros, con precipitacións no tercio norte, que serán de neve por riba dos 600 metros. 05/02/15
A provincia de Lugo é a máis afectada polas nevaradas que se rexistraron hoxe en moitas zonas de Galicia. O tráfico de vehículos viuse dificultado pola neve e o xeo e máis de 4 mil alumnos quedaron sen clases, sobre todo en comarcas lucenses, non só da montaña, senón tamén da Terra Cha ou de perto da Mariña // Activado o protocolo da meninxite nunha escola infantil de Arteixo na Coruña logo da morte dun neno de tres anos a causa desta doenza // Penúltima sesión da vista oral do xuízo polo roubo do Códice Calixtino. Nela foron visionadas as imaxes captadas por unha cámara de seguridade da Catedral e nas que se ve ao principal acusado levando documentos e grandes cantidades de cargos da caixa forte do templo. 04/02/15
A provincia de Lugo é a máis afectada polas nevaradas que se rexistraron hoxe en moitas zonas de Galicia. O tráfico de vehículos viuse dificultado pola neve e o xeo e máis de 4 mil alumnos quedaron sen clases // Activado o protocolo da meninxite nunha escola infantil de Arteixo na Coruña logo da morte dun neno de tres anos a causa desta doenza. A Xunta confirma que se trata desa enfermidade, pero está á espera das análises para determinar de qué xerme se trata, e aplicar, se procede, outro tipo de medidas // 8400 persoas morren ó ano en Galicia por mor do cancro. Os máis frecuentes son os de mama e próstata pero o que máis mortes provoca é o de pulmón con 1500 casos anuais. 04/02/15
A provincia de Lugo é a máis afectada polas nevaradas que se rexistraron hoxe en moitas zonas de Galicia // Activado o protocolo da meninxite nunha escola infantil de Arteixo na Coruña logo da morte dun neno de tres anos a causa desta doenza // 8.400 persoas morren ó ano en Galicia por mor do cancro. 04/02/15
As temperaturas mínimas tenden a seguir baixando pero a cota de neve subirá ata quedar sobre 600 metros, ao remate do día. 04/02/15
Sete mil oitenta e catro persoas máis están no paro en Galicia, segundo os datos do mes de xaneiro, feitos públicos hoxe. O desemprego aumentou aquí o 2,8%, mentres na media de España se incrementaba o 1,75% // O xuíz instructor do caso polo accidente do tren Alvia, en Santiago xa ten no seu poder todos os informes periciais sobre o descarrilamento. O último, o dun enxeñeiro de camiños que atribúe o sinistro á merma na seguridade da vía, provocada polo cambio de trazado e tamén ao despiste do conductor que entrou na curva con exceso de velocidade // Nas próximas horas imos quedar baixo a influencia dunha masa de aire polar que traerá neve en cotas moi baixas. As nevaradas non serán especialmente intensas pero sí afectarán a boa parte da comarcas do interior, polo que poden dificultar mañá o tráfico en boa parte nun grande número de estradas. 03/02/15
Sete mil oitenta e catro persoas máis están no paro en Galicia, segundo os datos do mes de xaneiro, feitos públicos hoxe. O desemprego aumentou aquí o 2,8%, mentres na media de España se incrementaba o 1,75% // O xuíz instructor do caso polo accidente do tren Alvia, en Santiago xa ten no seu poder todos os informes periciais sobre o descarrilamento. O último, o dun enxeñeiro de camiños que atribúe o sinistro á merma na seguridade da vía, provocada polo cambio de trazado e tamén ao despiste do conductor que entrou na curva con exceso de velocidade // Nas próximas horas imos quedar baixo a influencia dunha masa de aire polar que traerá neve en cotas moi baixas. De madrugada pode caer nos 400 metros e incluso nos 300, segundo algunhas prediccións. 03/02/15
Sete mil oitenta e catro persoas máis están no paro en Galicia, segundo os datos do mes de xaneiro, feitos públicos hoxe // O xuíz instructor do caso polo accidente do tren Alvia, en Santiago xa ten no seu poder todos os informes periciais sobre o descarrilamento // Nas próximas horas imos quedar baixo a influencia dunha masa de aire polar que traerá neve en cotas moi baixas. 03/02/15
Unha masa de aire frío achégase a Galicia. Virá acompañado de inestabilidade atmosférica e de precipitacións ocasionais que serán, en moitos casos de neve. 03/02/15
O tempo de neve segue con nos e así vai ser durante toda a semana. Para mañá está anunciada a entrada dunha nova fronte que traerá fortes precipitacións, ao tempo que baixa a cota de neve ata os 600 metros ou incluso menos // O presidente da Xunta reúnese en Bruxelas co comisario europeo de Medio Ambiente e Pesca. Sobre a pretensión comunitaria de prohibir a arte de pesca artesanal do XEITO, Alberto Núñez Feijoo manifestou trala xuntanza que se prevé que esa prohibición non se leve a práctica // O empresario Gerardo Crespo, principal imputado da Operación Zeta négase a declarar ante a xuíza alegando que falta un informe da Axencia Tributaria. Crespo presidente da empresa de formación AZetanet é o primeiro dos trinta imputados no caso en comparecer no xulgado por unha presunta fraude no cobro de subvevións públicas en cursos de formación. 02/02/15