Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Primeiros visitantes hoxe, na praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da  limitación de visitas. Dende hoxe e ata ao 30 de setembro, só un máximo de 4.812 persoas poderán acceder á praia cada día, e para facelo haberá que facerse previamente cunha entrada que se consegue gratis en internet ou nos establecementos da zona // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito. Coa entrada en vigor do novo código penal por primeira vez o furtivismo conlevará penas de entre seis meses e dous anos de cárcere. Ata agora os furtivos só se enfrontaban a multas // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos, descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós grazas a un  programa da Xunta que lles permitirá coñecer a comunidade durante os próximos quince días. 01/07/15

Primeiros visitantes hoxe, na  praia das Catedrais de Lugo tras a entrada en vigor da  limitación de visitas // Dende hoxe mariscar sen autorización será delito // Chegan a Galicia 75 mozos uruguaios e arxentinos,  descendentes de galegos que pisan por primeira vez a terra dos seus avós. 01/07/15

Estabilizado o incendio que lle afecta ao concello ourensán de Boborás, onde xa leva calcinadas máis de 100 hectáreas e que se propagou en catro frontes. Durante a noite e a madrugada algunhas aldeas da zona chegaron a estar en perigo, debido á proximidade das lapas // A subcomisión do Congreso que analizou a seguridade ferroviaria recoñece que se pode mellorar coa  implantación do sistema ERTMS de control automático da velocidade, co que non contaba o treito do accidente de Angrois // Facenda xa decidiu as devolucións para máis de 665 mil contribuíntes galegos que presentaron a declaración do IRPF. Quedan pendentes aínda máis devolucións xa que os galegos solicitamos o reintegro dun total de 548 millóns de euros, na campaña de declaración da renda que hoxe remata. 30/06/15

Estabilizado  o incendio que lle afecta ao concello ourensán de Boborás, onde xa leva calcinadas máis de 100 hectáreas e que se propagou en catro frontes. Durante a noite e a madrugada algunhas aldeas da zona chegaron a estar en perigo, debido á proximidade das lapas // A subcomisión do Congreso que analizou a seguridade ferroviaria recoñece que se pode mellorar coa implantación do sistema ERTMS de control automático da velocidade, co que non contaba o treito do accidente de Angrois // As organizacións agrarias din que moitos gandeiros están vendendo o litro de leite a prezos mínimos históricos: a 18 céntimos, moi debaixo do que lles custa producilo: 35 céntimos. Por este motivo algúns xa tiraron o leite dos tanques e anuncian para as próximas semanas unha manifestación e tractoradas. 30/06/15

Estabilizado o incendio que lle afecta ao concello ourensán de Boborás // A subcomisión do Congreso que analizou a seguridade ferroviaria  recoñece que se pode mellorar coa implantación do sistema ERTMS de control automático da velocidade // As organizacións agrarias din que moitos gandeiros están vendendo o litro de leite a prezos mínimos históricos: a 18 céntimos. 30/06/15

As temperaturas marcan hoxe máximos do que levamos de verán. De feito hai activas varias alertas porque os termómetros superarán os 30 graos na meirande parte de Galicia. Por riba dos 35 graos no interior da provincia da Coruña, sur de Lugo e Pontevedra e mesmo chegarán aos 40 no interior de Ourense // Abre as súas portas en Vigo o novo hospital, o Álvaro Cunqueiro. Hoxe recibiu os primeiros doentes, 25 pacientes de hemodiálese e nefroloxía. alí traballan de momento 70 sanitarios. Serán máis de cinco mil traballadores en total cando se complete o traslado, que se fará  ao longo do verán // O novo Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, quere mellorar a información que se lle facilita á opinión pública sobre os asuntos xudiciais, co fin de evitar o que califica de distorsións propiciadas polas partes en litixio. 29/06/15

As temperaturas marcan hoxe máximos do que levamos de verán // Abre as súas portas en Vigo o novo hospital, o Álvaro Cunqueiro. Hoxe recibiu os primeiros doentes, 25 pacientes // O novo Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, quere mellorar a información que se lle facilita á opinión pública sobre os asuntos xudiciais. 29/06/15

As temperaturas marcan hoxe máximos do que levamos de verán. De feito hai activas varias alertas porque os termómetros superarán os 30 graos na meirande parte de Galicia. Por riba dos 35 graos no interior da provincia da Coruña, sur de Lugo e Pontevedra e mesmo chegarán aos 40 no interior de Ourense // Abre as súas portas en Vigo o novo hospital, o Álvaro Cunqueiro. Hoxe recibiu os primeiros doentes, 25 pacientes de hemodiálese e nefroloxía. alí traballan de momento 70 sanitarios. Serán máis de cinco mil traballadores en total cando se complete o traslado, que se fará  ao longo do verán // O novo Fiscal Superior de Galicia, Fernando Suanzes, quere mellorar a información que se lle facilita á opinión pública sobre os asuntos xudiciais, co fin de evitar o que califica de distorsións propiciadas polas partes en litixio. 29/06/15

Día de intensa calor. As temperaturas baterán marcas no que levamos de verán. De feito hai activas varias alertas porque os termómetros superarán os 30 graos na meirande parte de Galicia. 29/06/15  

O 1 de xullo estarán operativos todos os medios de loita contra o lume para esta campaña. A conselleira de medio rural dí que o monte arde porque lle prenden lume non polo sol nin polo nordés aínda que lembra que, a pasada, foi a primavera máis seca, dos últimos 18 anos. // Cúmprense 23 días do secuestro en Venezuela do empresario de Gondomar  Jaime Carrera. Os familiares aseguran que xa pagaron mais de 600.000 euros polo seu rescate e nada saben do seu paradoiro tras ser raptado ás portas dunha das granxas avícolas que rexenta en Venezuela onde reside dende hai ro anos // Algúns dos protagonistas da consecución do primeiro título oficial do deportivo, a Copa do Rei da temporada 1994-95, lembraron hoxe o significado daquel trofeo. Lográrono nun histórico enfrontamento co Valencia, nun partido que tivera que xogarse en dúas xornadas polo diluvio que caera sobre Madrid, cando se disputaba o encontro inicial. 26/06/15 

O 1 de xullo estarán operativos todos os medios de loita contra o lume para esta campaña. A conselleira de medio rural dí que o monte arde porque lle prenden lume non polo sol nin polo nordés aínda que lembra que, a pasada, foi a primavera máis seca, dos últimos 18 anos // Cúmprense 23 días do secuestro en Venezuela do empresario de Gondomar  Jaime Carrera. Os familiares aseguran que xa pagaron mais de 600.000 euros polo seu rescate e nada saben do seu paradoiro tras ser raptado ás portas dunha das granxas avícolas que rexenta en Venezuela onde reside dende hai ro anos // Algúns dos protagonistas da consecución do primeiro título oficial do deportivo, a Copa do Rei da temporada 1994-95, lembraron hoxe o significado daquel trofeo. Lográrono nun histórico enfrontamento co Valencia, nun partido que tivera que xogarse en dúas xornadas polo diluvio que caera sobre Madrid, cando se disputaba o encontro inicial. 26/06/15 

O 1 de xullo estarán operativos todos os medios de loita contra o lume para esta campaña // Cúmprense 23 días do secuestro en Venezuela do empresario de Gondomar  Jaime Carrera // Algúns dos protagonistas da consecución do primeiro título oficial do deportivo, a Copa do Rei da temporada 1994-95, lembraron hoxe o significado daquel trofeo. 26/06/15

Os efectos da vaga de calor aínda non chegaron a Galicia. As nubes volverán ao remate do día con temperaturas semellantes as de onte que mesmo incluso poden descender algo. 26/06/15  

Comezou nos estaleiros de Navantia en Fene o corte de chapa para o pedido de 29 bases de aeroxeradores para un parque eólico mariño no Mar Báltico. É unha encarga de Iberdrola, a primeira de Navantia no negocio eólico. Terán que telos listos nun ano e darán traballo a uns 600 operarios // A Nova presidenta da Deputación de Lugo, do PP, personifica a sorpresa política das últimas horas, por ser elexida contra pronóstico, porque o alcalde de Becerreá rompeu a disciplina do PSde G. Elena Candia asegura que non a condiciona a posibilidade dunha moción de censura por parte de socialistas e nacionalistas // Unha fotografía do biologo vigués Fernando Rey  foi elexida pola nasa como a imaxe astronómica do dia é unha instantánea da Lúa, Xúpiter e Venus sobre as illas Cíes no pasado sábado. 25/06/15

Comezou nos estaleiros de Navantia en Fene o corte de chapa para o pedido de 29 bases de aeroxeradores para un parque eólico mariño no Mar Báltico // A Nova presidenta da Deputación de Lugo, do PP, asegura que  non a condiciona a posibilidade dunha moción de censura por parte de socialistas e nacionalistas // Unha fotografía do biologo vigués Fernando Rey  foi elexida pola nasa como a imaxe astronomica do dia. 25/06/15

Comezou nos estaleiros de Navantia en Fene o corte de chapa para o pedido de 29 bases de aeroxeradores para un parque eólico mariño no Mar Báltico. É unha encarga de Iberdrola, a primeira de Navantia no negocio eólico. Terán que telos listos nun ano e darán traballo a uns 600 operarios // A Nova presidenta da Deputación de Lugo, do PP, personifica a sorpresa política das últimas horas, por ser elexida contra pronostico, porque o alcalde de Becerreá rompeu a disciplina do PdeG Elena Candia asegura que non a condiciona a posibilidade dunha moción de censura por parte de socialistas e nacionalistas // Unha fotografía do biólogo vigués Fernando Rey  foi elexida pola nasa como a imaxe astronómica do dia é unha instantánea da Lúa, Xúpiter e Venus sobre as illas cíes no pasado sábado. 25/06/15