Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Contra o previsto, Elena Candia, do PP, será presidenta da deputación de Lugo, no canto do candidato do Psdeg, porque o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martinez se votou a si mesmo. Martínez era inicialmente o candidato do PSDEG ata que o partido anunciou hoxe que no seu lugar propuña ao alcalde da Pontenova, o tamén socialista, Darío Campos // Día de limpeza dos areais da Coruña logo da noite de San Xoán. As praias de Riazor e Orzán acolleron a 150 mil persoas e hoxe os servizos de limpeza recolleron deses areais 80 toneladas de lixo. 237 persoas tiveron que ser atendidos por queimaduras leves e borracheiras // O porto de Vigo leva dous días descargando granito e aluminio, 17.500 toneladas procedentes do sur de África.  É a maior descarga desde o ano 2008 procedente dun só barco. O volume de desestiba nas instalacións portuarias de Vigo comezara a caer co inicio da crise económica. 24/06/15

Contra o previsto, Elena Candia, do PP, será presidenta da deputacion de Lugo, no canto do candidato do Psdeg, porque o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez se votou a si mesmo. Martinez era inicialmente o candidato do PSDEG  ata que o partido anunciou hoxe que no seu lugar propuña ao alcalde da Pontenova, o tamen socialista, Darío Campos // Día de limpeza dos areais da Coruña logo da noite de San Xoán. As praias de Riazor e Orzán acolleron a 150 mil persoas e hoxe os servizos de limpeza recolleron deses areais 80 toneladas de lixo. 237 persoas tiveron que ser atendidos por queimaduras leves e borracheiras // O porto de Vigo leva dous días descargando granito e aluminio, 17.500 toneladas procedentes do sur de África. É a maior descarga desde o ano 2008 procedente dun só barco. O volume de desestiba nas instalacións portuarias de Vigo comezara a caer co inicio da crise económica. 24/06/15

Contra o previsto, Elena Candia, do PP, será presidenta da deputación de Lugo // Día de limpeza dos areais da Coruña logo da noite de San Xoán // O porto de Vigo leva dous días descargando granito e aluminio, 17.500 toneladas procedentes do sur de África. 24/06/15

O Goberno Galego tén a intención de por en marcha un cheque para compra de material escolar. Terá un importe de entre 40 e 50 euros e beneficiará ás familias con menos recursos // A Garda Civil detén en Santa Comba a un veterinario venezolano fuxido da xustiza norteamericana. Está acusado de transportar heroína desde Colombia ata os Estados Unidos introducindo droga no corpo de cadelos // Milleiros de fogueiras iluminarán dentro de poucas horas a noite de todas as cidades e aldeas de Galicia. A cita máis concorrida será a das praias da Coruña onde todo está preparado para que máis de cen mil persoas participen nas cacharelas. 23/06/15

O Goberno Galego tén a intención de por en marcha un cheque para compra de material escolar. Terá un importe de entre 40 e 50 euros e beneficiará ás familias con menos recursos // A Garda Civil detén en Santa Comba a un veterinario venezolano fuxido da xustiza norteamericana. Está acusado de transportar heroína desde Colombia ata os Estados Unidos introducindo droga no corpo de cadelos // Milleiros de fogueiras iluminarán dentro de poucas horas a noite de todas as cidades e aldeas de Galicia. A cita máis concorrida será a das praias da Coruña onde todo está preparado para que máis de cen mil persoas participen nas cacharelas // Algúns dos produtos típicos da celebración coma as sardiñas duplicaron o seu prezo. 23/06/15

O Goberno Galego tén a intención de por en marcha un cheque  para compra de material escolar // A Garda Civil detén en Santa Comba a un veterinario venezolano fuxido da xustiza norteamericana // Milleiros de fogueiras iluminarán dentro de poucas horas a noite de todas as cidades e aldeas de Galicia. 23/06/15  

Pese a que o día amenceu con néboas e algúns orballos o previsto é que non chova, pese aos ceos  anubados nun día no que seguen a baixar as temperaturas máximas por mor da entrada de aire marítimo. Só se agarda que chova, por treboadas, no interior de Ourense. 23/06/15 

A potenciación dos camiños de Santiago, que chegan a Galicia dende Portugal e a electrificación da liña do tren entre Vigo e Porto, na parte que transcorre polo país veciño, figuran entre os acordos acadados hoxe no cumio hispano portugués, celebrado na localidade pontevedresa de Baiona // 7.336 mestres comezan dende hoxe as oposicións para conseguir unha das 446 prazas convocadas pola Xunta // En Ourense, hoxe poderían superar os 35 graos, pero a sensación de calor non é tan abafante coma onte. No resto, a calor seguirá pero dando unha pequena tregua. 22/06/15

Os máximos mandatarios de España e Portugal encabezan a delegación que está a analizar, na vila pontevedresa a cooperación entre os dous países e os retos da Unión Europea. Mariano Rajoy e o Primeiro Ministro portugués, Pedro Passos Coelho encabezan as delegacións de ambos países que participan no cumio, con seis ministros cada unha // O Parlamento aprazou hoxe a designación do secretario xeral dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro como senador, en sustitución da tamén socialista,  Paula Fernández. O aprazamento produciuse, a petición do Partido Popular que o achacou á  falta de acordo cos socialistas sobre a renovación de vacantes noutros organismos autonómicos como o Consello de Constas // 7.336 mestres comezan dende hoxe as oposicións para conseguir unha das 446 prazas convocadas pola Xunta. 22/06/15 

Os máximos mandatarios de España e Portugal  encabezan o cumio entre os dous países que se celebra en Baiona // O Parlamento aprazou hoxe a designación do secretario xeral dos socialistas galegos José Ramón Gómez Besteiro como senador // 7.336 mestres comezan dende hoxe as oposicións para conseguir unha das 446 prazas convocadas pola Xunta. 22/06/15 

Segue a calor pero dando unha pequena tregua. Alomenos na costa atlántica comezarán a descender as temperaturas máximas que hoxe quedarán algo por baixo dos 30 graos. Ao mesmo tempo irá medrando a formación de nubes que mesmo poden deixar treboadas nas provincias de Lugo e Ourense. 22/06/15

Xa hai data para a celebración do xuízo pola morte da nena Asunta Basterra, no que os acusados serán os seus pais, Rosario Porto e Alfonso Basterra. Será o 29 de setembro, logo de que hoxe quedaran elixidos, na Audiencia Provincial da Coruña, en Santiago, os membros do xurado dos que a falta, obrigara a retrasar o xuízo ata despois do verán // Catrocentos mil alumnos galegos rematan hoxe o curso. Nos centro escolares, esta mañá, moito recreo, actos especiais e recollida das notas. Un dos días máis especiais do ano // Lugo prepárase para vivir unha avalancha de visitantes esta fin de semana. A cidade das murallas retrocede 2.000 anos para recrear o seu pasado romano no agardan recibir a medio millón de persoas. Lugo será unha festa ata o domingo con romanos e castrexos participado en recreacións de actividades coma o circo ou os desfiles. 19/06/15

A Audiencia Provincial elexiu hoxe 20 novos integrantes para o xurado que xuzgará aos pais da nena Asunta Basterra pola morte da pequena. Unha nova selección, necesaria, porque dos elixidos, nun primeiro momento, unha boa parte ou alegaron para non formar parte do xurado ou non foron localizados // Catrocentos mil alumnos galegos rematan hoxe o curso. Nos centro escolares, esta mañá, moito recreo, actos especiais e recollida das notas. Un dos días máis especiais do ano // Lugo prepárase para vivir unha avalancha de visitantes esta fin de semana. A cidade das murallas retrocede 2.000 anos para recrear o seu pasado romano no  agardan recibir a medio millón de persoas. 19/06/15  

Xa hai data para a celebración do xuízo pola morte da nena Asunta Basterra. Será o 29 de setembro // Catrocentos mil alumnos galegos rematan hoxe o curso // Lugo prepárase para vivir unha avalancha de visitantes esta fin de semana pola celebración do Arde Lucus. 19/06/15

A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos. No caso de impagos hipotecarios, buscarase que as familias poidan continuar na vivenda entre 1 e 3 anos, pagando un arrendamento social dun maximo de 75 euros ao mes. Se o impago é de aluguer, empregaranse vivendas baleiras propiedade dos bancos, cun pagamento máximo de 125 euros // Músicos e cantantes de orquestras piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os  obriga a tributar coma empresas e cun IVE do 21%, asi como o requisito para organizar verbenas. Din que  vai por en serias dificultades a moitas delas // O catro veces campión do mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya, participa este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. 18/06/15

A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos. No caso de impagos hipotecarios, buscarase que as familias poidan continuar na vivenda entre 1 e 3 anos, pagando un arrendamento social dun maximo de 75 euros ao mes. Se o impago é de aluguer, empregaranse vivendas baleiras propiedade dos bancos, cun pagamento maximo de 125 euros // Músicos e cantantes de orquestras  piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os  obriga a tributar coma empresas e cun IVE do 21%, asi como o requisito para organizar verbenas. Din que vai por en serias dificultades a moitas delas // O catro veces campión do mundo de Triatlón, Javier Gómez Noya, participa  este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. Fixo, por participar  nesta proba, un alto no descanso da súa preparación para as olimpiadas de Río de Xaneiro, do ano que vén. 18/06/15

A Xunta buscará acordos coas entidades financeiras para facilitar vivenda ás familias con menos recursos // Músicos e cantantes de orquestras piden, cunha protesta na rua, cambios na normativa que os obriga a tributar coma empresas e cun ive do 21% // Javier Gómez Noya, participa este sábado, no Campionato de España de Triatllón que se vai disputar en Pontevedra. 18/06/15