Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O xíz mantén a prisión provisional  para Rosario Porto e Alfonso Basterra, os pais da nena que apareceu morta nas aforas de Santiago. Seguirán, así, no cárcere, a finais de setembro, cando se celebre o xuízo pola morte da pequena, morte da que están acusados // Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade. Por iso di que vai estudar a posibilidade de reducir o numero deses sinais; e que os que haxa, que sexan máis concretos e coherentes // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais. Entre eles figuran dúas escuadras de cabalería. 22/07/15 

Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade. Por iso di que vai estudar a posibilidade de reducir o numero deses sinais; e que os que haxa, que sexan máis concretos e coherentes // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais. Entre eles figuran dúas escuadras de cabalería // O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, pide a nulidade do proceso aberto contra el pola xuíza Pilar de Lara. Terá que prestar declaración coma imputado, acusado de prevaricación e outros tres delitos pola súa xestión cando era concelleiro de urbanismo en Lugo. 22/07/15 

Tráfico recoñece que nalgunhas zonas de Galicia hai demasiados sinais, o que leva ós condutores a confundirse e a incorrer en excesos de velocidade // Dous mil axentes da Garda Civil vixían os montes galegos durante este verán para evitar a actividade dos incendiarios e colaborar na prevención e loita contra os lumes forestais // O xuíz mantén a prisión provisional  para Rosario Porto e Alfonso Basterra, os pais da nena que apareceu morta nas aforas de Santiago. 22/07/15 

A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo. Durante 3 días, 70 directores decidirán as liñas de actuación no próximo ano. A raíña valorou que o Cervantes difunda o español, e tamén as outras linguas peninsulares // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, estiveron nos xulgados de Santiago onde se vía a súa solicitude de liberdade provisional, mentres non se celebra o xuízo, previsto para finais de setembro // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestión da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. Está acusada de presunta malversación de fondos públicos, fraude con subvencións e apropiación indebida. 21/07/15 

A raíña dona Leticia abre en Santiago a xuntanza anual de directores do Instituto Cervantes de todo o mundo // Rosario Porto e Alfonso Basterra, encarcerados baixo acusación de terlle dado morte á filla Asunta, agardan a decisión sobre a prórroga da súa prisión provisional // Marina Castaño, viúva do premio Nobel Camilo José Cela, prestou declaración como imputada en presuntas irregularidades na xestion da Fundación do premio Nobel, con sede en Padrón. 21/07/15

A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios días nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de dróns. Entre elas, Airbus e Boing. Destinaranse 55 millóns de euros en 5 anos, aportados por Xunta, e ministerios de economía e de defensa // Galicia terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora. Esa é a grave situación á que nos enfrontaremos dentro de 35 anos se non se toman medidas. 20/07/15  

A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios dias nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento. Un problema que xa fora resolto, durante a fin de semana nos concellos da contorna e que, na tarde de onte, tamén quedou solventado na cidade ferrolá // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de drons. Entre elas, Airbus e Boing. Destinaranse 55 millóns de euros en 5 anos, aportados por Xunta, e ministerios de economía e de defensa // Galicia  terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora. Esa é a grave situación á que nos enfrontaremos dentro de 35 anos se non se toman medidas. 20/07/15  

A auga da billa volve ser apta para o consumo en Ferrol, despois de varios días nos que non se podía usar nin para beber nin para cociñar, por un problema químico na rede de fornecemento // Mais de 200 empresas de todo o mundo preséntanse en Santiago como posibles socios dun proxecto da Xunta para o desenvolvemento de drons // Galicia terá no ano 2.050, 1 millón de galegos menos que gora segundo se pon de manifesto nunhas xornadas que se celebran en Santiago. 20/07/15

Milleiros de gandeiros piden  en Santiago  medidas na defensa do sector lácteo

Os concellos de Ferrol e Narón reparten esta tarde 50.000 litros de auga embotellada , ante a o problema químico que a fai  non apta para beber nin cociñar.

 A socialista e tenente de alcalde do concello de Vigo, Carmela Silva, asume o bastón de mando da deputación pontevedresa. (17/07/15)

Milleiros de gandeiros piden  en Santiago  medidas na defensa do sector lácteo, que está a padecer unha baixa moi importante dos prezos que as industrias lles pagan aos gandeiros, por debaixo dos custes de produción . 

 Os concellos de Ferrol e Narón reparten esta tarde 50.000 litros de auga embotellada , ante a o problema químico que a fai  non apta para beber nin cociñar. os cidadáns poderán recollela  nos concellos, na Casa da Xuventude e nos servizos sociais. 

  A socialista e tenente de alcalde do concello de Vigo, Carmela Silva, asume o bastón de mando da deputación pontevedresa. 

 Cesar Mosquera, do BNG, será vicepresidente. (17/07/15)

Prohibido o consumo da auga da traída en Ferrol e nos municipios limítrofes de Narón, Fene Ares e Mugardos. Non se pode usar para beber nin para cociñar, logo de detectarse un aumento de sustancias contaminantes producidas polo exceso de materia orgánica. O concello ferrolán agarda ter o problema resolto en dous ou tres días // O Rei Don Felipe estivo hoxe na Escola Naval Militar de Marín, na entrega dos despachos a 79 novos oficiais da Armada. Presidiu tamén a xura de bandeira de 49 alumnos, que comezan os seus estudos no na escola // A deputación da Coruña xa tén novo presidente. O socialista, Valentín González Formoso foi elixido este mediodía, por maioría absoluta, ao contar cos votos de todos os grupos da corporación, agás os do PP. 16/07/15

O Rei Don Felipe estivo hoxe na Escola Naval Militar de Marín, na entrega dos despachos a 79 novos oficiais da Armada. Presidiu tamén a xura de bandeira de 49 alumnos, que comezan os seus estudos no na escola // A deputación da Coruña xa ten novo presidente. O socialista, Valentín González Formoso foi elixido este mediodía, por maioría absoluta, ao contar cos votos de todos os grupos da corporación, agás os do PP // O lume leva queimadas 150 hectáreas no concello ourensán de Calvos de Randín, no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O lume comezou onte á tarde na parroquia de Rubiás dos Mixtos,segue activo aínda que está próximo a ser controlado. 16/07/15 

O Rei Don Felipe estivo hoxe na Escola Naval Militar de Marín, na entrega dos despachos a 79 novos oficiais da Armada // O socialista, Valentín González Formoso foi elixido por maioría absoluta, novo presidente da Deputación da Coruña // O lume leva queimadas 150 hectáreas no concello ourensán de Calvos de Randín, no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. 16/07/15