O Rei Felipe Sexto estará na Escola Naval de Marín o próximo día 16, e a Raíña Dona Leticia tamén visitará Galicia este mes, pero ningún dos dous asistirá á ofrenda ao Apóstolo, o día 25. Soubose esto despois da recepción que o Monarca lle concedeu hoxe ao Presidente da Xunta, na Zarzuela, e na que Nuñez Feijoo lle ofreceu información sobre a situación económica e social de Galicia // No Parlamento, tratouse hoxe da loita contra a violencia de xénero. Namentres, no exterior, ringleiras de zapatos vermellos, lembráron, de xeito simbólico ás mulleres vítimas desta violencia. Foron colocados darredor do parlamento por activistas da asociación Ve la Luz que tamén interviron na comisión parlamentaria para pedir máis medidas para evitala // A Secretaria de organización dos socialistas, Pilar Cancela, di que será o propio Besteiro quen decida sobre a súa candidatura á Presidencia da Xunta, logo de que renunciara a optar a unha praza de senador, ao ser imputado por presuntas ilegalidades. 08/07/15