Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O concello coruñés de Ponteceso aconsella non beber auga da traída en Corme, por precaución, despois de que unha trintena de veciños sofrisen un andazo de gastroenterite // Sindicalistas e traballadores de Alcoa concentráronse hoxe na Coruña en apoio aos seus compañeiros investigados por unha protesta en Madrid // As mulleres co mundo na cabeza" é o documental da historiadora Encarna Otero que se presenta hoxe no Consello da Cultura Galega. 24/09/19

O concello coruñés de Ponteceso aconsella non beber auga da traída en Corme, por precaución, despois de que unha trintena de veciños sofrisen un andazo de gastroenterite // Sindicalistas e traballadores de Alcoa concentráronse hoxe na Coruña en apoio aos seus compañeiros investigados por unha protesta en Madrid // Funcionarios de prisións piden máis persoal e medios, no día da súa patroa // O colexio de médicos de Galicia recomenda facer o testamento vital, que xa teñen uns 9.000 galegos // Una sala especial, nos xulgados de Ourense, permite a declaración, con garantías, de menores e outras vítimas vulnerables //  Nenos do Porriño preparan a folga global do próximo venres contra a crise climática // "As mulleres co mundo na cabeza" é o documental da historiadora Encarna Otero que se presenta hoxe no Consello da Cultura Galega. 24/09/19

As chuvias tenden a remitir pola tarde despois do paso dos restos do ciclón Humberto. A primeira borrasca do outono deixouse sentir sobre todo de noite nas provincias atlánticas onde se superaron os 40 litros por metro cadrado en moitos puntos.  As temperaturas máximas quedan con poucos cambios, con mínimas ao final do día. No mar volverá activarse unha alerta por ondaxe no litoral da Coruña e Lugo. 24/09/19

O concello coruñés de Ponteceso aconsella non beber auga da traída en Corme, por precaución, despois de que unha trintena de veciños sofrisen un andazo de gastroenterite // Sindicalistas e traballadores de Alcoa concentráronse hoxe na Coruña en apoio aos seus compañeiros investigados por unha protesta en Madrid // Funcionarios de prisións piden máis persoal e medios, no día da súa patroa // O colexio de médicos de Galicia recomenda facer o testamento vital, que xa teñen uns 9.000 galegos // Una sala especial, nos xulgados de Ourense, permite a declaración, con garantías, de menores e outras vítimas vulnerables //  Nenos do Porriño preparan a folga global do próximo venres contra a crise climática // "As mulleres co mundo na cabeza" é o documental da historiadora Encarna Otero que se presenta hoxe no Consello da Cultura Galega. 24/09/19

Armadores galegos pídenlle á comisión europea que tente manter os dereitos de pesca en augas do Gran Sol para evitar o amarre de 89 barcos ante un posible Brexit duro // Lugo contará cunha gran praza pública no lugar que ocupa a actual estación de autobuses, no centro da cidade // As cabanas da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, homenaxeadas hoxe, no día mundial da construcción sostible. 23/09/19

Armadores galegos pídenlle á comisión europea que tente manter os dereitos de pesca en augas do Gran Sol para evitar o amarre de 89 barcos ante un posible Brexit duro // Desde Galicia os partidos políticos recoñecen a decepción dos votantes pola falta de acordo para formar goberno que obriga a repetir as eleccións // Lugo contará cunha gran praza pública no lugar que ocupa a actual estación de autobuses, no centro da cidade // Máis de seis mil kilos de lixo recuperados do mar na primeira gran limpeza de fondos submariños acometida na Dársena da Coruña // O Celta resiste os embites do Atlético de Madrid e logra un punto no Wanda Metropolitano // As cabanas da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, homenaxeadas hoxe, no día mundial da construcción sostible. 23/09/19

Este luns damos a benvida ao outono, que comeza con lixeira suba das temperaturas e chuvia intensa cara ao remate do día. Unha situación que obriga a activar alertas tamén por temporal no mar, e vento nas provincias da Coruña e Pontevedra.  Débese ao paso dunha fronte asociada aos restos do furacán Humberto que cruza Galicia entre hoxe e mañá. As temperaturas máximas soben. Oscilarán entre os 19 graos previstos en Santiago aos 25 que se agardan en Ourense. 23/09/19

Armadores galegos pídenlle á comisión europea que tente manter os dereitos de pesca en augas do Gran Sol para evitar o amarre de 89 barcos ante un posible Brexit duro // Desde Galicia os partidos políticos recoñecen a decepción dos votantes pola falta de acordo para formar goberno que obriga a repetir as eleccións // Lugo contará cunha gran praza pública no lugar que ocupa a actual estación de autobuses, no centro da cidade // Máis de seis mil kilos de lixo recuperados do mar na primeira gran limpeza de fondos submariños acometida na Dársena da Coruña // O Celta resiste os embites do Atlético de Madrid e logra un punto no Wanda Metropolitano // As cabanas da praia de Broña, na ría de Muros e Noia, homenaxeadas hoxe, no día mundial da construcción sostible. 23/09/19

Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Lugo que afecta a nove persoas, das que seis son nenos // Polo menos cinco detidos e media tonelada de cocaína nunha operación contra o narcotráfico en Marín e Pontevedra // Ourense convértese no gran escaparate do turismo de saúde con Termatalia. 20/09/19

Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Lugo que afecta a nove persoas, das que seis son nenos // Polo menos cinco detidos e media tonelada de cocaína nunha operación contra o narcotráfico en Marín e Pontevedra // A primeira incubadora galega de novos fármacos presentou hoxe os primeiros resultados de tres medicamentos para o alzheimer, o parkinson e a enfermidade hepática // O Celta prepara o encontro co Athlético de Madrid con todo o seu plantel // Ourense convértese no gran escaparate do turismo de saúde con Termatalia. 20/09/19

A última fin de semana do verán comeza con baixada de temperaturas. Pola tarde desaparecen as brétemas e medrarán nubes de evolución con chuvascos máis probables na provincia de Lugo. Mañá volverán as chuvias a toda Galicia. Empezarán pola mañá no oeste e iranse extendendo ao resto do país. As temperaturas descenderán de xeito notable, especialmente durante o domingo. 20/09/19

Sanidade dá por controlado un brote de tuberculose en Lugo que afecta a nove persoas, das que seis son nenos // Polo menos cinco detidos e media tonelada de cocaína nunha operación contra o narcotráfico en Marín e Pontevedra // A primeira incubadora galega de novos fármacos presentou hoxe os primeiros resultados de tres medicamentos para o alzheimer, o parkinson e a enfermidade hepática // O Celta prepara o encontro co Athlético de Madrid con todo o seu plantel // Ourense convértese no gran escaparate do turismo de saúde con Termatalia. 20/09/19

Fomento contrata sete prototipos para tratar de solucionar os repetidos problemas de tráfico que a néboa causa na autovia A8, en Mondoñedo, no alto do Fiouco // O Consello da Xunta aproba destinar 20 millóns de euros para potenciar proxectos de I+D nos Centros de Investigación das Universidades galegas // O outono que comeza o próximo luns, ás dez menos dez da mañá, será máis cálido do habitual en Galicia e con precipitacións normais. 19/09/19

Fomento contrata sete prototipos para tratar de solucionar os repetidos problemas de tráfico que a néboa causa na autovia A8, en Mondoñedo, no alto do Fiouco // O Consello da Xunta aproba destinar 20 millóns de euros para potenciar proxectos de I+D nos Centros de Investigación das Universidades galegas // A viaxe en tren entre Galicia e Madrid verase reducida en 50 minutos nos próximos meses, cando entre en servizo o treito do AVE que une Zamora capital coa provincia de Ourense // Notifican aos propietarios de 30.000 parcelas sen limpar, situadas en aldeas de 35 concellos nas que tódolos veráns se rexistran incendios forestais // Empates do Deportivo e do Lugo na casa, despois de ir gañando case todo o partido // O outono que comeza o próximo luns, ás dez menos dez da mañá, será máis cálido do habitual en Galicia e con precipitacións normais. 19/09/19

A partir desta noite diremos adeus ás treboadas dos últimos días. Pero de momento á tarde hai avisos para zonas altas das provincias do interior. Poden ter chuvascos fortes con saraiba e aparato eléctrico. No resto, ceos con poucas nubes. As temperaturas oscilarán entre os 23 graos previstos en Vigo e os 31 de Ourense. 19/09/19

A xuíza retíralle a patria potestade dos seus fillos ao autor confeso do triplo crime machista de Valga // A xunta anuncia a convocatoria de oposicións para cubrir case seiscentas prazas de emprego público // En Ourense convidan hoxe aos conductores a deixar o coche para usar o transporte público. 18/09/19

A xuíza retíralle a patria potestade dos seus fillos ao autor confeso do triplo crime machista de Valga // Reaccións dos partidos políticos galegos ante a máis que probable repetición das eleccions xerais, o 10 de novembro // A xunta anuncia a convocatoria de oposicións para cubrir case seiscentas prazas de emprego público // Un incendio de gran magnitude destrúe máis dun cento de vehículos nunha empresa de reciclaxe do concello pontevedrés de  Nigrán // Lugo é a primeira provincia galega en iniciar hoxe o cambio de frecuencias da Televisión Dixital Terrestre // Hoxe hai xornada de Liga en Segunda: O Deportivo recibe ao Numancia en Riazor e Lugo acolle o "Derbi dos Ancares" // En Ourense convidan hoxe aos conductores a deixar o coche para usar o transporte público. 18/09/19

Continuamos con tempo de tronada. Despois dos 2.300 raios que se rexistraron onte, a situación será moi semellante. Seguiremos con sensación de fogaxe pola tarde. As temperaturas máximas oscilarán entre os 25 graos da Coruña e os 31 de Ourense. As treboadas serán máis probables no interior e zonas altas onde poderían ser fortes e acompañadas de saraiba. Hai alerta amarela na montaña e no sur de Lugo porque poden descargar ata 15 litros por metro cadrado nunha hora. 18/09/19